Talín
capital de Estonia From Wikipedia, the free encyclopedia
Talín[1] ou Tallin[2] (en estoniano: Tallinn, antigamente: Reval) é a capital e a cidade máis poboada de Estonia. Situada nunha baía do norte do país, na beira do golfo de Finlandia do mar Báltico, ten unha poboación de aproximadamente 461 000 habitantes (segundo datos de 2025)[3] e atópase administrativamente no condado de Harju. Talín é o principal centro gobernamental, financeiro, industrial e cultural de Estonia. Atópase a 187 km ao noroeste da segunda cidade máis grande do país, Tartu; porén, só a 80 km ao sur de Helsinqui, Finlandia, tamén a 320 km ao oeste de San Petersburgo, Rusia, a 300 km ao norte de Riga, Letonia, e a 380 km ao leste de Estocolmo, Suecia. Desde o século XIII ata a primeira metade do século XX, Talín foi coñecida na maior parte do mundo polas variantes do seu outro nome histórico, Reval.[4]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Talín.
Tallinn (et) | |||||||
Localización | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
País | Estonia | ||||||
Condados | Condado de Harju | ||||||
Capital de | Estonia (1991–) | ||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 457.572 (2024) (2.871,13 hab./km²) | ||||||
Xeografía | |||||||
Superficie | 159,37 km² | ||||||
Bañado por | Golfo de Finlandia | ||||||
Altitude | 28 m | ||||||
Datos históricos | |||||||
Creación | Antes de 1154 | ||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
• Alcalde | Mihhail Kõlvart (2019–) | ||||||
Membro de | |||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 10111 | ||||||
Fuso horario | |||||||
Prefixo telefónico | 64 | ||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | Vilnius (1993–) | ||||||
Sitio web | tallinn.ee | ||||||
Talín recibiu os dereitos da cidade de Lübeck en 1248;[5] porén, a evidencia máis antiga de asentamentos humanos na zona remóntase a hai case 5 000 anos.[6] A poboación nativa medieval do que hoxe é Talín e o norte de Estonia foi unha das últimas civilizacións "pagás" de Europa en adoptar o cristianismo despois das cruzadas do norte sancionadas polo Papa no século XIII.[7][4] A primeira reclamación rexistrada sobre o lugar foi presentada por Dinamarca despois dunha incursión exitosa en 1219 dirixida polo rei Valdemar II, seguida dun período de alternancia de gobernantes escandinavos e teutóns. Debido á situación estratéxica á beira do mar, o seu porto converteuse nun importante centro comercial, especialmente entre os séculos XIV e XVI, cando Talín adquiriu importancia como a cidade membro máis ao norte da Liga Hanseática.[4] A cidade vella de Talín é unha das cidades medievais mellor conservadas de Europa e está catalogada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[8]
En 2012, Talín tiña o maior número de novas empresas por persoa entre todas as capitais e cidades máis grandes de Europa.[9] Talín é o berce de moitas empresas internacionais de alta tecnoloxía, incluíndo Skype e Wise.[10][4] A cidade é o fogar da sede da axencia IT da Unión Europea,[11] e do Centro Cooperativo de Excelencia en Ciberdefensa da OTAN. En 2007, Talín figuraba entre as 10 mellores cidades dixitais do mundo,[12] e en 2022 tamén figuraba entre as mellores 10 "cidades europeas medianas do futuro".[13]
Nomes e etimoloxía
O nome de Tallinn ([ˈtɑlʲːinː]) é estoniano. Considerouse amplamente unha derivación histórica de Taani-linna,[a] que significa "castelo danés"[b] (en latín: Castrum Danorum), posiblemente porque os invasores daneses construíron o castelo no lugar do bastión de Estonia despois da batalla de Lyndanisse de 1219.
A saga islandesa de Njáls (composta despois de 1270, pero que describe acontecementos entre 960 e 1020) menciona un acontecemento que ocorreu nalgún lugar da zona de Talín e chama ao lugar Rafala (probablemente unha derivación de Rävala, Revala ou algunha outra variante do nome estoniano do condado estoniano medieval adxacente). Pouco despois da conquista danesa en 1219, a cidade pasou a ser coñecida nas linguas escandinavas e alemás como Reval (en latín: Revalia).
No uso internacional, o Reval[14] en inglés e alemán, así como o análogo en ruso Revel (Ревель) foron substituídos gradualmente polo nome estoniano despois de que o país se independizase en 1918. Ao principio, empregáronse ambas as formas estonianas, Tallinna e Tallinn.[15][16]

