Mar de Aral
mar interior da Asia Central From Wikipedia, the free encyclopedia
mar interior da Asia Central From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar de Aral é un mar interior da Asia Central, situado entre os 53° e os 56° de latitude norte e entre os 58° e os 62° de lonxitude leste. Está situado entre Casaquistán ao norte e Uzbekistán ao sur, é un grande lago de auga doce que estivo considerada como a cuarta extensión de auga doce da Terra.
Tipo | former lake (en) Lago salgado lago | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | área do mar Mediterráneo | |||
Localización | ||||
País da cunca | Casaquistán, Uzbekistán, Afganistán, Turkmenistán e Taxiquistán | |||
División administrativa | Casaquistán | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Altitude | 31 m | |||
Profundidade | máximo: 42 m Media: 8,7 m | |||
Dimensións | 284 () × 428 () km | |||
Superficie | 8.303 km² 68.000 km² | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 690.000 km² | |||
A inicios do século XXI atópase en grave degradación ao ser desviada durante décadas a auga dos dous ríos tributarios, Amur Daria e Sir Daria, con fins agrícolas, o que provocou que perdese unha gran parte da súa superficie e maior aínda do seu volume de auga.
En 1960 cubría 68 000 km²[1], sendo o 4º maior lago do mundo. En 2000, a súa superficie xa estaba dividida en dúas partes. A separación entre o Pequeno mar ao norte e o Grande mar ao sur data de 1989. A evolución actual predí a desaparición total do segundo por volta de 2025.
A diminución do volume de auga no Mar de Aral é considerado un dos maiores desastres ambientais e humanos da historia.
Recibindo auga de dous ríos, o Amur Daria e o Sir Daria, o Mar de Aral foi secando progresivamente. As nacentes dos dous ríos é nas altas montañas que fan parte do sistema do Himalaia e que distancian cerca de 1000 km da foz. Durante toda esta extensión, sucesivas drenaxes feitas polo goberno soviético nas repúblicas da Asia Central a partir de 1920 fixeron que o fluxo dos ríos no mar diminuíse considerabelmente (o 90% do caudal no río Syr-Daria). As drenaxes feitas con propósitos de irrigación de culturas de algodón no Uzbekistán, e arroz no Casaquistán, en pleno deserto. Os fluxos acumulados en anos normais dos dous ríos pasaron de 60 km³; na década de 1950 a 38,5 km³; en 1970, 10 km³; en 1975 e 1,3 km³; en 1986.
Na década de 1960, o mar de Aral tiña unha superficie de 66,5 mil km², con profundidade media de 16 metros e salinidade de 1/3 máis baixa que a rexistrada xeralmente nos océanos. Dous ríos principais vertían as súas augas no Aral: o Amu Daria, ao sur e o Sir Daria a nordeste. Por ano proporcionaba 40 mil toneladas de pesca, e era unha rica fonte para a variedade biolóxica da rexión. Nesta mesma década, as autoridades soviéticas intensificaron a política de irrigación, utilizando as augas dos ríos. A meta era cultivar 7 millóns de hectáreas da Asia Central na cultura do algodón. Ese sistema de cultivo tornou en pouco tempo o Uzbekistán no cuarto maior produtor e no segundo exportador mundial do “ouro branco”. Tal éxito económico provocou enormes danos ao medio ambiente e ás poboacións da rexión, especificamente para mais de 1 millón de persoas da Karakalpakia, república autónoma do Uzbekistán.
O nivel do Mar de Aral baixou 22 m desde 1960 e perdeu o 60% da súa superficie, e o seu volume pasou de 1000 km² a 650 km² de 1960 a 1990. O litoral recuou mais de 80 km. En 1990 mais do 90% das terras húmidas ao redor da rexión secaron. Cara a mediados dos anos 2010, a parte sur do lago estaba virtualmente seca (no 2014 o lóbulo leste da parte sur do lago desapareceu[2]). Iso, despois de terse construído unha presa en 2005, "Kok-Aral" para restablecer os niveis de auga na parte norte do lago[3], con bos resultados[4], aínda que non se prevé que acade os niveis de partida.[5]
Mentres, prodúcense fenómenos como a creación dun novo deserto no que antes era a súa superficie mariña[1] ou tormentas de area no mesmo contorno.[6]
O documental Aral, el mar perdido de Isabel Coixet trata esta desertización.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.