Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Enténdese por etiqueta calquera marca, rótulo, lenda, debuxo ou signo que se imprime, grava ou marca, e que se adhire ou une a un produto alimenticio ou ó seu envase ou embalaxe, para identifica-la súa orixe e características.
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente. Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |
En alimentación, inclúe calquera mención (sexa texto, marcas, debuxos, fotografías, símbolos etc.) que acompañe ou se refira a un produto alimenticio, xa sexa en forma de etiqueta impresa ou gravada sobre o alimento ou sobre o seu envase, ou en forma de rótulo, faixa etc. relacionado con el.
En España, a etiquetaxe dos produtos alimenticios está regulada polo Regulamento europeo 1169/2011[1], que veu substituír a normativa nacional vixente ata entón[2]. Existen ademais numerosas normas legais, europeas e nacionais, que regulan especificamente a etiquetaxe de determinados alimentos.
O obxectivo último da etiquetaxe dos produtos alimenticios é o de garanti-los dereitos do consumidor a unha información exacta, completa e comprensible. Para conseguilo, a etiqueta deberá achegar toda a información que precise o consumidor para que este realice a súa elección con coñecemento de causa. A estes efectos, enténdese como consumidor a persoa que consome en último lugar un produto alimenticio, e que no empregará dito alimento como parte de ningunha operación ou actividade mercantil no sector da alimentación.
Ademais, a etiqueta debe proporcionar datos do fabricante e do produto que permitan que a Administración poida controla-las industrias alimentarias, os seus procesos e os alimentos que poñen no mercado, co obxectivo de salvagarda-lo dereito á protección da saúde dos consumidores.
A etiquetaxe non poderá inducir a erro ó consumidor sobre a natureza e características do produto que compra, e non poderá facelo nin co texto –co que a etiqueta diga ou omita- nin coas imaxes, forma na que se presenta o alimento, material de envasado ou incluso na presentación ou publicidade. Especialmente deberán evitarse:
A etiquetaxe dos alimentos deberá achegar de forma clara, doada de entender e veraz o seguinte:
Entendido no seu sentido máis amplo, tal como se dixo antes, a etiquetaxe dos produtos alimenticios deberá incluír obrigatoriamente a seguinte información[4]:
Ademais de todo o anterior, o fabricante poderá incluír na etiqueta calquera outra información adicional escrita, impresa ou gráfica, sempre que non estea en contradición coa información obrigatoria e coa súa forma de expresión. É o que se denomina etiquetaxe facultativa, entre a que destaca polo seu interese o semáforo nutricional, pero que pode incluír tamén receitas, consellos, promocións, distintos símbolos, publicidade sobre o impacto ambiental do produto etc.
O punto de venda deberá ter exposto sempre o prezo de venda ó público, unha información que, evidentemente, non figura na etiquetaxe do alimento. Este prezo deberá expresarse sempre referido á unidade de venda pero tamén se indicará o prezo resultante pos quilogramo ou litro, algo imprescindible para a decisión de compra do consumidor.
En tódolos casos, as indicacións obrigatorias deben ser facilmente comprensibles para o consumidor medio, para o cal estarán inscritas en lugar destacado de forma que sexan facilmente visibles, claramente lexibles e con caracteres indelebles. Estas indicacións obrigatorias non poderán ser disimuladas, tapadas ou separadas de ningún xeito por outros rótulos ou imaxes, algo que acontece moitas veces no reenvasado que se realiza nos puntos de venda ó adherir unha etiqueta co prezo do produto, etiqueta coa que se oculta a información fornecida polo fabricante.
A lexislación non establece a forma nin o tamaño das etiquetas dos alimentos pero si obriga a un tamaño mínimo dos caracteres empregados na etiqueta (letras ou números), que será de 1,2 mm como norma xeral e de 0,9 mm en envases de pequeno formato[8]; enténdese como envases de pequeno formato aqueles cuxa superficie máxima sexa inferior a 80 cm².
O fabricante e o seu departamento de publicidade gozan de liberdade á hora de escoller formatos, cores e tamaños[9], o que moitas veces aproveitan para destacar, directa ou subliminalmente, aqueles aspectos que máis lle interesan e relegar ó mínimo imprescindible os que lles poida prexudicar, como acontece coa indicación dos aditivos alimentarios que, aínda sendo legais, provocan moitas veces rexeitamento entre os consumidores.
As indicacións obrigatorias da etiquetaxe dos produtos alimenticios que se comercialicen en España expresaranse, como mínimo, en castelán. Esta esixencia non se aplica ós produtos tradicionais elaborados e distribuídos exclusivamente no ámbito dunha comunidade autónoma con lingua oficial propia.
A globalización no campo dos alimentos leva a que sexa frecuente utilizar simultaneamente diversos idiomas nas etiquetas. Pola contra, aínda resulta novedoso ver etiquetas escritas en galego, con honrosas excepcións.
