Data de consumo preferente
período de tempo máximo para o consumo óptimo dun produto From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
período de tempo máximo para o consumo óptimo dun produto From Wikipedia, the free encyclopedia
Nos produtos alimenticios non perecedoiros nun breve prazo, o fabricante debe indicar na etiqueta o período de tempo durante o cal o garante que o alimento mantén as características organolépticas propias. A data límite deste prazo expresa a data de consumo preferente, tamén chamada –dunha forma certamente confusa- data de duración mínima.
Debe diferenciarse da data de caducidade, que expresa o límite do período durante o cal o alimento resulta seguro para o consumidor. Un alimento que superara a data de caducidade pode representar un risco sanitario para o consumidor, mentres que supera-la data de consumo preferente representará perdas de calidade, pero non un perigo para a súa saúde.
A forma de expresa-la data de consumo preferente está definida polo Regulamento (UE) 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello de 25 de outubro de 2011, sobre a información alimentaria facilitada ó consumidor (DOUE L 304, de 22.11.2011).
Deberá estar indicada mediante a lenda “Consumir preferentemente antes do...”, cando a data inclúa a indicación do día, ou “Consumir preferentemente antes do fin de...” nos demais casos. A data concreta pode indicarse a continuación das expresións anteditas ou cunha referencia ó lugar onde se estea impresa na etiqueta.
Cando o prazo de consumo preferente sexa inferior ós tres meses abonda con indica-lo día e o mes. Cando sexa superior ós tres meses pero menor a dezaoito, abonda con indicar mes e ano. E cando sexa superior ós dezaoito meses, bastará con indicar o ano.
Cando a data de consumo preferente poida estar condicionada polas condicións de conservación (por exemplo, cando o produto deba conservarse en refrixeración ou conxelación) a indicación da data completarse coa descrición das temperaturas de conservación ás que debe manterse o produto para asegura-la duración indicada.
A indicación da data deberá estar impresa de forma clara, perfectamente lexible e ben visible. Nunca se deberán admitir produtos alimenticios nos que estea manipulada ou tapada con calquera outra marca ou etiqueta (como tal, coa etiqueta do prezo).
Fabricantes, distribuidores e inspección oficial son os responsables de que se cumpra a Norma, pero son os consumidores quen deben exercita-lo seu dereito de comprar un produto cando cumpra as súas esixencias ou de rexeitalo cando se lle negue unha información á que ten dereito.
A lexislacion non determina tempos límites de vida útil dos produtos alimenticios, que deben ser establecidos pola empresa alimentaria que os fabricara baseándose nos estudos realizados sobre os produtos que comercialice ou na bibliografía científica publicada ó respecto.
A indicación das datas de caducidade ou de consumo preferente é obrigatoria para os alimentos envasados. Quérese dicir que nos alimentos non envasados (presentación habitual da carne fresca, do peixe fresco, froitas, verduras e hortalizas, conxelados a granel etc.) non teñen a obriga de indicalas.
Debe terse presente, igualmente, que o envoltorio no que se entregan estes alimentos ó consumidor (papel, bolsas plásticas etc.) non se considera envase, e polo tanto non ten por qué incluír esta información.
No caso dos moluscos bivalvos vivos (mexillón, ameixas, ostra, navalla etc.) a Norma obriga a indica-la data de envasado e permite substituí-la data de caducidade pola expresión “Estes moluscos estarán vivos no momento da súa venda”.
Canto á idioma da etiquetaxe, a norma obriga a expresa-la información obrigatoria (entre outras, o marcado de datas) en castelán, como mínimo, polo que o habitual será que a forma na que podemos ler esta información nos produtos que adquirimos habitualmente será “Fecha de caducidad” ou “Consumir preferentemente antes del / antes del fin de”.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.