Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Divina Mary Galica MBE, nada en Bushey Heath o 13 de agosto de 1944, é unha deportista do Reino Unido. Competiu en catro Olimpíadas de Inverno como esquiadora, capitaneando o equipo de esquí olímpico feminino británico en 1968 e 1972. Tamén tivo unha andaina no automobilismo, participando en tres Grandes Premios do campionato mundial de Fórmula 1.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1944 (80 anos) Bushey, Reino Unido (en) |
Altura | 172 cm |
Peso | 60 kg |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, esquiadora alpina |
Deporte | esquí alpino |
Participou en | |
febreiro de 1972 | Xogos Olímpicos de Inverno de 1972 |
febreiro de 1968 | Xogos Olímpicos de Inverno de 1968 |
1964 | Xogos Olímpicos de Inverno de 1964 |
Premios | |
Galica naceu en Bushey Heath, preto de Watford, Hertfordshire. Con 19 anos, participou nos seus primeiros Xogos Olímpicos en Innsbruck en 1964, competindo en esquí alpino e Slálom. Tamén participou nas dúas Olimpíadas de Inverno seguintes, en Grenoble en 1968 e en Sapporo en 1972. En ambas ocasións Galica foi a capitá do equipo de esquí olímpico feminino británico, e terminou no top-ten no slálom xigante. Agás da competición olímpica, Divina Galica logrou dous podios na Copa do Mundo na carreira de descenso, ocupando o terceiro lugar nas roldas de Badgastein e Chamonix en 1968. Galica tamén logrou a marca británica de velocidade de esquí alpino (201 km/h). Logo da súa posterior carreira como piloto, Galica volveu a esquiar e unha vez máis representou a Gran Bretaña nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1992, esta vez na carreira de esquí de velocidade.
Aceptou unha invitación a unha carreira de celebridades, Galica sorprendeu a todos co seu talento de piloto. Tomouse eventualmente o automobilismo como unha segunda profesión, inicialmente nos kart de carreiras, pasando posteriormente á Fórmula 2 e Fórmula 1 antes de atopar éxito nas carreiras de deportivos e camións. A súa andaina nas carreiras incluíu tempadas na Fórmula Renault e na Fórmula Vauxhall Lotus.
Galica estivo baixo a disciplina John Webb e Nick Whiting, participou nas series British Shellsport International Grupo 8 en 1976, pilotando un Surtees TS16 de Fórmula 1. Logo das prometedoras demostracións nesta serie doméstica, Whiting decidiu que Galica participara no Gran premio británico dese ano, pilotando o seu Surtees. Esta aparición foi notable, por primeira vez en 13 anos inscribiuse un coche para un Gran Premio do Campionato do Mundo co temido número 13 da mala sorte. Que tamén foi para Galica, xa que non se cualificou para a carreira. A súa aparición significou que tamén se uniu ao selecto club de sete pilotos de Fórmula Un que tamén competeron nos Xogos Olímpicos.[1]
Para 1977 Whiting adquiriu un Surtees TS19 de segunda man para que Galica correra na serie británica. O equipo de Whiting carecía da pericia técnica requirida para configurar correctamente o coche para cada carreira, e Galica víase prexudicada a miúdo pola mala configuración.[2] O seu rival Tony Trimmer tamén estaba equipado cun Surtees TS19, pero os seus coñecementos de enxeñería e un equipo ben financiado significou que quedara por diante na pista na maioría das carreiras. Whiting logrou o patrocinio de Cámaras Olympus ao longo da tempada, antes disto o equipo funcionara cun orzamento de só 10.000 libras para toda a tempada.[2] Malia isto, Galica logrou tomar o terceiro lugar en Brands Hatch e o segundo lugar en Donington Park, pero Trimmer gañou ambos e logrou o título do Campionato.
O piloto oficial de Hesketh Racing, Rupert Keegan, participara nun par de roldas da serie nacional británica en 1977, e ao comezo da tempada de Fórmula 1 de 1978 Hesketh ofreceu a Galica a oportunidade de substituílo no equipo nun Hesketh 308E. Galica levouse o patrocinio de Olympus con ela (substituíndo o patrocinio anterior da revista Penthouse), pero non puido cualificar o 308E para ningunha das dúas primeiras carreiras da tempada do Campionato Mundial de 1978. Despois do segundo fracaso volveu á serie inglesa da fórmula un, o campionato británico Shellsport, agora unha serie totalmente de Fórmula 1. Co seu TS19, Galica logrou o segundo lugar na rolda de Zandvoort. Con todo, na súa ausencia Trimmer mercara un coche McLaren M23 ex oficial, e co envellecido TS19, Galica tiña poucas posibilidades de ser competitiva. Na súa segunda participación, máis tarde na tempada, no seu propio M23 só logrou un sétimo lugar.
