animal mitolóxico con forma de cabalo e un corno no medio da testa From Wikipedia, the free encyclopedia
O unicornio[1] ou alicorno[2] é unha criatura mitolóxica representada decote coma un cabalo branco, con patas de antílope, barba de chibo, e un único corno na súa fronte. Trátase dun animal fabuloso protagonista de numerosas historias e lendas. Así, na Idade Media estaba considerado coma un animal marabilloso capaz de derrotar ao elefante, símbolo de poderío. Ademais, dicíase que co seu único corno podían purificarse as augas contaminadas para volvelas potábeis e curar enfermidades.[3]
As primeiras versións do mito do unicornio son de Ctesias, médico e historiador grego do século V a.C., e datan do ano 400 a.C., no tempo das súas expedicións á India. Ctesias describiuno coma un animal silvestre da India coa aparencia dun cabalo, pero co corpo albo, a cabeza púrpura e os ollos de cor azul intensa. O corno desta prodixiosa besta, segundo a descrición de Ctesias, era negro coa punta vermella e a base branca, e tiña propiedades medicinais que permitían sandar problemas estomacais, epilepsia ou envelenamentos.
Na Europa medieval, os viquingos procedentes da súa colonia en Groenlandia comercializaban dentes de narval, aos que facían pasar por cornos do unicornio.[4] Críase que estes supostos cornos tiñan poderes máxicos, entre outros, a capacidade de curar envelenamentos e a melancolía,[5] e por isto eles e outros comerciantes de orixe nórdica ás vece cobraban por estes cornos o seu peso en ouro.[6]
Os dentes usábanse para facer copas, xa que se cría que podían neutralizar calquera veleno que estivese nunha bebida. Estas crenzas aínda perduraon plenemente entrado o Renacemento e así, cóntase que, durante o século XVI, a raíña Isabel I de Inglaterra adquiriu un dente de narval tallado e con xoias incrustadas polo que pagou 10 000 £,[5] (que en 2007 terían un valor que oscilaría entre 1,5 e 2,5 millóns de £).[7]
A verdadeira orixe destes dentes foi desvelándose gradualmente durante a era dos descubrimientos, nos séculos XV e XVI, cando exploradores e naturalistas empezaron a visitar o Ártico. O primeiro en mencionar dalgunha forma o narval foi o escritor e eclesiástico sueco Olaus Magnus, que na súa principal obra, Historia de gentibus septentrionalibus, escrita en 22 libros sobre a xeografía, tradicións, costumes, asuntos eclesiásticos e xurídicos dos pobos escandinavos e publicada en 1555 en Roma, describe un animal chamado monoceros do que di que é "un monstro mariño que ten na súa fronte un gran corno, co que podía esnaquizar barcos e destruír moitas persoas".[8]
Pero aínda no século XVIII se escribían cousas como esta, referida ao Museum Museorum (O Mueo dos Museos):[9]
Museum Museorum ou teatro completo de todos os medicamentos e especias, coa maneira dos elixir, as súas calidades distintivas, a súa utilidade e o seu emprego, tomadas dos museos e as tendas de especias, de obxectos de arte e de historia natural, das descricións das viaxes ás Indias orientais e occidentais, as recompilacións curiosas de observacións meteorolóxicas, as obras de naturalistas e médicos, e na súa propia experiencia, dirixida para o uso da xuventude das escolas, os drogueiros, os farmacéuticos, o inspectores de farmacia, así como outros artesáns tales como xoieiros, pintores, tintureiros etc...Páxina "licornio" publicada en Frankfurt por Michele Bernardo Valentini.(1701)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.