Henrique de Livonia, na súa crónica (arredor do ano 1229), chamou á cidade co nome que tamén se sabe que foi empregado polos escandinavos ata o século XIII: Lindanisa (ou Lyndanisse en danés,[17][18][19] Lindanäs en sueco e Ledenets no antigo eslavo oriental).
En 1154, unha vila chamada árabe: قلون (Qlwn[20] ou Quwri[21][22]) quedou rexistrada na descrición do mundo no mapamundi (Kitāb Rūŷar) encargado polo rei normando Roxelio II e compilado polo cartógrafo árabe Muhammad al-Idrisí, quen a describiu como "unha vila pequena cun gran castelo" entre as vilas de 'Astlanda'. Suxeriuse que unha posible transcrición, 'Qlwn', pode denotar un predecesor da cidade moderna[23][24] e pode estar relacionado dalgún xeito cun topónimo Kolyvan, que foi descuberto a partir de crónicas eslavas posteriores.[25][26] Porén, varios historiadores consideraron erróneo, infundado ou especulativo conectar calquera dos topónimos de al-Idrisi co Tallin moderno.[27][5][28][29]
Historia
Os primeiros vestixios arqueolóxicos da presenza dunha pequena comunidade de cazadores-pescadores[6] no que hoxe é o centro da cidade de Talín teñen arredor duns 5 000 anos de antigüidade. A olaría do peite atopada no lugar data do -3 000 e a cultura da olería cordada aproximadamente do -2 500.[30]

Ao redor do ano 1050 construíuse unha fortaleza no que hoxe é o centro de Talín, no outeiro de Toompea.[21]
Como porto estratéxico nunha importante ruta comercial entre Novgorod e Europa Occidental, converteuse nun obxectivo para a expansión dos cabaleiros teutónicos e do Reino de Dinamarca durante o período das cruzadas do norte a principios do século XIII, cando o cristianismo se impuxo pola forza á poboación local. O rei de Dinamarca conquistou Talín e o norte de Estonia en 1219.
En 1285, Talín, daquela coñecida como Reval, converteuse no membro máis setentrional da Liga Hanseática, unha alianza mercantil e militar de cidades dominadas polos alemáns no norte de Europa. O rei de Dinamarca vendeu Reval xunto con outras posesións terrestres no norte de Estonia aos cabaleiros teutóns en 1346. Reval foi sen dúbida o porto medieval máis importante do golfo de Finlandia.[31] Reval gozaba dunha posición estratéxica na encrucillada do comercio entre o resto de Europa Occidental con Novgorod e o Gran Ducado de Moscova no leste. A cidade, cunha poboación duns 8 000 habitantes, estaba moi ben fortificada con murallas e 66 torres de defensa. As murallas da cidade foron descritas como un exemplo destacado da arquitectura de fortificación medieval alemá.[32]
En 1530 colocouse un catavento coa figura dun vello guerreiro chamado Vello Tomás, enriba do chapitel do concello de Talín. O Vello Tomás converteuse máis tarde nun símbolo popular da cidade.

Nos primeiros anos da Reforma protestante, a cidade converteuse ao luteranismo. En 1561, Reval (Talín) converteuse nun dominio de Suecia.
Durante a Gran Guerra do Norte de 1700 a 1721, Talín, asolada pola peste, xunto coa Estonia sueca e Livonia capitularon ante o Tsarato ruso en 1710, pero as institucións locais de autogoberno (a maxistratura de Reval e a cabalaría de Estonia) conservaron a súa autonomía cultural e económica dentro da Rusia Imperial como Gobernación de Estonia. A maxistratura de Reval foi suprimida en 1889. O século XIX trouxo a industrialización da cidade e o porto mantivo a súa importancia.
O 24 de febreiro de 1918 proclamouse en Talín a Declaración de Independencia de Estonia. Foi seguida pola ocupación imperial alemá ata o final da primeira guerra mundial en novembro de 1918, trala que Talín se converteu na capital da Estonia independente. Durante a segunda guerra mundial, Estonia foi ocupada por primeira vez polo exército soviético e anexionada á URSS no verán de 1940, logo ocupada de novo pola Alemaña nazi de 1941 a 1944. Cando as forzas alemás chegarom, quedaban uns 1 000 xudeus na cidade. Case todos os cales morrerían no Holocausto a mans dos nazis antes do fin da guerra.[33] Durante a ocupación alemá Talín sufriu moitos bombardeos aéreos da forza aérea soviética. Durante o bombardeo soviético máis destrutivo do 9 ao 10 de marzo de 1944, máis de mil bombas incendiarias foron lanzadas sobre a cidade, causando incendios xeneralizados, matando a 757 persoas e deixando sen abrigo a máis de 20 000 habitantes. Despois da retirada alemá en setembro de 1944, a cidade foi ocupada de novo pola Unión Soviética.

