Remove ads
idioma oficial na India, xunto ao inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
O hindi[2] (हिन्दी) é un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro da India. É unha lingua indoeuropea, da familia Indoirania. Evolucionou a partir dos idiomas prákritos da Idade Media (indoario medio) e, indirectamente, do sánscrito, do cal toma gran parte do vocabulario técnico, relixioso e xurídico. A consecuencia da influencia musulmá no Norte da India, contén tamén un elevado número de empréstitos do persa, do árabe e do turco.
Hindi हिन्दी | ||
---|---|---|
Falado en: | India | |
Rexións: | Sueste asiático | |
Total de falantes: | 480 millóns nativos, 800 millóns ao todo | |
Posición: | 4 | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Indoaria Hindi | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | India | |
Regulado por: | Central Hindi Directorate | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | hi | |
ISO 639-2: | hin | |
SIL: | HIN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O hindi é o cuarto idioma máis falado no mundo, despois do inglés. Preto de 500 millóns de persoas falan hindi como primeira lingua e o número total de persoas que o entenden pode superar os 800 millóns.
Por razóns de rivalidade político-relixiosa entre a India e Paquistán, vense considerando como un idioma diferente do urdú (que é o idioma oficial de Paquistán). Mais na súa forma coloquial ambos os dous son mutuamente intelixíbeis, sendo desde un punto de vista lingüístico variedades dun mesmo idioma. As súas diferenzas redúcense basicamente ao sistema de escrita, que no caso do hindi usa o alfabeto devanágari, mentres o urdú emprega o alfabeto árabe. Ambos e dous idiomas tamén se diferencian na súa terminoloxía culta, que no hindi se colle xeralmente do sánscrito (xa que os indios que o falan son na súa maioría hindús), mentres que en urdú os cultismos son principalmente de orixe persa-árabe (pois a maior parte dos usuarios son musulmáns).
Antes da partición da India, entre a India e Paquistán, en 1948, o hindi e o urdú falados eran considerados o mesmo idioma, ou hindustano. Desde a partición, o "hindi padrón" desenvolveuse substituíndo as palabras de orixe árabe e persa por vocábulos do sánscrito.
A escrita devanágari, de tipo semi-silábico, está constituída de signos consonánticos que comportan unha vogal por defecto, susceptíbel de ser modificada ou suprimida por signos anexos.
Consoantes | oclusiva xorda | oclusiva xorda aspirada | oclusiva sonora | oclusiva sonora aspirada | nasal | semivogal | fricativa | aspirada | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
velar | deva. | क | ख | ग | घ | ङ | ह | ||
trans. | k | kh | g | gh | ṅ | h | |||
AFI | /k/ | /kʰ/ | /g/ | /gʱ/ | /ŋ/ | /h/, /ɦ/ | |||
palatal | deva. | च | छ | ज | झ | ञ | य | श | |
trans. | c | ch | j | jh | ñ | y | ś | ||
AFI | /tʃ/ | /tʃʰ/ | /dʒ/ | /dʒʱ/ | /ɲ/ | /j/ | /ç/, /ʃ/ | ||
retroflexa | deva. | ट | ठ | ड | ढ | ण | र | ष | |
trans. | ṭ | ṭh | ḍ | ḍh | ṇ | r | ṣ | ||
AFI | /ʈ/ | /ʈʰ/ | /ɖ/ | /ɖʱ/ | /ɳ/ | /r/ | /ʂ/, /ʃ/ | ||
dental | deva. | त | थ | द | ध | न | ल | स | |
trans. | t | th | d | dh | n | l | s | ||
AFI | /t̪/ | /t̪ʰ/ | /d̪/ | /d̪ʱ/ | /n/ | /l/ | /s/ | ||
labial | deva. | प | फ | ब | भ | म | व | ||
trans. | p | ph | b | bh | m | v | |||
AFI | /p/ | /pʰ/ | /b/ | /bʱ/ | /m/ | /ʋ/ |
Vogais | gutural | palatal | labial | dental | palatogutural | labiogutural | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
curta | independente | अ | इ | उ | ऋ | ए | ओ |
diacrítico | inherente | ि | ु | ृ | े | ो | |
trans. | a | i | u | ŕ | e | o | |
AFI | /ə/ | /ɪ/ | /ʊ/ | /r/ | /e/ | /o/ | |
longa | independente | आ | ई | ऊ | ऐ | औ | |
diacrítico | ा | ी | ू | ै | ौ | ||
trans. | ā | ī | ū | ai | au | ||
AFI | /a/ | /i/ | /u/ | /ɛ/ o /æ/ | /əʊ/ |
A orde normal de palabras nunha frase é SOV (Suxeito-Obxecto-Verbo). Mais se as posposicións van unidas con nomes, a orde en Hindi-Urdú tórnase máis libre que en inglés, pero non tanto como en latín ou sánscrito. A alteración da orde das palabras serve (xunto co ton da fala) tamén para mudar a énfase da frase. Se o suxeito é un nome, o adxectivo pode ir antes do mesmo (na posición atributiva) ou entre o nome e o verbo (na posición predicativa, mais só se o verbo é होना /hoː.naː/ ser). Se o suxeito é un pronome o adxectivo vai en posición predicativa. O lugar entre o suxeito e o verbo pode ir ocupado por adverbios, frases instrumentais, frases en dativo, frases en locativo etc. A orde das palabras - ao contrario que en inglés ou francés - non precisa ser reinvertido nas oracións interrogativas. As preguntas poden formularse colocando o pronome interrogativo क्या /kjaː/ no inicio mesmo da frase. As oracións interrogativas máis formais poden realizarse colocando a partícula negativa न /nə/ ao final da frase. Isto indica unha pregunta educada (sen necesidade de usar "por favor"). Porén a partícula negativa vai diante do verbo. Certas partículas resaltan a palabra que as segue inmediatamente, p.ex., ही /hiː/ (só, soamente, como partícula enfática), भी /bʱiː/ (tamén), तक /t̪ək/, तो /t̪oː/, भर /bʱəɾ/ etc. As cláusulas nominais están a miúdo unidas pola conxunción कि /ki/ (lit., que, de orixe persa).
As oracións compostas (aquelas con dous ou máis cláusulas simples de importancia similar) están, polo corrente, unidas por conxuncións como और /ɔːɾ/ — e, या /jaː/ — ou, लेकिन /leː.kin/ — mais, pero, इसलिये /is.li.jeː/ — por iso, वरना /vəɾ.naː/ — doutro xeito, outramente etc. Ás veces son utilizadas conxuncións dobres se son precisas, p.ex.: न … न /nə/ … /nə/ — nen … nen.
Hai no galego algunhas palabras hindis, así «bengala», «bungalow», «xungla», «ponche», «pixama», «xampú»,... Na súa maioría entraron no galego modernamente por intermediación do inglés, portugués ou castelán.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.