Cloruro de sodio
composto iónico From Wikipedia, the free encyclopedia
composto iónico From Wikipedia, the free encyclopedia
O cloruro de sodio, tamén coñecido como cloruro sódico, sal común, sal de mesa ou halita, de fórmula NaCl, é un composto iónico, formado por un catión Na+ (ión sodio) e un anión Cl- (ión cloruro). É o produto dunha reacción violenta na que un átomo de Na (metal reactivo) reacciona cun de Cl (un non metal).
Xerais | |
---|---|
Nome | Cloruro de sodio |
Outros nomes | Sal de mesa, Sal común, Halita |
Fórmula química | NaCl |
Aparencia | Sólido incoloro; aínda que parece branco se son cristais finos ou pulverizados. |
Físicas | |
Masa molar | 58,44 g/mol |
Punto de fusión | 1074 K (801 °C) |
Punto de ebulición | 1.738 K (1.465 °C) |
Densidade | 2,16 ×103 kg/m3 (2,16 g/cm3) |
Cristalización | Cúbica centrada nas caras (f.c.c.) |
Solubilidade | 35,9 g/100 mL |
Kps | 37,79 (mol/L)2 |
Compostos relacionados | NaF, NaBr, NaI; LiCl, KCl, RbCl, CsCl, MgCl2, CaCl2 |
Termoquímica | |
ΔfH0gas | -181,42 kJ/mol |
ΔfH0líquido | -385,92 kJ/mol |
ΔfH0sólido | -411,12 kJ/mol |
S0gas | 229,79 J/mol•K |
S0líquido | 95,06 J/mol•K |
S0sólido | 72,11 J/mol•K |
Seguridade | |
Inxestión | Perigoso en grandes cantidades. |
Inhalación | Pode causar irritación. |
Pel | Pode causar irritación. |
Ollos | Pode causar irritación. |
Máis información | Hazardous Chemical Database (en inglés) |
As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa. |
2Na + Cl2 → 2NaCl
nota: precísanse dous átomos de Na, porque o Cl se atopa como molécula diatómica na natureza.
Na reacción, dous átomos de Na oxídanse cedendo cada un o seu único e- (electrón) de valencia ós átomos de Cl, isto represéntase como segue:
Tanto os ións Na+ como os ións Cl-, cumpren coa regra do octeto.
O cloruro de sodio forma cristais con simetría cúbica. Os cloruros (ións máis grandes) forman un empaquetamento cúbico compacto, mentres que os ións máis pequenos de sodio enchen os espazos octaédricos entre os cloruros.
Cada ión está rodeado por seis ións do outro elemento, dise que presenta índice de coordinación 8. Esta estrutura é moi común noutros minerais, e chámaselle estrutura halita.
O consumo de sal está relacionado co padecemento de hipertensión arterial e por tal motivo debe buscarse unha redución na inxesta: o 45% dos casos de infarto e o 50% dos casos de ictus están relacionados co consumo escesivo de sal. A Organización Mundial da Saúde recomenda un consumo máximo de 5 gramos de sal diarios, pero en España consómense 9,8 gramos diarios[1]
Cómpre ter en conta que só o 20% do sal consumido corresponde ó sal engadido na elaboración dos alimentos polo consumidor. O 80% restante é o denominado sal oculto, e procede do sal engadido pola industria alimentaria durante o procesado industrial, sal que o consumidor adoita non ter en conta. Moitos alimentos indican o contido en sal na etiquetaxe nutricional, unhas veces expresada directamente, en gramos por 100 gramos de alimento, e outras mediante a indicación do contido en sodio. Neste caso, hai que multiplicar a cifra por 2,5 para saber a cantidade de sal.
Solubilidade do NaCl en varios disolventes (g de NaCl/1 kg de disolvente a 25 °C)[2] | |
---|---|
H2O | 360 |
Formamida | 94 |
Glicerina | 83 |
Ácido fórmico | 52 |
Amoníaco líquido | 30,2 |
Metanol | 14 |
Etanol | 0,65 |
Dimetilformamida | 0,4 |
Sulfolano | 0,05 |
Acetonitrilo | 0,003 |
Acetona | 0,00042 |
O sal é esencial para a vida na Terra. A meirande parte dos tecidos biolóxicos e fluídos corporais conteñen variadas concentracións de cloruro de sodio. A cantidade de ións de sodio no sangue está directamente relacionada coa regulación dos niveis de fluídos corporais. A propagación dos impulsos nerviosos está mediada por estes ións.
A chamada solución fisiolóxica, solución de cloruro de sodio ó 0,9%, recibe o seu nome porque é isotónica co plasma sanguíneo. Esta solución fisiolóxica é o sostén principal de terapias médicas de substitución de fluídos, para combater a deshidratación ou para previr shocks hipovolémicos (baixo volume sanguíneo).
Os humanos presentan a particularidade entre os primates de eliminar grandes cantidades de sal cando súan.
Verte-lo sal sobre a mesa adoita considerarse agoiro de mala sorte, vella crenza que semella ser universal. Crese incluso que anuncia unha desgraza maior, mesmo a morte. Mariño Ferro afirma que no cadro A derradeira cea, de Leonardo da Vinci, pode observarse un saleiro envorcado na mesa, anunciando a inminente morte de Xesús.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.