Rei consorte de Galiza From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando I, chamado «o Magno» ou «o Grande», nado en Burgos en 1017 e finado o 27 de decembro de 1065, foi conde de Castela dende 1029, e rei consorte de Galiza[1] ou de León[lower-alpha 1] dende o ano 1037, sendo unxido como tal o 22 de xuño de 1038.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1016 (Gregoriano) Navarra, España |
Morte | 27 de decembro de 1065 (48/49 anos) León, España |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Isidoro de León |
Rei de León (Iure uxoris) Reino de León | |
1037 – 1065 Xunto con: Sancha I de Galicia | |
Conde de Castela Condado de Castela | |
1029 – 1065 – Supresión do cargo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | político, rei, gobernante |
Carreira militar | |
Conflito | Battle of Atapuerca (en) Batalla de Tamarón |
Outro | |
Título | Consorte real de León Conde de Castela |
Familia | Dinastía Ximena |
Cónxuxe | Sancha I de Galicia (1033 (Gregoriano)–) |
Fillos | Urraca de Zamora, Sancho III, Elvira de Toro, Afonso VI de León, García II de Galicia |
Pais | Sancho III O Maior e Munia Sánchez de Castela |
Irmáns | García III de Navarra Ramiro I de Aragão Gonzalo of Sobrarbe and Ribagorza Ximena Sánchez |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Fillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035. Converteuse no rei de Galiza[2] polo seu matrimonio con Sancha, filla de Afonso V o Nobre e Elvira Méndez, despois de que o seu cuñado e lexítimo rei Vermudo III, falecese loitando contra el na batalla de Tamarón.
Os primeiros dezaseis anos do reinado pasounos resolvendo conflitos internos e reorganizando o reino. En 1054, as disputas fronteirizas co seu irmán García III de Pamplona viraron en guerra aberta. As tropas galegas deron morte ao monarca navarro na batalla de Atapuerca.
No seu tempo o reino foi ampliado, tomándose as prazas de Lamego (1057), Viseu (1058) e Coímbra (1064), e someteuse a algúns do reinos de taifas ao pago de parias.
Despois da súa morte e a da súa esposa Sancha, os dominios da parella foron divididos entres seus fillos: ao primoxénito, Sancho, correspondeulle o estado patrimonial de seu pai, o condado de Castela, elevado á categoría de reino, e as parias sobre o reino taifa de Zaragoza; a Afonso, correspondeulle o Reino de León, así como os dereitos sobre o reino taifa de Toledo; García recibiu a parte principal dos territorios do reino[3] mailos dereitos sobre os reinos taifas de Sevilla e Badaxoz; a Urraca e a Elvira correspondéronlles as cidades de Zamora e Toro, respectivamente, tamén con título real.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.