¡Roubei unha raia! Polo demo veu, polo demo vaia[2].
En abril, o salmón para min, no maio para o criado, e no san Xoán para o can.
O percebe e o salmón, en maio están en sazón[2][27].
Conta a lenda que San Rosendo se impuxo como penitencia un cilicio. Pechouno con chave e botouna no medio do río Eume, prometendo non sacar o cilicio ata que aparecese a chave. Como é natural, por máis que os seus compañeiros a buscaron, non atoparon rastro dela.
Transcorrido un tempo, uns pescadores abriron posada cerca do mosteiro, e un día foron comer alí Rosendo e os seus freires. Puxéronlle á mesa uns salmóns e no que lle tocou a Rosendo apareceu a chave [28].
Sinonimia
Peixe de San Pedro: o nome provén da lenda que conta que san Pedro pescou un destes peixes e, ó subilo a bordo, queixouse tan penosamente que o santo decidiu devolvelo ó mar. Para facelo, colleuno cos dedos índice e polgar, deixando as pegadas da presión dos dedos sobre a súa pel, que quedaron formando esas manchas características. Outra lenda conta que san Pedro deixou esas manchas cando suxeitou un peixe co fin de coller da súa boca a moeda que levaba na boca e poder pagar con ela os tributos a Roma.
Peixe de Samartiño, peixe samartiño, samartiño, sanmartiño: en Galicia, esta mesma lenda atribúese a san Martiño, o que explica que aquí reciba este nome. Outra posible orixe pode ser que este peixe está en sazón no mes de novembro.
Peixe galo, galo de mar, galo do mar, galo mariño: pola longa aleta dorsal, que lembra a crista dun galo [29].
A troita, para que guste, ha de tres sete efes: fresca, fría, fiada, frangosa, fea e femia[35].
Besta de Liñares, mora de Melide, e troita de Furelos, arrenegar de todas as tres como de todos os demos[36].
Muller costureira e home troiteiro, nin bo arranxo, nin bo palleiro[37].
Muller costureira e home troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro[38].
O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio[14].
Cantigueiro
A troita que anda no río,/ como se anda revolvendo!/ Esí fan as malas lengoas/ que de mi andan decendo[39].
A troita que anda no río/ sempre anda de beira en beira;/ agarde, señora troita,/ que vou busca-la chumbeira[40].
Cálate, boca de troita,/ pelo de cabra tiñosa,/ ollos de pita sarnenta/ i hastra por non ter, es coxa[41].
Canta tu, cantarei eu,/ miña boquiña de troita,/ por baixo dun burro xema/ quen o meu cantar escoita[42].
Disme que vou tan velliño/ que non podo cos calzós;/ olla que a troita i o unto/ canto máis vellos, millor[43].
Pasei a Ponte de Ourense/ e paseina dacabalo;/ vin unha troita no río/ i atireille cun zapato[44].
Pasei por San Xes cantando,/ pra me ver saíche á porta,/ figuécheste a distraída,/ nena da cara de troita[45].
Polo río abaixo/ vai unha sartén,/ vai fritindo troitas/ han de saber ben![46].
Polo río abaixo vai/ unha troita de pé,/ quen a poidera pillar,/ quen a poidera coller,/ quen a poidera coller,/ quen a poidera pillar,/ polo río abaixo vai/ unha troita a nadar[47].
Queridiña, donche os ollos,/ tamén me a min don os meus,/ ímolos lavar ao río/ onde a troita lava os seus[48].
Rosiña, miña Rosiña,/ miña troita do remanso,/ cando te vexo, Rosiña,/ cando te vexo, descanso[49].
Vaite á merda, vaite á merda,/ cara de troita lambeta/ que na punta do zapato/ levo un corno que che meta[50].
Dame un bocado de pan/ pola nai que te pareu,/ que che hei de dar un xurelo/ cando veña de Bueu[51].
Lacón con grelos,/ repolo de Betanzos/ e mais xurelos.
Recollido xa en 1762 por Frei Martín Sarmiento en Pontevedra, referíndose a que este peixe, o muxe, que en invierno no vale nada y en verano es tan gustoso que en Pontevedra hay este adagio. Martín Sarmiento: Obra de 660 pliegos.
Xaquín Lorenzo Fernández, 128. No orixinal: paséi. Refírese á ponte romana de Ourense, a Ponte Vella. O arco central da ponte foi reconstruída polo bispo Lourenzo (1218-1248), despois de moito tempo de estar caído. Mentres non se arranxou, o Miño cruzábase por dúas barcas, unha do concello, no mesmo lugar da ponte, e outra do Cabido, no Portovello. Xaquín Lorenzo transcribe unha cantiga asturiana que acredita a existencia desas barcas: “Pasé la barca de Orense,/ pasela de madrugada,/ pasela en el mes de enero/ cuando llovía y nevaba”, cantiga que pode falar daquel período de tempo ou ser máis moderna e falar doutra barca que cruzase o río durante momentos de reparacións ou interrupción do paso.
Martíns Seixo, Ramón Anxo: "'Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe'. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega", en Cadernos de Fraseoloxía Galega' 15, 2013, 463-486.
RÍOS PANISSE, M. do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces, Verba anexo 7, Universidade de Santiago 1977.
MARTÍN SARMIENTO: Obra de 660 pliegos 1762, en Dicionario de Dicionarios.
SOTO ARIAS, M. Rosario: “Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos”, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.