especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O apio[1] (Apium graveolens) tamén chamado aipo e ampio[2] é unha especie vexetal pertencente á familia das apiáceas, antigamente coñecidas coma umbelíferas. É unha hortaliza empregada en cociña.
Apio | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Apium graveolens' L. |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 67 kJ (16 kcal) |
2.97 g (incluíndo fibra) | |
Amidón | 0.00 g |
Azucres | 1.34 g 0.00 g |
Fibra alimentaria | 1.6 g |
0.17 g | |
Saturadas | 0.042 g |
Trans | 0.000 g |
Monoinsaturadas | 0.032 g |
Poliinsaturadas | 0.079 g |
0.69 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 3% 22 μg |
Tiamina (B1) | 2% 0.021 mg |
Riboflavina (B2) | 5% 0.057 mg |
Niacina (B3) | 2% 0.320 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 5% 0.246 mg |
Vitamina B6 | 6% 0.074 mg |
Ácido fólico (B9) | 9% 36 μg |
Vitamina B12 | 0% 0.00 μg |
Colina | 1% 6.1 mg |
Vitamina C | 4% 3.1 mg |
Vitamina D | 0% 0 IU |
Vitamina E | 2% 0.27 mg |
Vitamina K | 28% 29.3 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 4% 40 mg |
Cobre | 2% 0.035 mg |
Ferro | 2% 0.20 mg |
Magnesio | 3% 11 mg |
Fósforo | 3% 24 mg |
Potasio | 6% 260 mg |
Sodio | 5% 80 mg |
Cinc | 1% 0.13 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 95.43 g |
Alcohol (ethanol) | 0.0 g |
Cafeína | 0 mg |
Colesterol | 0 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Posúe talos estriados que forman un gran mata con follas acuñadas. Toda a planta ten un forte sabor agre, aínda que o branqueo dos talos no cultivo fai que perdan estas cualidades, adquirindo un sabor máis doce e o característico recendo que o converte nun bo ingrediente de ensaladas e sopas.
Pódese atopar todo o ano, aínda que os mellores aparecen polo outono e polo inverno.
É orixinario da zona mediterránea.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O apio vense empregando dende tempos históricos tanto na cociña coma na medicina naturista. É unha das verduras que máis propiedades medicinais posúe [Cómpre referencia]. Pódese inxerir cru, cocido ou no seu zume. Vai ben combinado coa cenoria e o tomate; o zume axuda a calmar os nervios e é un bo remineralizante. A ensalada de apio cun pouco sal pode usarse eficazmente para combater o exceso de acidez do tubo dixestivo e aliviar a colite. A ensalada de apio e aguacate recoméndase en caso de doenzas do estómago e intestino.
Axuda ao corpo a se desfacer de impurezas a través da súa función diurética (polo seu contido nun aceite volátil, o apiol). Caracterízase por ser carminativo, sedante, aperitivo, dixestivo (que non implica dixestibilidade doada polo seu alto contido en fibra), emenagogo, depurativo, rexenerador sanguíneo e lixeiramente laxante. Axuda na formación do esmalte dentario. Diminúe as enfermidades hepáticas, combate as infeccións, axuda á eliminación de cálculos renais, mellora a memoria e en uso externo adoita comportarse como un cicatrizante. Disque inxerir esta planta axuda a aumentar a libido.
O zume é eficaz para eliminar o exceso de ácido úrico, combater o reumatismo, o sobrepeso, flatulencias, padecementos nerviosos e menstruación escasa.
As sementes provocan unha maior diurese, sendo a cocedura destas útil en caso de hipertensión arterial, afección cardíaca conxestiva, ansiedade e insomnio. Así mesmo, a infusión das sementes de apio resulta beneficiosa para combater a síndrome premenstrual que produce incomodidades pouco antes da menstruación por mor á acumulación de líquido nos tecidos.
Os diuréticos poden esgotar o potasio e outros sales minerais almacenados no organismo, polo que as persoas que os usan deben comer alimentos con elevado contido de potasio, como bananas e verduras frescas, para substituír os sales minerais que se perden pola acción dos diuréticos.
Polo seu efecto emenagogo cómpre evitar consumir apio en calquera das súas formas durante a gravidez.
O apio resulta moi positivo na dieta humana por mor ao seu alto contido de fibra dietética, vitaminas e minerais, ademais de ser considerado un bo diurético pola súa alta porcentaxe de auga.
É rico en minerais:
Ademais é rico en:
Contén grandes cantidades de auga e celulosa.
A cebola contén, ademais do aceite etéreo, amidón, azucres, colina, tirosina, glutamina, asparraxina e vitamina B-1 e B-2 que son necesarias para a función nerviosa e muscular. Polos seus compoñentes, o zume de apio restitúe o corpo despois de xornadas de exercicio intenso ou febres.
Apium graveolens foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 264–265. 1753.[3]
|
|