Especie de felino From Wikipedia, the free encyclopedia
Felis silvestris é unha especie de mamífero carnívoro da suborde dos feliformes, familia dos félidos e subfamilia dos felinos, unha das integradas no xénero Felis, que habitan en Eurasia e África, e que é coñecida vulgarmente como gato bravo,[2][3][4] gato fero,[3][4] gato do monte,[3][4] gato montés,[2][3][4] gato salvaxe,[4] ou gato silvestre.[5]
Felis silvestris Gato bravo, gato montés | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gato montés europeo Felis silvestris silvestris | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Felis silvestris Schreber, 1777 | |||||||||||||||||||||||||
Área de distribución das subespecies de Felis silvestris. Felis silvestris silvestris, en verde claro, distribución historica; en verde escura, a actual | |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
|
Ten varias subespecies, entre elas o gato montés europeo (Felis silvestris silvestris) e o gato montés africano (Felis silvestris lybica).
Pode hibridarse cos gatos domésticos que foron abandonados na natureza e que volveron ao estado salvaxe.
A especie foi descrita en 1775 polo médico, botánico e zoólogo alemán Johann Christian Daniel von Schreber, nun traballo publicado en Die Säugethiere 3 (23): 397.[6]
Aínda que antigamente se describiron moitas máis (o MSW recoñece 22),[6][7] segundo estudos de ADN realizados en 2007, hai seis subespecies de gatos monteses:[8]
O gato montés africano (Felis silvestris subespecie lybica) é menos tímido que outras subespecies de gatos monteses, o que facilitou a súa domesticación e deu orixe a todos os gatos domésticos (Felis silvestris subespecie catus).
É un felino de pequeno tamaño, e o antecesor salvaxe dos gatos domésticos (Felis silvestris catus).
Os gatos salvaxes xeralmente son de constitución máis robusta cá dos seus parentes caseiros. Adoiten ser dunha cor predominante parda agrisda ou atigrada, máis clara e ocrácea nas partes inferiores, con catro raias negras lonxitudinais na fronte, que converxern nunha liña que percorre todo o dorso. Os espécimes das Baleares, de Sardeña e de Córsega teñen un aspecto máis parecido ao do gato doméstico.[7]
Os espécimes da subespecie europea (Felis silvestris silvestris) teñen unha capa de pelo máis mesta e a cola máis poboada e ancha que a do gato doméstico, coa punta negra e, polo menos, dúas franxas negras anchas canda ela.[7]
O gato montés europeo ás veces pode ser confundido cun un gato doméstico asilvestrado de capa parda raiada pero, no caso da forma europea, pode diferenciarse pola súa mesta cola, máis robusta e ancha, con terminación arredondada, e con polo menos tres aneis negros completamente pechados.[7] A única proba morfolóxica indudabel para distinguir ao gato salvaxe do doméstico é a medida da capacidade cranial, lixeiramente maior no primeiro.[Cómpre referencia]
Os gatos silvestres áchanse nunha ampla variedade de hábitats, desde desertos e matogueiras até bosques secos e mixtos, ausentes só da selva e nos bosques de coníferas. Os gatos salvaxes europeos están asociados principalmente ao bosque e atópanse en maior número en bosques de follas anchas ou mixtas con densidades baixas de humanos. Tamén se atopan en matogueiras mediterráneas, bosques de ribeira, límites das marismas e ao longo das costas. Evítan zonas de cultivos intensivos. Os gatos salvaxes africanos encóntranse por todas partes fóra da selva tropical.[10]
A área de distribución do gato montés euroasiático abarca Europa, Oriente Medio, o sur e centro de Asia e gran parte de África.[7] A subespecie europea (Felis silvestris silvestris) está distribuída desde o Cáucaso e Anatolia por toda a Europa central e meridional, chegando polo norte até Escocia e ás proximidades do mar do Norte e do mar Báltico.
O gato salvaxe vive en bosques, e en lugares pouco degradados e afastados dos núcleos urbanos. Tipicamente forestal, pode ocupar, así mesmo, as malezas e as matogueiras densas que lle ofrecen suficiente cobertura, así como as zonas con abrigos rochosos.[7][11]
Fóra do período en que alimenta á súa camada, o gato montés euroasiático é un animal solitario, cuxo territorio pode abarcar uns 2 km². É de carácter esquivo, territorial, vespertino e nocturno, o que dificulta notabelmente o seu estudo. Moi arisco e agresivo, evita a presenza humana, polo que é difícil de ver. Porén, na época de celo, os machos poden buscar femias domésticas nos arrededores de casas e granxas.[Cómpre referencia]
Sobre todo nocturno, é activo especialmente ao amencer e á noitiña; a media noite adoita descansar. Corre, gabea e salta moi ben. Non nada se non é necesario. O seu agocho pode ser un burato entre rochas, un tronco de árbore oco, unha galería no chan ou simplmente entre arbustos. Miaña (toma de contacto con conxéneres), rosma (signo de benestar) e funga (para expresar agresividae), como o gato doméstico, aínda que con maior intensiade. Durante a época de apareamento o macho emite sons como ouveos.[11][12]
A súa alimentación é case exclusivamente animal: pequenos mamíferos, do tamaño até o dun coello ou unha lebre, crías de corzo ou adultos enfermos, roedores e outros micromamíferos, invertebrados, algúns réptiles, paxaros e anfibios. Excepcionalmente tamén consome froitos.[12]
O apareamento do gato montés ten lugar a principios de marzo; nas zons meridionais é algo máis pronto (febreiro), e nas setentrionais algo máis tarde. A xestación dura de oito a nove semanas, ao cabo das cales a femia pare de dúas a cinco crías, que son amamentadas até uns dous meses; os gatiños abren os ollos a metade as primeira semana de vida, e empezan a inxerir alimento sólido e a abandonar o agocho a parir da quinta semana. Aos tres meses saen por primeira vez a cazar, guiados pola nai. Independízanse e abandonan á nai aos catro ou cinco meses. Alcanzan a madurez sexual ao final do seu primeiro ano de vida. A súa esperanza de vida é de até uns 16 anos.[12]
O gato salvaxe euroasiático foi exterminado polo ser humano en numerosas rexións de Europa. Historicamente, a perda de hábitat provocou descensos moi grandes en Europa e Rusia desde o século XVIII até mediados do século XX.[10] Porén, os gatos salvaxes poden abundar en zonas cultivadas que aumentan as densidades de roedores,[13] aínda que estas son as zonas nas que se produce a hibridación con gatos domésticos.
A especie encóntrase protexida desde hai varios anos mediante a súa inclusión nos anexos do convenio CITES.[14]
Na Península Ibérica a súa distribución e o seu número reducíronse enormemente; historicamente ocupaba a práctica totalidade do territorio ibérico, e na actualidade segue presente en practicamente todas as provincias españolas e os distritos portugueses, pero só en zonas de bosque.[15]
Crese que a súa poboación europea está en franca regresión aínda que, quizais pola dificultade de estudo mencionada, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) inclúe o seu status na súa Lista vermella como LC (pouco preocupante).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.