From Wikipedia, the free encyclopedia
A liña lateral é un órgano sensorial dos peixes que serve para detectar o movemento e as vibracións na auga circundante, o que axuda a estes animais a evitar colisións, a orientarse en relación ás correntes de auga e a localizaren os depredadores e ás súas presas (e a estas, a fuxir daqueles).[1]
As liñas laterais comunmente son visíbeis como tenues liñas que percorren cada lado do peixe, desde as proximidades do opérculo (estrutura que cobre as branquias) até a base da cola.
Algunhas veces partes deste órgano están modificadas para poder actuaren como electrorreceptores, órganos que detectan impulsos eléctricos. É posíbel que vertebrados como os tiburóns usen tamén as liñas laterais para detectaren campos magnéticos.
Por outra parte, a maioría das larvas e algúns adultos de anfibios que permanecen continuamente na auga tamén posúen este órgano, mentres que algúns crustáceos e cefalópodos teñen órganos similares.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.