From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Machairodontinae son un grupo irmán dos felinos (Felinae). Foron o último grupo supervivente de gatos de dentes de sabre.
Machairodontinae Rango fósil: Mioceno a Plistoceno | |||||
---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||
Extinto | |||||
Clasificación científica | |||||
|
Son unha subfamilia extinta de mamíferos carnívoros da familia Felidae (auténticos "gatos"). Viviron en Asia, África, América do Norte, América do Sur e Europa desde o Mioceno até o Plistoceno. Sobreviviron desde uns 23 millóns até hai uns 11.000 anos.[1]
A subfamilia Machairodontinae incluía o famoso xénero Smilodon. Tamén había outros gatos con cairos que non eran tan longos, como o Homotherium. A adaptación dos dentes de sabre evolucionou varias veces en diferentes liñas de carnívoros. Tiveron moito éxito como depredadores de emboscada.[2]
Os humanos anatomicamente modernos teñen unha antigüidade duns 300.000 anos,[3] polo que os Machairodontinae coexistiron cos primeiros homínidos durante unha ampla gama temporal, especialmente durante o Plistoceno.[4] Os Machairodontinae extinguíronse posiblemente debido a unha combinación de factores, como cambios climáticos que afectaron os ecosistemas, reducindo a dispoñibilidade de presas grandes, competencia con outras especies e perda de hábitats. Un dos primeiros naturalistas en formular hipóteses sobre a extinción masiva da megafauna foi Alfred Russell Wallace a finais do século XIX.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.