Separadamente dun número limitado de saídas en monoprazas, Galica cambiou a súa atención á clase de coches deportivos S2000 Thundersports, logrando varias terminacións entre os dez primeiros e ás carreiras de camións. Galica converteuse en instrutora de carreiras da Skip Barber Racing School, chegando a ser vicepresidenta de Skip Barber Racing, dirixindo tanto a súa escola de pilotaxe como a súa serie de carreiras. En 2005, na fin de semana de Mont-Tremblant das Skip Barber Race Series, Galica anunciou que deixaba Skip Barber para traballar para iRacing.com como directora da compañía.
(Nota: os resultados mostrados en negra indican pole position, os resultados en cursivas indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1976 | Shellsport/Whiting | Surtees TS16 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | MAL 7 |
SNE 6 |
OUL Ret |
BRH NC |
THR 4 |
BRH 6 |
MAL 4 |
SNE 5 |
BRH 9 |
THR 7 |
OUL 6 |
BRH 13 |
BRH 10 |
4º | 57 | |
1977 | Shellsport/Whiting | Surtees TS19 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | MAL NTS |
SNE 2 |
OUL Ret |
MAL Ret |
THR Ret |
BRH Ret |
OUL 4 |
MAL 3 |
DON 2 |
BRH 3 |
THR Ret |
SNE NTS |
BRH 6 |
6º | 74 | |
March 742 | Ford BDX Swindon | BRH Ret |
(clave) (nota: resultados en negra indican pole position, resultados en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1978 | Team Olympus | Surtees TS19 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | OUL | BRH | SNE | MAL | ZAN 2 |
DON | THR | OUL | MAL | BRH | 14º | 19 | |||||
Melchester Racing | McLaren M23 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | THR 7 |
SNE | ||||||||||||||||
1979 | Divina Galica | March 792 | Hart | ZOL | OUL | BRH Ret |
MAL | SNE | THR | ZAN | DON 5 |
OUL | NOG | MAL | BRH | THR | SNE | SIL | 19º | 2 |
1980 | Divina Galica | March 792 | Hart | OUL | BRH | SIL | MAL | THR | MNZ | MAL | SNE | BRH | THR | OUL 6 |
SIL 9 |
20º | 1 |
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Pos. | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1976 | Shellsport/Whiting | Surtees TS16 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | BRA | RSA | USW | ESP | BEL | MON | SWE | FRA | GBR NSC |
ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | XPN | NC | 0 |
1978 | Olympus Cameras with Hesketh | Hesketh 308E | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ARX NSC |
BRA NSC |
RSA | USW | MON | BEL | ESP | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | USA | CAN | NC | 0 |
(Chave) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 |
---|---|---|---|---|
1977 | Shellsport/Whiting | Surtees TS19 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ROC 12 |
1978 | Olympus Cameras with Hesketh | Hesketh 308E | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | INT Ret |
(clave) (Carreiras en negra indican pole position, carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1977 | Ardmore Racing | Chevron B39 | Ford BDA | SIL | THR | HOC | NÜR | VAL | PAU | MUG | ROU | NOG | PER | MIS | EST | DON 15 |
NC | 0 |
1978 | Bob Salisbury Racing | March 782 | BMW | THR | HOC | NÜR | PAU | MUG | VAL | ROU | DON | NOG | PER | MIS | HOC NSC |
NC | 0 | |
1979 | Divina Galica | March 792 | Hart | SIL 11 |
HOC | THR | NÜR 17 |
VAL | MUG | PAU | HOC | ZAN | PER | MIS | DON 11 |
NC | 0 | |
1980 | Wendy Wools | March 792 | Hart | THR Ret |
HOC | NÜR | VAL | PAU | NC | 0 | ||||||||
Divina Galica | SIL Ret |
ZOL | MUG | ZAN | PER | MIS | HOC |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.