From Wikipedia, the free encyclopedia
Sancho III de Castela, tamén chamado o Desexado, nado en Toledo en 1134 e finado o 31 de agosto de 1158, foi rei de Castela.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1134 (Gregoriano) Toledo, España |
Morte | 31 de agosto de 1158 (Gregoriano) (23/24 anos) Toledo, España |
Lugar de sepultura | Catedral de Santa María de Toledo |
Rei Reino de Castela | |
21 de agosto de 1157 – 31 de agosto de 1158 ← Afonso VII – Afonso VIII de Castela → | |
King of Artaxoa (en) | |
1153 – 1157 ← Urraca de Castela – Sancho VI de Navarra → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | gobernante, guerreiro |
Outro | |
Título | Rei de Castela |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Branca, infanta de Navarra (1151 (Gregoriano)–) |
Fillos | Afonso VIII de Castela |
Pais | Afonso VII e Berenguela de Barcelona |
Irmáns | Fernando II de Galiza e León Afonso de Castela Fernando de Castela Garcia de Castela Urraca de Castela Constanza de León Sancha de Castela, Rainha de Aragão Estefânia Afonso de Castela Sancha de Castela |
Era o fillo primoxénito de Afonso VII e Berenguela de Barcelona. Ó morrer o seu pai o 21 de agosto de 1157, herdou o reino de Castela, mentres que o seu irmán, Fernando II, recibiu o reino de León. A división do reino entre os dous fillos de Afonso VII non derivou en conflito entre os irmáns debido á intervención da súa medio irmá Sancha, que intermediou para os dous respectaren os límites territoriais de cada reino.
O 30 de xaneiro de 1151 casou con Branca Garcés de Navarra, filla do rei navarro García Ramírez I e de Margarida de Aguila. Deste matrimonio naceu en 1155, o futuro rei Afonso VIII, falecendo Branca no parto.
En 1158 contribuíu á creación da orde de Calatrava cando os templarios rexeitaron manter a defensa da cidade fronteiriza de Calatrava que lles fora concedida por Afonso VI en 1147. Sancho entregou entón a tenencia e o señorío de Calatrava ó abade Raimundo de Fitero e ó cabaleiro Diego Velázquez, que fundaron a citada orde militar.
Seguindo a política do seu pai, logrou que en 1157 o rei navarro Sancho IV, e en 1158 o conde de Barcelona Ramón Berenguer IV lle prestaran vasalaxe. Ese mesmo ano entrou no reino leonés do seu irmán Fernando II, pero non chegou a enfrontarse a el, xa que os dous monarcas chegaron a un acordo firmado no tratado de Sahagún o 23 de maio de 1158, polo que Sancho se comprometía a devolver as terras fronteirizas entre os reinos que conquistara, a cambio de que estas foran dadas en señoríos a nobres leoneses próximos ó rei castelán. Tamén acordaron prestarse axuda mutua fronte a terceiros, repartíronse as zonas de conquista sobre os territorios musulmáns e estableceron que se algún deles falecía sen descendencia, o reino do finado pasaría ó supervivente.
A súbita morte de Sancho deixou o tratado firmado co seu irmán sen forza algunha. Foi sucedido no trono polo seu fillo Afonso, entón menor de idade, o que orixinou unha loita polo poder en Castela entre a familia Lara e a familia Castro.
Reino de Castela | ||
---|---|---|
Segue a: Afonso VII de Castela |
Sancho III de Castela | Precede a: Afonso VIII de Castela |
Borgoña |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.