Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert Kerr, nado en Roxbourghshire, Escocia en 1755 e finado en Edimburgo, Escocia o 11 de outubro de 1813, foi un médico, naturalista, escritor e tradutor escocés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1757 Roxburghshire, Reino Unido (en) |
Morte | 11 de outubro de 1813 (55 anos) Edimburgo, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Greyfriars Kirkyard (pt) |
Educación | Universidade de Edimburgo |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | lingüista, escritor, cirurxián, zoólogo, historiador, tradutor, biólogo |
Xénero artístico | Ensaio |
Obra | |
Obras destacables | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Kerr |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Fillo de James Kerr, un xoieiro, estudou Medicina na Universidade de Edimburgo. Nesa cidade exerceu como cirurxián no Edinburgh Foundling Hospital.
Traduciu ao inglés numerosas obras científicas, como o Traitée Elémentaire de Chimie de Antoine Lavoisier, en 1789.
En 1792 publicou The Animal Kingdom (O reino animal), primeiro de dous volumes dunha tradución dos catro tomos do Systema Naturae de Linneo. A pesar de que nunca publicou os dous volumenes restantes, a súa obra é habitualmente citada como fonte taxonómica para unha gran cantidade de especies.
Traduciu, en 1789, un traballo de Berthollet sobre o hipoclorito de sodio e, entre 1793 e 1800 a Historie Naturelle des Quadrupèdes Ovipares et des Serpens (Historia natural dos cuadrúpedes ovíparos e as serpentes), de Lacépède (parte da xigantesca Historia Natural de Buffon).
En 1794 abandonou a cirurxía para dirixir unha fábrica de papel, actividade na que perdeu a maior parte da súa fortuna. Aguillado pola necesidade económica, intentou de novo prosperar como escritor a partir de 1809, publicando varias obras menores como "General View of the Agriculture of Berwickshire" (Visión xeral da ericultura de Berwickshire) e, en 1811, unha History of Scotland during the reign of Robert Bruce (Historia de Escocia durante o reinado de Robert Bruce).
O seu último traballo foi unha tradución de Recherches sur les ossements fossiles de quadrupedes" (Investigacións sobre as osamentas fósiles de cuadrúpedes) de Cuvier, que foi publicada en 1815, despois da morte de Kerr, baixo o título de Essays on the Theory of the Earth.
Entre as súas obras está un monumental estudo histórico en dezaoito volumenes, titulado A General History and Collection of Voyages and Travels - Arranged in Systematic Order: Forming a Complete History of the Origin and Progress of Navigation, Discovery, and Commerce, by Sea and Land, from the Earliest Ages to the Present Time. Kerr comezou a serie en 1811 e os últimos volumes publicáronse postumamente, durante a década de 1820.
A abreviatura Kerr emprégase para indicar a Robert Kerr como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.