O mero de altura [1] ou cherna cinsenta[2] (Epinephelus marginatus) é un peixe da familia dos serránidos (Serranidae), subfamilia dos epinefelinos (Epinephelinae),[3] que vive nas costas do océano Atlántico, incluíndo o mar Mediterráneo, os Azores,[4] e nas costas do sur do Brasil, o Uruguai e o norte da Arxentina[5] así como no océano Índico fronte ás costas de Mozambique e Madagascar, comunmente a unha profundidade entre os 10 e os 50 m, chegando á veces até os 200 m,[6] especialmente en zonas con fondos rochosos ou veciñas a furnas.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Mero de altura
(Epinephelus marginatus)
Estado de conservación
En perigo
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Gnathostomata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Osteichthyes
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Perciformes
Suborde: Percoidei
Familia: Serranidae
Subfamilia: Epinephelinae
Xénero: Epinephelus
Especie: E. marginatus
Nome binomial
Epinephelus marginatus
(Lowe, 1834)
Sinonimia
Pechar
Mero de altura entre rochas.

Descrición

  • Corpo robusto, de contorno fusiforme, coa rexión anterior do tronco notabelmente dilatada; pode alcanzar os 150 cm de lonxitude (normalmente, 90 cm, e un peso medio de 60 kg).
  • Boca moi grande, coa mandíbula moi prominente e fociño ancho con labios grosos; dentes cónixos, pequenos, dispostos en tres fileiras polo menos, formando bandas anchas.
  • Bordo posterior do opérculo con tres aguillóns.
  • Aleta dorsal longa; aletas pectorais moi arredondadas, e as pelvianas grandes, pero máis curtras que as anteriores; a aleta caudal, arredondaa, coa marxe branca.
  • Coloración do dorso e os flancos é normalmente parda achocolatada, con máis ou menos manchas amarelas, pero pode variar da verde á parda dependendo da estación e da idade. É de verde a azulada durante a súa fase xuvenil. Pode ademais presentar distintas coloracións segundo o seu estado emocional e reprodutor.[1][6][7][8][9]
  • Distínguese doutras especies parecidas (como a cherna) pola marxe da aleta caudal arredondada de forma convexa, polas bandas laterais claras na cabeza e pola cor tipicamente parda, que é máis gris nas outras especies.

Hábitat e bioloxía

  • Vive en fondos rochosos de 8 a 200 m de profundidade.
  • Moi sedentario, realiza pequenas migracións a distiuntos fondos a buscar alimento, volvendo para realizar a desova.
  • Aliméntase principalmente de cefalópodos e tamén de peixes e crustáceos.
  • Reprodúcese durante o verán.[1]
  • É hermafrodita sucesivo, madurando como femia contra os 5 anos e converténdose en macho contra os 12, aínda que pode facelo desde os 7 anos segundo a situación demográfica do grupo.
  • A femia transitoria busca ao macho no seu territorio e o espera.
  • Pode vivir uns 50 anos,[10] observándose un espécime dunha idade máxima de 61 anos.[11])

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.