Centro histórico de Évora
Patrimonio da Humanidade en Portugal From Wikipedia, the free encyclopedia
Patrimonio da Humanidade en Portugal From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
O centro histórico de Évora é un espazo urbano intramuros que ten raíces que se remontan á época do Imperio Romano. A cidade aínda conserva, en gran parte da súa área central, vestixios de diversas civilizacións e culturas: celtas, romanos, árabes, xudeus e cristiáns influíron na cultura da cidade. Alcanzou a súa época dourada no século XV, cando se converteu na residencia dos reis de Portugal. A calidade arquitectónica e artística do casarío branco ou decorado con azulexos e varandas de ferro forxado, datadas nos séculos XVI a XVIII, é única. Os monumentos da cidade tiveron tamén unha profunda influencia na arquitectura portuguesa no Brasil.
Tipo | barrio casco vello patrimonio cultural conxunto urbano | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Évora (São Mamede, Sé, São Pedro e Santo Antão), Portugal (pt) | |||
Localización | Santo Antão (pt) | |||
| ||||
Características | ||||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1986 (10ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii) e (iv) | |||
Identificador | 361 | |||
Monumento nacional de Portugal | ||||
Identificador | 11871259 | |||
O centro histórico de Évora, formado por rúas estreitas e prazas, ten unha extensión de 107 hectáreas e está claramente delimitado polas murallas medievais, cunha lonxitude de máis de 3 km.
No lado sur da antiga muralla atópase a Praza do Giraldo, da cal parten as principais rúas en forma radial.
En 1986, o centro histórico de Évora foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.[1][2][3]