grafema único que denota un lema completo From Wikipedia, the free encyclopedia
Un logograma (do grego λόγος, « palabra » e γράμμα, « carácter, letra ») é un grafema único que denota un lema completo e non soamente unha parte dos seus fonemas. Na maioría dos casos nada indica, nun logograma, o seu significante (como debe ser pronunciado). Noutros termos, é un signo único escrito que representa unha palabra completa, con independencia da lingua.
Un logograma que denota un elemento abstracto da realidade (como unha noción, un morfema ou un lema) é un ideograma. O que representa directamente, debuxándoo, un elemento concreto da realidade é un pictograma. Logograma non debe ser confundido con logotipo.
As linguas occidentais con alfabeto latino teñen unha parte moi escasa de logogramas na súa escritura. Porén, entre os logogramas empregados, algúns son de uso moi corrente.
É o caso das cifras chamadas « árabes », por exemplo. En efecto, se collemos o logograma 1, este corresponde en cada lingua a un significante diferente. Dado que estas cifras se empregan case en todo o mundo, o número de significantes que 1 pode representar é moi importante:
Ademais, na serie de logogramas como 10, 1 xa non se le un, one etc. senón que o conxunto se le, na mesma orde, dez, dix, ten, diez, عَشْرَة ʿašraʰ, jū etc.
Á parte das cifras, hai outros logogramas coñecidos:
Os logogramas teñen a característica de permitiren unha grande intercomprensión escrita: un prezo escrito por un polaco será comprensíbel a un vasco sen que este poida necesariamente pronuncialo en polaco.
Ademais, os sinogramas (e tamén os kanji e os hanja) baséanse principalmente sobre o sistema logográfico: a intercomprensión escrita permanece posíbel, en graos diversos, entre locutores de linguas moi diferentes como o xaponés ou o mandarín. Un chinés ha ler, por exemplo, o carácter 貓 māo mentres que para un xaponés representará neko. Os dous han comprender « gato ». Concíbese ademais que unha escritura logográfica implica un gran número de grafemas diferentes para representar todos os lemas do léxico (por outra banda é falso pensar que a cada lema lle corresponde un carácter único, ver sinograma).
A principal dificultade destas escrituras é que fronte a un carácter descoñecido, e segundo a súa complexidade, un lector pode non ser capaz de adiviñar o seu senso, a pronunciación, mesmo ámbolos dous, mentres que cun alfabeto é posíbel, a través dun número limitado de signos, descifrar a pronunciación da maioría das palabras dunha lingua e ligar a súa grafía a un significante, que pode chamar polo significado.
Por exemplo, non hai que aprender especificamente a ler e escribir a palabra francesa chat (gato) para sabelo pronunciar. En todo caso, a única dificultade reside no coñecemento ou non do feito de que a consoante final é muda: todo francófono pode ler /ʃa/ (ou /ʃat/, por erro) e ligar estes sons ao significado correcto.
Para os chineses, pero tamén para os xaponeses e os coreanos, a dedución do significante e do significado de 貓 vese facilitada polo feito de que a parte dereita se corresponde á onomatopea do berro do gato e a parte esquerda á clave que representa un animal con poutas. Porén, a parte fonética deste ideo-fonograma lese miáo e non māo e a clave só de maneira xeral indica que se trata dun animal con poutas, que son moi numerosos. Sería xa que logo esaxerado afirmar que tanto o significante como o significado se deducen « naturalmente » da lectura.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.