xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Caracal é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.[1]
O xénero foi descrito en 1843 polo naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés John Edward Gray, nun traballo publicado en List. Spec. Mamm. Coll. Brit. Mus.: 46.[1]
O nome caracal entrou nas linguas modernas en 1760 a través do francés como un préstamo do turco karakulak, formado pola unión das palabras kara, 'negro' e kulak, 'orella'.[2] E de aí o tomou Gray para o latín científico.
Ademais de polo nome hoxe en día válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[1][4]
Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.[5]
Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.[6]
E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.[7]
Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata.[8] Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:
Pola súa parte, W. E. Johnson e colaboradores, engaden tamén ao serval nesta lista:[6][9]
Son felinos de tamaño mediano que viven en sabanas e zonas semidesérticas de África e, no caso do caracal, tamén no oeste de Asia.
Cazan e aliméntanse de pequenos mamíferos, como lebres, roedores, damáns e incluso crías de antílopes, pero as súas presas preferidas son as aves.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.