From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha personificación nacional é a antropomorfización dunha nación, que pode aparecer tanto en caricaturas editoriais como en selos, moedas, propaganda, documentos oficiais etc. Estas personificacións son utilizadas polas súas respectivas nacións para exaltaren características, valores e virtudes propias do país.
Algunhas personificacións temperás no mundo occidental tendían a ser manifestacións nacionais que tiñan aspecto de nai ou de guerreira, e con frecuencia tomaban o nome latino da antiga provincia romana que simbolizaban, como Hispania, Britannia, Germania ou Helvetia.
As alegorías como personificación nacional con forma de muller xurdiron xa na Antiga Grecia. De feito, malia non quedar mostra ningunha, sábese que houbo xa relevos e estatuas en Grecia que representaban a Hellas —a alegoría de Grecia— a pesar de estar daquela a rexión dividida en polis. Seguramente a crearon ao asumiren a súa historia e cultura comúns fronte aos persas durante as guerras médicas.[1] Roma continuou este costume, sobre todo na numismática, cuñando moedas de alegorías que representaban a Roma, Constantinopla ou as provincias romanas, como Hispania, Britania, Galia etc.[Cómpre clarificar]
Algunhas destas alegorías seguiron aparecendo na Idade Media e na Idade Moderna, aínda que o seu esplendor se produciu durante o movemento artístico do romanticismo, que se deu no século XIX. Mesmo nacións que carecían destas alegorías con base histórica acabaron por inventalas. O romanticismo propugnaba unha volta á orixe das nacións; ollaba o pasado con certa nostalxia, tanto a Idade Antiga como o medievo, e isto trouxo como consecuencia un desenvolvemento artístico en todo o relativo ao pasado das nacións, co fin de exacerbar o nacionalismo.[2]
As personificacións nacionais foron un instrumento dos gobernos para a propaganda en tempos de guerra e para acrecentar o sentimento de pertenza e orgullo nacional entre a poboación. En prazas e rúas de toda Europa erguéronse estatuas de personificacións de antigas provincias romanas ou inventadas ad hoc; algunhas protagonizaban poemas ou mesmo himnos, como Britannia na canción patriótica Rule, Britannia!.[3]
Algunhas destas figuras caeron no esquecemento ou se abandonaron polo auxe do fascismo nalgúns países e a súa posterior derrota na segunda guerra mundial, como foi o caso de Austria.
Estas personificacións nacionais adoitan ser figuras femininas. Ás veces aparecen como unha nai e outras como unha guerreira —ou como unha valquiria nas alegorías escandinavas— defendendo o seu pobo. Noutros casos as personificacións son figuras masculinas, como no caso do Tío Sam, nos EEUU, ou John Bull, en Inglaterra. Moitas nacións tamén dispoñen dunha representación animal, como é o caso de Rusia co oso ruso. Por último, existe outro tipo de personificacións que caracterizan o cidadán medio dun país, como Ze Povinho (Portugal) ou Deutscher Michel (Alemaña), que na súa maioría adoitan corresponder a figuras tamén masculinas.[4][5]
Na lista que se engade a seguir inclúense, á parte das personificacións dunha nación de forma antropomorfa, tamén certos personaxes lendarios (non históricos) fundadores dunha nación, ademais de representacións dunha nación con forma de animal e as personificacións do cidadán medio dun país.
