Lynx canadensis
especie de lince From Wikipedia, the free encyclopedia
especie de lince From Wikipedia, the free encyclopedia
Lynx canadensis, coñecido na bibliografía internacional como lince do Canadá ou lince canadense, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das catro integradas no xénero Lynx.[2]
Lynx canadensis Lince do Canadá, lince canadense | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Lynx canadensis Kerr, 1792 | |||||||||||||||||||||
Área de distribución do Lynx canadensis | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
É unha das dúas especies de linces que habitan en América do Norte. A outra é o lince vermello (Lynx rufus), que se encontra desde o sur do Canadá até o sur de México. O lince canadense, pola contra, habita máis ao norte, na taiga do Canadá e Alasca, aínda que tamén se encontra nos bosques de Idaho, Montana e Washington e, de forma máis rara en Utah, Minnesota e Nova Inglaterra.
O seu parente máis próximo é o Lynx lynx, aínda que pode cruzarse con éxito con calquera das outras tres especies do xénero Lynx.
O lince do Canadá desapareceu ou reduciu as súas poboacións en varios lugares debido á caza para conseguir a súa aprezada pel, ou á destrución do seu hábitat. Porén, a UICN non considera que esta especie estea en perigo na actualidade.
A especie foi descrita en 1792 polo médico e naturalista escocés Robert Kerr, nun traballo publicado en Linnaeus, Anim. Kingdom 1: 157.[2]
O epíteto específico, canadensis, fai alusión á súa área de distribución.
Describíronse as seguintes subespecies:[2]
Houbo debates sobre se clasificar esta especie como Lynx canadensis ou Felis canadensis, que é parte dunha cuestión máis ampla con respecto a se as catro especies de lince deben situarse no seu propio xénero, ou colocarse como un subxénero de Felis,[3][4] pero o xénero Lynx é actualmente aceptado.[2]
Alcanza os 90 cm de alto, só superado en tamaño por algunhas subespecies do lince común. A pelaxe é amarelada ou parda clara, e os seus pelos son largos, co fin de defenderse do frío, especialmente en inverno. Normalmente non presentan manchas ou téneñas en moi pouca cantidade, concentrándose nas patas. Os machos son máis grandes que as femias.
Adoita alimentarse de pequenos mamíferos, especialmente de lebres (observouse un ciclo de progreso e declive cíclicos similares no lince canadense e a lebre ártica), pero tamén de roedores, aves e, ocasionalmente, cervos e caribús. Acostuman a cazar de noite nos seus grandes territorios, que defenden de posíbeis intrusos.
As femias paren de 1 a 5 cachorros en primavera.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.