Évora
cidade portuguesa, capital do Distrito de Évora From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade portuguesa, capital do Distrito de Évora From Wikipedia, the free encyclopedia
Évora é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Évora. Está situada na rexión de Alentexo, subrexión do Alentejo Central, e conta cunha poboación de 56.596 habitantes (2011).[1] Evora é a única cidade portuguesa membro da Rede de cidades máis antigas de Europa.[2]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Évora | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | Bacelo e Senhora da Saúde (pt) Canaviais (pt) Malagueira e Horta das Figueiras (pt) Nossa Senhora da Graça do Divor (pt) Nossa Senhora da Tourega e Nossa Senhora de Guadalupe (pt) Nossa Senhora de Machede (pt) São Bento do Mato (pt) São Manços e São Vicente do Pigeiro (pt) São Miguel de Machede (pt) São Sebastião da Giesteira e Nossa Senhora da Boa Fé (pt) Torre de Coelheiros (pt) Évora (São Mamede, Sé, São Pedro e Santo Antão) (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 53.577 (2021) (40,99 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.307,04 km² | |||
Altitude | 295 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1166 | |||
Día festivo | ||||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 7000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 266 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Tønsberg (pt) Vidigueira Sines Suzdal (pt) (1986–) Angra do Heroísmo (1988–) Illa de Mozambique (1997–) Chartres (2003–) | |||
Páxina web | cm-evora.pt |
O seu termo municipal é un dos máis grandes de Portugal, con 1.307 km2,[3] subdividido en 19 parroquias, o municipio ocupa o 5% da superficie do Alentejo. A área urbana ocupa 1643 ha. A cidade limita ao norte co municipio de Arraiolos, ao nordés con Estremoz, ao leste con Redondo, ao sueste de Reguengos de Monsaraz, no sur por Portel, ao suroeste por Viana do Alentejo e ao oeste por Montemor-o-Novo.[4] É sede de Distrito e antiga diocese e metrópole eclesiástica (Archidiocese de Évora).[5]
Centro histórico de Évora | |
---|---|
Sé de Évora | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Localización | 38°34′N 07°54′O |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 1986 (10ª Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 361 |
O seu centro histórico, ben conservado, é un dos máis ricos en monumentos de Portugal, o que lle vale o cualificativo de "Cidade-Museo".[6] En 1986, o centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[7]
Évora é o centro dunha rexión mineira e agrícola; nela prodúcese cortiza, mármore, amianto, ferro e cobre. Entre o seu patrimonio destaca o templo romano, a catedral e a capela dos Ossos.[8]
O concello de Évora está situado no medio da gran chaira do Alentexo, de ondulación suave e unha altitude media de 240 metros.
Évora está a unha distancia por estrada de 80 km de Beja, 99 km de Setúbal, a 102 km de Portalegre, 102 km de Badaxoz, 132 km de Lisboa, 163 km de Mérida, 193 km de Cáceres, 227 km de Faro, 290 km de Sevilla, 363 km do Porto, 420 km de Braga, 500 km de Viana do Castelo, 502 km de Vigo, 505 km de Madrid, 515 km de Tui, 540 km de Chaves-Verín, 590 km de Santiago de Compostela e Ourense, 660 km da Coruña e de Lugo.[8]
A rexión de Évora caracterízase polo cultivo extensivo de cereais, con manchas de prados e bosques de sobreiras e carballos. Viñedos, oliveiras e campos de arroz tamén forman parte da paisaxe.
Noroeste: Montemor-o-Novo | Norte: Arraiolos | Nordeste: Estremoz |
Oeste: Montemor-o-Novo | Leste: Redondo | |
Suroeste: Viana do Alentejo | Sur: Portel | Sueste: Reguengos de Monsaraz |
O clima da cidade é tipo mediterráneo, segundo a clasificación climática de Köppen, con precipitacións distribuídas de forma desigual ao longo do ano: as máximas precipitacións prodúcense no inverno; no verán, Évora é a capital do distrito máis quente, seguida da cidade de Beja. A temperatura media anual é de 15,8 °C, pero as variacións mensuais de temperatura son grandes; a media mensual máis alta é en agosto (23,3 °C) e a máis baixa en xaneiro (9,3 °C). A temperatura máis baixa xamais rexistrada foi de -5 °C e a máxima de 44,5 °C fonte: Instituto Portugués de Meteorologia. As tormentas de neve son eventos raros. Un dos últimos ocorreu o 26 de xaneiro de 2006, cando tamén nevou en Lisboa.
O centro histórico de Évora é un dos máis ricos de Portugal, sendo clasificado como Patrimonio da Humanidade desde 1986. Algúns dos seus principais monumentos son:
Nos arredores da cidade pódese atopar o famoso Convento da Cartuxa, aínda habitado por monxes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.