Foramen magnum

From Wikipedia, the free encyclopedia

Foramen magnum

Foramen magnum, forame magno ou burato occipital, son os nomes do orificio maior do cranio, situado na súa parte posteroinferior (base do cranio), a través do cal se establece a continuidade do sistema nervioso central, continuando o bulbo raquídeo cara ao raque.

Thumb
Óso occipital. Vista interior.

É o burato máis importante das diversas aberturas ovaladas ou circulares da base do cranio (foramina), a través do cal o bulbo raquídeo (unha extensión da medula espiñal) entra e se desenvolve no cranio.

Á parte da transmisión do bulbo raquídeo e as súas membranas (meninxes), o burato occipital tamén permite a saída do nervio accesorio (XI), e a entrada das arterias vertebrais, as arterias espiñais (anterior e posterior), a membrana tectoria e os ligamentos alares.

Importancia

Unha das grandes diferenzas anatómicas do ser humano cos demais homínidos é o ángulo da articulación do atlas co foramen magnum; nos seres humanos, o burato é máis inferior que nos outros homínidos, nos que o atlas articula nun plano oblicuo co foramen magnum, mentres que no home o plano desta articulación é paralela ao chan. Na evolución do home, canto máis abaixo estivera o burarto occipital máis ergueira era a posición da especie, o que implicaba un maior bipedismo.

Así, nos seres humanos, os músculos do colo (incluíndo o músculo occipito-frontal) non necesitan seren tan fortes como para manter a cabeza ergueita. A posición comparativa do burato nos primeiros homínidos é útil para determinar o grao de confort dunha determinada especie, mentres camiñaba sobre dúas extremidades (bipedismo) no canto de facelo sobre as catro (cuadrupedismo).[1][2]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.