País | Imaxe | Personificación | Animal alegórico |
---|---|---|---|
Acerbaixán | Koroghlu.[6] | ||
Albania | Nai Albania (albanés: Nëna Shqipëri).[7] | Aguia bicéfala. | |
Alemaña | Germania; Deutscher Michel.[8][9][10][11] | Aguia federal alemá. | |
Armenia | Nai Armenia (armenio: Մայր Հայաստան, Mayr Hayasdan).[12] | ||
Arxentina | Diversas alegorías ao estilo da Marianne, mais sen nome propio; Martín Fierro.[13][14] | ||
Australia | O raparigo de Manly (en inglés: Little Boy from Manly).[15] | Canguro boxeador. | |
Austria | Austria.[16] | Aguia bicéfala. | |
Bangladesh | Nai Bengal ou Bangamata (bengalí: বঙ্গমাতা).[17] | Tigre de Bengala.[18] | |
Bélxica | Bélxica (francés: La Belgique; latín: Belgica).[19] | Leo Belgicus.[20] | |
Bolivia | Cóndor. | ||
Brasil | Efixie da República (portugués: Efígie da República).[21] | ||
Bulgaria | Nai Bulgaria.[22] | ||
Camboxa | Preah Thong; Neang Neak.[23] | ||
Canadá | Johnny Canuck; Le Vieux de '37 (no Quebec).[24][25] | Castor canadiensis. | |
Chile | El Roto; El Huaso; La Carmela; Doña Juanita.[26][27][28] | Cóndor; huemul.[29] | |
China | Emperador de Xade (chinés: 玉皇; pinyin: Yù Huáng ou 玉帝, 'Yù Dì').[30] | Dragón chinés. | |
Colombia | Juan Valdez.[31] | Cóndor; oso de anteollos. | |
Corea do Sur | Dangun (hangul: 단군); Ungnyeo (hangul: 웅녀 / 熊 女); Yangban (hangul: 양반). | Tigre siberiano. | |
Cuba | Don Liborio.[32] | ||
Dinamarca | Nai Dinamarca (dinamarqués: Mor Danmark), Holger Danske.[33][11] | ||
Ecuador | Cóndor. | ||
Emiratos Árabes Unidos | Falcón de Quraish. | ||
Eslovaquia | Juraj Jánošík.[34] | ||
Eslovenia | Kranjski Janez; Peter Klepec.[35] | ||
España | Hispania.[36] | León Hispano; Touro de Osborne.[37][38] | |
Estados Unidos | Estatua da Liberdade, Tío Sam, Johnny Reb, Columbia.[39][40][41][42][43] | Aguia de cabeza branca. | |
Exipto | Nai do Mundo (Om El Donia). | Aguia de Saladino. | |
Filipinas | Juan dela Cruz; Ináng Bayan.[44] | Aguia filipina. | |
Finlandia | A Dama de Finlandia (finés: Suomi-neito).[45][46] | ||
Francia | Marianne; Galia; Xoana de Arco.[47] | Galo. | |
Galicia | Breogán.[48] | ||
Grecia | Hellas (grego: Ἑλλάς).[1][49] | Moucho de Atenea; Fénix. | |
Haití | Ezili Dantor; Catherine Flon. | ||
Hungría | Señora de Hungaria. | ||
Iemen | Aguia de Saladino. | ||
India | Nai India (hindi: Bhārat Mātā).[50] | Tigre de Bengala; elefante indio. | |
Indonesia | Nai Terra (indonesio: Ibu Pertiwi).[51] | ||
Irán | Rostam (persa: رستم). | León e sol. | |
Iraq | Aguia de Saladino. | ||
Irlanda | Ériu; Hibernia; Fódla; Kathleen Nin Houlihan (irlandés: Caitlín Ní Uallacháin).[52][53][54] | ||
Islandia | A Dama das Montañas (islandés: Fjallkonan). | ||
Israel | Srulik (hebreo: שרוליק).[55] | ||
Italia | Italia torreada (italiano: Italia turrita).[56] | ||
Kirguizistán | Manas. | ||
Kenya | Wanjiku. | ||
Kuwait | Falcón de Quraish. | ||
Lituania | Lituania (lituano: Lietuva).[57] | ||
Macedonia do Norte | Nai Macedonia.[58] | ||
Malaisia | Hang Tuah.[59] | Tigre de Malaisia. | |
Malta | Melita.[60] | ||
Marrocos | León do Atlas. | ||
México | Diversas alegorías ao estilo da Marianne, mais sen nome propio. | A aguia e a serpe. | |
Montenegro | Nai Montenegro (montenegrino: Majko naša Crna Goro). | ||
Nicaragua | Güegüense. | ||
Noruega | Nai Noruega (noruegués; Mor Norge); Ola Nordmann; Nór.[61] | ||
Nova Zelandia | Zealandia.[62] | Kiwi. | |
