Remove ads
sistema de escritura From Wikipedia, the free encyclopedia
Un alfasilabario (ou semisilabario) é un conxunto de signos utilizados para representar os fonemas dunha lingua. Situado a medio camiño entre un silabario e un alfabeto, consiste en signos que representan sílabas dotadas dunha vogal por defecto e outros signos, moitas veces anexos, que modifican, substitúen ou suprimen esa dita vogal por defecto.
Pódese explicar este principio de funcionamento por medio dun exemplo ficticio: sexa un grafema consonántico dado nun alfasilabario, notado K. Este grafema lese normalmente como unha sílaba composta dunha consoante (aquí /k/) seguida da vogal por defecto (no noso exemplo un /a/). Se se quere escribir /ka/, é suficiente cun so signo K. Pero para escribir /ki/, haberá que botar man dun signo anexo engadido ao grafema K: K+i. Para escribir /k/ so (nun grupo consonántico, en final de palabra,...) é necesario un terceiro signo, que nota a ausencia de vogal por defecto (signo representado no noso exemplo por *): K+*. Un tal signo é denominado a miúdo halant (palabra sánscrita para este signo nas escrituras da India) ou asasina (tradución de halant) e dise que a consoante esta "desvocalizada". Finalmente, para escribir i sen o soporte dunha consoante, é necesario un cuarto signo, o dun /i/ independente (notado I no noso exemplo). Recapitulando:
Ao final, son precisos catro signos diferentes (K, i, * et İ) onde, nun alfabeto, son necesarios tres (k, a et i).
Pódese ilustrar este modo de funcionamento polos mesmos exemplos escritos dun alfasilabario como o devanágari :
Nótanse de paso moitos trazos característicos dos alfasilabarios:
Hai que notar que moitos alfasilabarios derivan de escrituras utilizadas nas linguas da India (como o brāhmī ou o devanágari) e que é nesta rexión do globo onde se atopan máis alfasilabarios diferentes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.