etnógrafo e historiador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Clodio González Pérez, nado en Cenlle o 16 de setembro de 1947, é un mestre (xubilado), etnógrafo, historiador e conferenciante galego, membro correspondente da Real Academia Galega, Cronista Oficial do concello de Cenlle, de abundante produción humanística.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
Exerce o labor docente ata 2012. Participou en varias campañas de escavacións arqueolóxicas (A Lanzada, Porta de Arcos-Rodeiro, Pipín-O Hío etc.) con Francisco Fariña Busto, e traballos etnográficos de campo en Galicia e León con Xosé Manuel González Reboredo.
É membro da sección de Arte Popular, do padroado e da xunta reitora -secretario, 1992-1997- do Museo do Pobo Galego; da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega.[1]; do Instituto de Estudios Tudenses; do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego; vogal suplente da comisión de Patrimonio Histórico Galego da provincia da Coruña en representación do Consello da Cultura Galega etc. Pertenceu á sección de Etnografía e Folclore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (secretario, 1984-1994) e á “Fundación Pro–Patrimonio de Rois”, e foi representante do Consello da Cultura Galega na Comisión Técnica de Etnografía órgano asesor da Consellería de Cultura e Deporte.
Formou parte do equipo asesor do consello consultivo da Enciclopedia Galega Universal, e foi asesor e colaborador da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, coordinador das coleccións “Os nosos humoristas” de Ed. do Castro, e “Raizame” de Ir Indo Edicións, e desde 2013 é director adxunto e coordinador da Editorial Toxosoutos.
En abril de 2017 foi nomeado cronista oficial de Cenlle.[2][3]
Castelao. Exposición 50 aniversario, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2000.
O Ribeiro. O viño da cultura. A cultura do viño, Mirabel Editorial, 2001.
Nos lindeiros da galeguidade: Estudio antropolóxico do val de Fornela. Etnohistoria, Etnomusicoloxía, Etnografía, Consello da Cultura Galega, 2002, ISBN 84-95415-56-9.[4].
Historia e arte na “Casa Grande do pozo”, Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2002.
O Ribeiro: Terra, auga e viño, Deputación de Ourense, 2003, ISBN 84-96011-40-2.
Cruces e cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa, Deputación de Pontevedra – Museo do Pobo Galego, 2003. ISBN 84-8457-169-6.
La iglesia y el cementerio de Santa María a Nova de Noia, Deputación da Coruña, 2003, ISBN 84-95950-45-6.
Xoaquín Lorenzo, Unha fotobiografía, 1907 -1989, Ed. Xerais – Museo do Pobo Galego – Consello da Cultura Galega, 2004.
Levántate, Maio..., Concello de Ourense, 2004.
Contos de trabes, animais, parvos e un ensaio, Xunta de Galicia, 2004.
Minaría. Expedientes de explotacións mineiras no Arquivo Histórico Provincial de Lugo,Xunta de Galicia, 2004.
O viño. Conversas no Ribeiro. Encontros coa tradición, Asociación “Álvaro das Casas”, Esposende - Ribadavia, 2005.
Os nosos humoristas: Xaime Prada, Ed. do Castro, 1984, ISBN 84-95622-88-2.
Os nosos humoristas:Torres, Ed. do Castro, 1985.
Castelao: caricaturas e autocaricaturas, Ediciós do Castro, 1986, ISBN 84-7492-286-0.
Os nosos humoristas: Cebreiro, Ed. do Castro, 1986.
Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado de F. Ávila y La Cueva, Consello da Cultura Galega, 1995.
Roberto Blanco Torres: Artigos e poemas galegos, Ed. Toxosoutos, 1999.
Atomé. O debuxante e humorista de Santa Comba, Asociación Cultural “Comarca do Xallas”, Santa Comba, 2000.
"Cousas da vida” no Faro de Vigo, por Castelao, Consello da Cultura Galega, 2001.
Meco-Moro-Agudo: Epítetos del impostor Mahoma... Fr. Martín Sarmiento, Ed.Toxosoutos, 2001.
Disertación sobre las eficaces virtudes y uso de la planta llamada carquesa, conocida en Galicia por el nombre de Carqueixa,... Escribiola el Rmo. P. M. Fr. Martín Sarmiento, Ed. Toxosoutos, 2002, ISBN 84-95622-40-8.
Vasco da Ponte: Relación dalgunhas casas e liñaxes do reino de Galiza, Ed.Toxosoutos, 2008.
Bruxos e astrólogos da Inquisición de Galicia e o famoso libro de San Cibrán de Bernardo Barreiro, Ed. Toxosoutos, 2008.
O Gran Libro de San Cibrán ou Tesouro do Feiticeiro, Ed. Toxosoutos, 2014.
Premio Ayuntamiento de Ponteareas, 1983 por Aproximación a la historia de Ponteareas.
Premio Artes y tradiciones populares (premio A la mejor labor continuada en prensa) do Ministerio de Cultura, en 1984, 1985, 1986 (mención de honra) e 1987 (ex aequo), pola colaboración no suplemento “La Voz de la Escuela” de La Voz de Galicia.
Premio de Investigación 1987 da Deputación de Pontevedra, por A festa dos maios en Galicia (Unha aproximación histórico-antropolóxica ó Ciclo de Maio).
Premio O Maio da Asociación de Veciños Casco Vello de Vigo, 1990, polo libro anterior.
Premio do concurso xornalístico “O castelo de Sobroso e D. Alejo Carrera Muñoz", Concello de Ponteareas, 1992.
Premio de Investigación 1992 da Deputación de Pontevedra, por A producción tradicional do ferro en Galicia: as grandes ferrerías da provincia de Lugo.
Premio Gourmand World Wine Books Award 2001 á mellor obra sobre o viño publicada no mundo polo libro colectivo O Ribeiro. O viño da cultura. A cultura do viño.
1º Premio de Investigación Etnográfica “VII Romaría Etnográfica Raigame”, Vilanova dos Infantes, 2008, por As varandas de ferro dos corredores e balcóns do Ribeiro.
Recensión biográfica do autor na páxina do Concello de Ribadavia tirada do libro (Barrera, ed. 2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI.