peixe mariño From Wikipedia, the free encyclopedia
O mero,[2][3][4][5][6] cherna [3][4][6][7] ou cherla [3][4] (Polyprion americanus) é un peixe mariño acantopterixio (Acanthopterygii) clasificado até hai pouco na familia dos serránidos (Serranidae), pero que na actualidade moitos autores sitúan na dos polipriónidos (Polyprionidae).
Cherna (Polyprion americanus) | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cherna no Aquarium Finisterrae da Coruña | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
DD (Datos insuficientes) [1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Vive en augas libres entre os 100 e os 200 m de profundidade, pudendo chagar até os 1.000.[5][11]
Presenta hermafroditismo secuencial: ao principio da súa vida adulta, é femia; despois, macho.[11] É unha especie ovípara, levando a cabo a desova a finais da primavera e en verán. Non coida dos ovos nin das crías.
Os exemplares xuvenís son de comportamento gregario e epipeláxico até que alcanzan uns 50 ou 60 cm, agrupándose en cardumes cerca de obxectos flotantes, como os caídos ou tirados ao mar ou arrebatados por este, macroalgas e restos de naufraxios, e desprázanse con eles, resgardándose baixo deles.[1][8][12]
Os exemplares adultos son batidemersaos, é dicir: é demersal e habita até por debaixo dos 200 m. Pódese encontrar na columna de auga, e en fondos areosos e rochosos. Habita en covas, furnas, aberturas, en paredes verticais, en bloques de rochas, no interior de esponxas etc.[13] Tamén habita en pecios, polos que é coñecida a súa afección.[8][12]
É un peixe oceanódromo. É frecuente achar anzois europeos en exemplares capturados en áugoas dos Estados Unidos, o que parece indicar grandes migracións desta especie.[1]
Os individuos xuvenís aliméntanse de teleósteos, en particular do xénero Trachurus (caránxidos —os xurelos—) e doutros organismos.[1] Os adultos comen sobre todo outros peixes bentónicos, peixes mesopeláxicos, cefalópodos peláxicos de gran tamaño, invertebrados bentónicos e crustáceos.[5][8][12][14]
A área de distribución de Polyprion americanus comprende as seguintes zonas:
A única ameaza coñecida para a conservación da especie é a sobrepesca.[1]
Debido a que a distribución deste peixe, aínda que ampla, é descontinua, é posíbel que haxa poboacións sen explotar, e mesmo algunhas sen descubrir, de maneira que é difícil determinar o estado da súa conservación e prognosticar o seu futuro cun grao razoábel de precisión. Pero é probábel que a poboación mundial da cherna estea en declive, xa que é unha especie cuxa reprodución é lenta, o que a fai vulnerábel á sobreexplotación; ademais, algunhas poboacións xa mostran signos de sobreexplotación, e outras están sendo sometidas a un grande aumento do aproveitamento pesqueiro. O maior descenso documentado corresponde ás illas Bermudas.[1]
E aínda por riba, ao seren os xuvenís epipeláxicos e non migrar á rexión demersal até que alcanzan 50 ou 60 cm, poden pasar varios anos até que se reflicta a presión pesqueira no tamaño das capturas.[1]
Alí onde se orientaron actividades comerciais á pesca da cherna de maneira específica, as capturas alcanzaron un pico e despois descenderon rapidamente: son os casos do Brasil, as Bermudas e Portugal. Noutros casos, como son o de Angola e o de España, o rápido aumento de capturas nos anos 1990 indica un esforzo na mellora das técnicas, pero aínda é cedo para saber se esa pesca es sustentábel.[1]
O tamaño mínimo de captura no Mediterráneo é de 45 cm.[16] Non está fixado para o Canal da Mancha, para o mar do Norte nin para mar aberto no océano Atlántico.[17]
Á parte do tamaño mínimo establecido para os exemplares que se pesquen no Mediterráneo, as únicas accións de conservación leváronse a cabo nos Estados Unidos e en Nova Zelandia mediante certas restricións:[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.