Remove ads
elemento recollido no plan de protección dos bens culturais e naturais do planeta proposto pola UNESCO From Wikipedia, the free encyclopedia
O título de Patrimonio da Humanidade (ás veces Patrimonio Mundial) é concedido pola UNESCO, organización das Nacións Unidas para a Cultura, Ciencia e Educación, a sitios específicos do planeta (exemplos: bosques, cordilleiras, lagos, desertos, edificios, complexos ou cidades) que foron nomeados e confirmados para a súa inclusión na lista mantida polo Programa Patrimonio da Humanidade.
Patrimonio da Humanidade | |
---|---|
Tipo | clasificación patrimonial e designación de conservación |
Na rede | |
http://whc.unesco.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O programa de clasificación adícase a catalogar e preservar lugares de excepcional importancia cultural ou natural, como patrimonio común da humanidade. Os lugares da lista poden obter fondos do World Heritage Fund baixo determinadas condicións. O programa foi fundado pola Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural, adoptado pola Conferencia Xeral da UNESCO de 16 de novembro de 1972.
En setembro de 2023, estaban catalogados un total de 1.199 sitios (933 culturais, 227 naturais e 39 mixtos) en 168 países diferentes. Italia, con 59 sitios, ten máis que calquera país, seguido da China (57), e Francia e Alemaña con cadanseus 52 lugares.[1]
O 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial, instaurado pola UNESCO en conmemoración da firma en París, o 16 de novembro de 1972, da Convención sobre o Patrimonio Mundial Cultural e Natural, que estableceu as bases para desenvolver este tipo de protección sobre os bens culturais e naturais.[2]
A finais de 2004, había seis criterios no eido cultural e catro no natural. En 2005 isto modificouse para que só haxa un grupo de dez criterios. Para ser incluído na lista de Patrimonios da Humanidade un sitio debe ter un "sobresaínte valor universal" e debe satisfacer polo menos un dos seguintes criterios de selección:
Desde 1992 a interacción entre o home e o ambiente é recoñecido como paisaxe cultural.
Galiza conta con tres monumentos Patrimonio da Humanidade e o Camiño de Santiago:
Na listaxe de sitios candidatos a ser escollidos Patrimonio da Humanidade están:
A conservación do Patrimonio Mundial é un proceso continuo. Se un país non protexe os lugares inscritos, corre o risco de que eses lugares sexan retirados da Lista do Patrimonio Mundial. Os países deben informar periodicamente o Comité do Patrimonio Mundial sobre o seu estado de conservación.
Se o Comité do Patrimonio Mundial é avisado sobre posíbeis perigos para un sitio, é incluído na Lista do Patrimonio Mundial en Perigo, co fin de chamar a atención mundial sobre as condicións, naturais ou creadas polo ser humano, que ameazan as características polas cales inicialmente se incribiu o sitio na Lista do Patrimonio Mundial.
[[Ficheiro:Unesco_world_heritage_sites.png | upright = 2.25| dereita |miniatura| Sitios do Patrimonio Mundial da UNESCO {{nowrap | (mapa interactivo)]]
Hai 1092 sitios do Patrimonio Mundial situados en 167 estados. Destes, 845 son culturais, 209 son naturais e 38 son mixtas. O Comité do Patrimonio Mundial dividiu o mundo en cinco zonas xeográficas ás que se chama rexións: África, Estados árabes, Asia e Pacífico, Europa e América do Norte e América Latina e o Caribe.
Rusia e os estados do Cáucaso clasifícanse como europeos, mentres que México e Caribe clasifícanse como pertencentes á zona de América Latina e Caribe, malia a súa situación en América do Norte. As zonas xeográficas da UNESCO tamén fan máis énfase nas asociacións administrativas, en vez de nas asociacións xeográficas. Por iso, Illa Gough, situada no Atlántico Sur, forma parte da rexión de Europa e América do Norte porque o goberno do Reino Unido nomeou o sitio.
A táboa seguinte inclúe unha repartición dos sitios segundo estas zonas e a súa clasificación::[7][8]
Zona/rexión | Cultural | Natural | Mixto | Total | Porcentaxe | Estados con bens inscritos |
---|---|---|---|---|---|---|
África (non inclúe os países dos Estados árabes) | 56 | 42 | 5 | 103 | 8.6% | 36 |
Estados árabes (inclúe ademais unha zona de Xerusalén proposta por Xordania) | 84 | 6 | 3 | 93 | 7.8% | 18 |
Asia e o Pacífico (non inclúe os países dos Estados árabes, nin a Hawái). | 205 | 72 | 12 | 289 | 24.1% | 36 |
Europa e Norte América (non inclúe a México; atópanse neste grupo Israel e Hawái). | 485 | 69 | 11 | 565 | 47.1% | 50 |
Latino América e o Caribe | 103 | 38 | 8 | 149 | 12.4% | 28 |
Total | 933 | 227 | 39 | 1,199 | 100% | 168 |
Esta lista enumera os 23 países con 15 ou máis sitios declarados Patrimonio da Humanidade (2023):
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.