O óso occipital é un óso impar do cranio que constitúe o límite posterior da cabeza e a metade da súa base. Nel pódense distinguir as seguintes porcións:
- Porción escamosa.
- Porción condilar lateral esquerda.
- Porción condilar lateral dereita.
- Porción basilar.
Estas partes dispóñense ó redor do foramen magnum ou burato occipital, onde atopamos a parte inferior do bulbo raquídeo, vasos e nervios.
Porción escamosa
Situada nos laterais do occipital, articulándose cos ósos parietais a través da sutura lambdoide, e coa apófise mastoide de cada óso temporal. Na súa zona media presenta a protuberancia occipital, da que parten sucos e cristas que dan lugar ás fosas: Dúas fosas craniais ou superiores, que aloxan os lóbulos occipitais do cerebro, e dúas fosas cerebelosas ou inferiores, que aloxan os hemisferios cerebelosos.
Porcións condilares
Forman os bordos laterais do burato occipital. A súa parte anterior relaciónase co bordo posterior do peñasco do temporal. Lateralmente forman a zona posteromedial do burato rasgado posterior ou forame xugular. Na cara inferior das porcións condilares están os cóndilos occipitais que se articulan coas caras articulares superiores do atlas (primeira vértebra cervical). Por diante de cada cóndilo hai un burato, denominado burato condiloide anterior por onde sae do endocranio o nervio hipogloso. Por detrás pode haber tamén un, o burato condiloide posterior, que de existir, dá paso a vasos emisarios. Este segundo orificio é por iso pouco importante.
Porción basilar
Situada por diante do burato occipital. Diríxese cara a arriba para unirse co esfenoide. Ata os vinte anos, máis ou menos, esta unión realízase mediante unha cartilaxe que vai osificándose coa idade. No adulto xa non encontramos solución de continuidade entre ambas estruturas. A unión entre a porción basilar do occipital e a lámina cuadrangular do esfenoide denomínase clivus ou canal basilar.
Galería de Imaxes
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.