familia de mamíferos da orde dos carnívoros From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos félidos (Felidae) é unha familia de mamíferos da orde dos carnívoros,[1] e suborde dos feliformes.
Félidos Felidae Rango fósil: oligoceno - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ocelote (Leopardo pardalis) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Distribución mundial dos félidos En azul, distribución dos felinos. En verde, distribución dos panterinos. | |||||||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Carnívoros altamente especializados, os félidos caracterízanse polo seu corpo esvelto, coa cabeza curta e fociño moi curto, os ollos son grandes, e as orellas de tamaño mediano, ás veces rematadas nunha guedella de pelos; as patas son de medianas a longas. A cola é de curta a moi longa, segundo as especies, xeralmente cuberta de pelo curto, e ás veces cunha guedella terminal. A súa dentición está formada por un número reducido de dentes (de 28 a 30), estreitos, con bodos afiados, os cairos están sempre ben desenvolvidos, e os molares adaptados para esgazaren a carne. Co seu oído agudo e a súa excelente vista, son os mamíferos cazadores máis sixilosos, grazas á configuración dos seus pés que lles permiten, á excepción do guepardo e algunha especie máis, retraeren as súas unllas dentro dunhas vaíñas das gadoupas mentres non as usan. O pene presenta un óso, reducido ou non. Presentan glándulas perianais, e as femias teñen de 4 a 8 tetos.[2][3]
A súa pelaxe é variada, dependendo da especie, e ofrece unha eficaz protección térmica. É suave, curta ou mediana, ás veces mais longa nas meixelas ou cunha melena no pescozo, nos ombros e no ventre.[3]
Os verdadeiros gatos (subfamilia dos felinos) son de tamaño pequeno ou mediano, moi similares entre si polos seus trazos xerais, e caracterízanse anatomicamente polo seu aparato hioideo oseo que lles permite emitir tan só débiles gritos. Os membros da outra subfamilia, a dos panterinos, ademais de seren de maior tamaño, poden ruxir, porque o seu aparato bucal está suspendido dun hioide cartilaxinoso que se pode mover libremente.[2][4]
Os fédidos encóntranse en todos os tipos de hábitats, pero moitas especies están adaptadas a ambientes particulares. Distribúense pola maior parte do mundo, agás en Madagascar, Australasia e a Antártida, e están particularmente ben representados en África, onde se poden distinguir tres grupos de subfamilias ben caracterizados.[3][5]
Algúns adáptanse a contornos desérticos, outros a zonas húmidas, e algúns a terreos montañosos de grande altitude. As especies que viven en bosques son xeralmente áxiles gabeadoras.[6]
Moitas des especies escasean na actualidade, porque foron obxecto de caza pola súa pel, para aproveitar partes do seu corpo, ou porque o seu hábitat foi, e esta a ser, destruído. O paradigma é o lince ibérico (Lynx pardinus), o félido en maior perigo de extinción.
Integran a familia catro subfamilias, con dezanove xéneros e ao redor de corenta especies,[3] entre elas o león, o tigre, os gatos domésticos e monteses, os linces, o puma, o xaguaretc.
Os félidos, agás o león son animais xeralmente solitarios e de hábitos nocturnos. Pero o patrón de actividade das especies pode variar de nocturno a crepuscular e diúrno, dependendo das súas especies de presas preferidas.[6]
Todas as especies son carnívoros obrigados e, xa que logo, requiren carne. A maioría consome exclusivamente carne de pequenas, medianas ou grandes presas, e algúns comen peixes,[3][6] e ignoran calquera outra comida que non sexa unha presa viva. Capturan ás súas vítimas coas súas afiadas garras, e adoitan matalas dunha única trabada.
Porén, os gatos domésticos asilvestrados forman colonias. E sábese que os machos dos guepardos viven e cazan en grupos.[6]
A familia foi descrita en 1867 polo naturalista, paleontólogo e anatomista saxón, nacionalizado ruso, Gotthelf Fischer von Waldheim (1771-1853), na páxina 372 dun traballo publicado no número 5 das Mém. Soc. Imp. Nat. Moscow.[7]
O nome Felidae está formado pola raíz Fel- do seu xénero tipo, Felis, descito en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae, coa adición do sufixo -ǐdae, utilizador para formaren os nomes das familias de animais.
Ademais de polo nome que lles impuxo Fischer von Waldheim, a familia coñeceuse tamé polos sinónimos seguintes:[7]
Na actualidade, a maioría dos autores recoñecen dentro de da familia as seguintes subfamilias, xéneros e especies:[8]
Familia Felidae Fischer de Waldheim, 1817.[8][9]
Ademais, existen dúas subfamilias extintas:
Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[7][16] Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.[17]
Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.[18] E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, o Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.[19]
Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata.[20] Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:
Porén, aínda hoxe moitos autores recoñecen a Profelis como xénero independente.[21]
A familia dos Felidae xurdiu en Eurasia durante o Oligoceno, posiblemente a partir da familia dos Miacidae.
Estes primeiros félidos de pequeno tamaño foron expandíndose, alcanzando África e Norteamérica a principios do Mioceno.
No Mioceno medio diversificáronse, aparecendo os chamados dentes de sabre (Machairodontinae), os felinos e os panterinos, que se dispersaron por Eurasia, África e Norteamérica.
A finais do Plioceno chegaron tamén a Suramérica durante o denominado Grande Intercambio Americano.[22]
As relacións filoxenéticas dos félidos existentes na acutalidade móstranse no seguiente cladograma, baseado nos estudos das análise de filoxenética molecular de Johnson et al. (2006), [23] no que se expresan as liñaxes, os xéneros e as especies.
Felidae |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O xaguarundi, como especie, foi descrito en 1803 por Étienne Geoffroy Saint-Hilaire, co nome de Felis yagouarondi. En 1809 Lacépède modificou o nome específico por yaguaroundi e, en 1816, Desmarest, por yagouaroundi. En 1858 foi reclasificado por Severtzov dentro do novo xénero Herpailurus, como Herpailurus yagouarondi.[24]
Nos últimos anos do século XX e primeiros do XXI as especies xaguarundi (yagouaroundi) e puma (concolor) foron consideradas pola maíoría dos autores como monofiléticas e situadas conxuntamente no xénero Puma.[24][25]
Pero na década de 2010 os expertos da UICN separáronas, colocando ao puma como único membro do xénero Puma, e ao xaguarundi como única especie do xénero Herpailurus.[26][27]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.