O Salvador | Divino Salvador do Mundo. | ||
Países Baixos | Doncela neerlandesa (neerlandés: Nederlandse Maagd); Hans Brinker.[63] | Leo Belgicus. | |
Palestina | Handala (árabe: حنظلة).[64] | Aguia de Saladino. | |
Paquistán | Pāk Wātān. | ||
Perú | Nai Patria (castelán: Madre Patria); Chalán.[65] | Vicuña. | |
Polonia | Polonia; Lech.[66] | Aguia branca. | |
Portugal | Zé Povinho; Efixie da República; Galo de barcelos; Anxo de Portugal; Lusitania.[67] | ||
Reino Unido | Britania (Reino Unido); John Bull (Inglaterra); Nai Gales (Gales; en galés: Mam Cymru).[68][69] | León e unicornio (Iglaterra e Escocia); dragón (Gales). | |
República Checa | Čechie; Czech Vaišek; O bo soldado Švejk. | León con dúas colas. | |
República Dominicana | Conchoprimo. | ||
Romanía | România.[70] | ||
Rusia | Nai Rusia (ruso: Матушка Россия, Matushka Rossiya).[71] | Oso ruso; aguia bicéfala. | |
Serbia | Nai Serbia (serbio: Мајка Србија); Doncela de Kósovo (serbio: Косовка девојка, Kosovka devojka). | Aguia bicéfala. | |
Singapur | Merlion. | ||
Siria | Falcón de Quraish. | ||
Sri Lanka | Nai Sri lanka (cingalés: ශ්රී ලංකා මාතා, Śrī Laṁkā Mātā) | ||
Suecia | Nai Svea (sueco: Moder Svea).[72] | ||
Suíza | Helvetia.[73] | ||
Suriname | Nai Surinam (sranan tongo: Mama Sranan).[74] | ||
Tailandia | Phra Siam Devadhiraj (tailandés: พระสยามเทวาธิราช); Tailandia.[75][76] | Elefante branco. | |
Ucraína | Berehynia (ucraíno: Береги́ня); Cosaco Mamai (ucraíno: Козак Мамай). | ||
Unión Europea | Europa; Europa Regina. | ||
Uruguai | Diversas alegorías ao estilo da Marianne, mais sen nome propio. | ||
Venezuela | Juan Bimba; María Lionza.[77] | ||
Vietnam | O Catro Inmortais (vietnamita: Tứ bất tử). | ||
Xapón | Guerreiro divino Jinmu; Samurai. | ||
Xeorxia | San Xurxo de Capadocia; Nai Xeorxia (xeorxiano: ქართლის დედა, Kartlis Deda). | ||
País | Imaxe | Personificación | Animal alegórico |
---|---|---|---|
Antiga Cartago | Dido. | ||
Antiga Roma | Deusa Roma (latín: Dea Roma); Rómulo e Remo | Aguia romana; Luperca. | |
Cidade Libre de Frankfurt | Francofurtia. | ||
Cidade Libre de Hamburgo | Hammonia. | ||
Ducado de Braunschweig | Brunonia. | ||
Ducado de Franconia | Franconia. | ||
Estados Confederados de América | Johnny Reb. | ||
Imperio Bizantino | Aguia bicéfala. | ||
Imperio Etíope | León de Xudá. | ||
Reino de Prusia | Borussia. | Aguia negra. | |
Reino de Baviera | Bavaria. | ||
Reino de Francia | Galia. | Galo. | |
Reino de Xudá | León de Xudá. | ||
Reino de Saxonia | Saxonia. | ||
Reino de Wurtemberg | Wurttembergia. | ||
República de California | Oso pardo. | ||
República de Venecia | León de San Marcos. | ||
Sacro Imperio Romano Xermánico | Germania. | Aguia bicéfala. | |
Unión Soviética | Nai Rusia. | Oso. |
Alemaña debido a que se unificou co movemento do romanticismo xa en pleno pulo, creou, á parte de Germania algunhas personificacións relacionadas con antigos reinos, ducados ou cidades libres independentes antes da súa unificación (recóllense na táboa anterior). Un claro exemplo é Baviera, coa súa alegoría Bavaria, que aínda que segue existindo como Estado federado alemán xa non é independente. Mesmo algunhas cidades que nunca foron cidades libres chegaron a crear a súa propia personificación, como é o caso de Berlín e a súa Berolina.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.