Cando os produtos alimenticios se presenten envasados, as indicacións da información obrigatoria da etiquetaxe faranse constar impresas no envase ou nunha etiqueta unida ó mesmo. Se o alimento se vende a colectividades[10] ou establecementos alimentarios que o van transformar antes da entrega ó consumidor final, esta información poderá figurar só nos documentos comerciais que acompañen ó produto alimenticio. Aínda así, as mencións obrigatorias relativas á denominación de venda, o marcado das datas e a identificación da empresa figurarán tamén na embalaxe[11] exterior no que se comercialicen os devanditos produtos.
Cando a etiquetaxe se realice polos titulares do comercio retallista (é dicir, cando no punto de venda ó consumidor final se fracciona o alimento) deberá recolle-la mesma información citada anteriormente, a excepción do número de lote. Neste caso, a identificación da empresa referirase sempre ó envasador, como responsable da operación e da información subministrada ó consumidor.
Na venda a granel ou fraccionada no punto de venda debe conservarse a información do fabricante ata a fin da venda, para permitir en todo momento a correcta identificación do produto. Esta información deberá estar exposta ó consumidor para cumprir co principio de proporcionarlle a información necesaria para a súa escolla.
Para facilitar ó consumidor a lectura e comprensión dos datos fundamentais da etiqueta, es obrigatorio que figuren no mesmo campo visual[12] as indicacións relativas á:
Ata a publicación do Rgto 1169/2011 tamén era obrigatorio incluír nun mesmo campo visual o marcado de datas.
A etiquetaxe dos produtos alimenticios que se presenten para a venda ó consumidor final sen envasar, así como os envasados nos puntos de venda, a petición do comprador, deberá achega-la seguinte información:
Toda esta información poderá constar escrita en etiquetas adheridas ó produto ou en carteis colocados no lugar de venda, sobre o produto ou próximos a el, de forma que quede clara a relación entre o cartel e o produto ó que se refira.
A pesar de que a lexislación sobre a etiquetaxe dos alimentos leva aplicándose hai xa moitos anos, aínda son moi frecuentes os casos nos que a etiqueta resulta incompleta, dificilmente lexible, confusa ou, simplemente, falta calquera identificación (algo que calquera pode comprobar nos eventos gastronómicos, nos mercados locais ou nas prazas de abastos).
Debe terse presente que calquera produto non identificado ou mal identificado ha de considerarse como un produto non seguro e, por conseguinte, non apto para o consumo. Ademais do risco sanitario que poida representar, é unha fraude ó dereito á información que debe esixir todo consumidor.
Fabricantes, distribuidores e inspección oficial son os responsables de que se cumpra a Norma de etiquetaxe, pero son os consumidores os que deben exercita-lo seu dereito de comprar un produto cando cumpra as súas esixencias ou de rexeitalo cando se lle negue a información á que ten dereito.
As cifras de consumidores que consultan a etiquetaxe dos alimentos que mercan varían moito en función da fonte consultada. Segundo enquisas do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, en 2020, o 70% dos consumidores confesaba ler sempre ou case sempre as etiquetas (porcentaxe que decrecía substancialmente segundo aumentaba a idade das persoas consultadas). Segundo o informe Consumolab (marzo 2015), do centro tecnolóxico AINIA, a porcentaxe dos consumidores que consultaban sempre ou case sempre as etiquetas era do 65% en 2015, cifra lixeiramente superior á que rexistraba o Ministerio de Agricultura en 2006, cando a porcentaxe era do 61,2% (La Alimentación en España, 2006).
O dato considerado máis relevante para o consumidor sempre foi o marcado de datas (o 83,7 en 2016) e o , seguido polas condicións de conservación e a lista de ingredientes. Canto á información nutricional, o estudo La Alimentación en España 2006 publicaba que era consultada por un 81% de consumidores, cifra algo superior ó 72% que a consultaba en 2016 (segundo Eroski. Consumer nº 204, xaneiro 2016), mentres que Marketingdirecto.com tan só recoñecía (en 2008) un 22% interesado na información nutricional.
Pero nestes mesmos estudos estatísticos cómpre destacar o feito de que un 60% recoñecía non poder ler ben a información da etiqueta por ser a letra moi pequena ou non contrastar coa cor do fondo (Consumolab, marzo 2015). O portal Eroski, Consumer.es publicaba o seu propio estudo en 2013, e constataba que só o 47,8% admite entender a información fornecida pola etiqueta, que predomina a percepción de que a etiquetaxe só destaca aqueles aspectos que lle interesan ó fabricante, e que o 75% confesa que esa información levoulle a erro máis dunha vez. Na mesma liña, a OCU recollía que a cuarta parte dos consumidores comprou algunha vez un produto pensando que se trataba doutra cousa (abril 2005).
No devandito estudo de Eroski. Consumer de 2016, un 57% dos consumidores consideraba que a etiquetaxe era pouco ou nada lexible, e un 52% pouco ou nada clara.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.