Durante os Xogos Olímpicos de Moscova de 1980, os eventos de vela (entón coñecidos como náutica) celebráronse en Pirita, ao nordés do centro de Talín. Moitos edificios, como a torre de televisión de Talín, o hotel "Olümpia", o novo edificio da Oficina Principal de Correos e o Centro de Regatas, construíronse para os Xogos Olímpicos.
En 1991, a nación democrática independente de Estonia quedou restaurada e produciuse un período de rápido desenvolvemento como capital europea moderna. Talín converteuse de novo na capital dun país independente de facto o 20 de agosto de 1991. A cidade vella converteuse en Patrimonio da Humanidade en 1997,[34] e a cidade foi sede do Festival da Canción de Eurovisión de 2002.[35] Talín foi a Capital Europea da Cultura de 2011 e recibiu o Premio Capital Verde Europea de 2023.[36] A cidade comprometeuse a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 40% para 2030 e enorgullécse da súa biodiversidade e da súa alta calidade do aire.[37][38] Pero os críticos din que o premio foi recibido por falsas promesas xa que gañou o título co seu concepto de "cidade de 15 minutos", segundo o cal as instalacións e servizos clave deberían estar accesibles nun paseo de 15 minutos a pé ou en bicicleta, pero o concepto quedou fóra do programa de capital verde e outras partes do programa de 12 millóns de euros supoñen unha colección de proxectos temporais e puntuais sen ningún cambio estrutural.[39]
Xeografía


Talin está situada na costa sur do Golfo de Finlandia, no centronorte de Estonia. O principal porto mercante do país atópase en Talín (porto de Muuga).
O maior lago de Talín é o lago Ülemiste (9,44 km²), a principal fonte da auga potábel da cidade. O lago Harku é o segundo maior lago de Talín cunha área de 1,6 km². O único río significativo de Talín hoxe en día é o río Pirita, no distrito da cidade homónimo de Pirita. Historicamente, un río máis pequeno, chamado Härjapea, fluía desde o lago Ülemiste a través da cidade ata o mar, pero o río foi desviado ao sistema de sumidoiros subterráneos na década de 1930 e desde entón desapareceu completamente da paisaxe urbana. As referencias a el aínda permanecen nos nomes das rúas Jõe (de jõgi, que significa río en estoniano) e Kivisilla (de kivi sild, ponte de pedra).
A lonxitude da costa é de 46 km e comprende tres penínsulas máis grandes (Kopli, Paljassaare e Kakumäe). A cidade ten varias praias públicas, incluíndo as de Pirita, Stroomi, Kakumäe, Harku e Pikakari.[40]
O punto máis alto da cidade atópase a 64 metros por enriba do nivel do mar, o cumio está situado en Hiiu, no distrito de Nõmme, no suroeste da cidade. Un gran penedo de pedra caliza atravesa a cidade. Pódese ver en Toompea, Lasnamäe e Astangu. Non obstante, o outeiro de Toompea, a pesar do seu protagonismo, non está xeoloxicamente ligado á formación de cantís calcarios máis grandes.
As rochas e sedimentos debaixo de Talín son de diferente composición e épocas. Os máis novos son os depósitos cuaternarios. Os materiais destes depósitos son till, arxila varvada, area, grava e seixos de orixe glaciar, mariña e lacustre. Algúns depósitos do Cuaternario son valiosos xa que constitúen acuíferos, ou como no caso das gravas e areas, utilízanse como materiais de construción. Os depósitos do Cuaternario son o recheo de vales que hoxe están soterrados. Os vales enterrados de Talín están labrados en rochas máis antigas probablemente por ríos antigos para ser modificados posteriormente polos glaciares. Mentres que o recheo do val está formado por sedimentos do Cuaternario, os propios vales orixináronse pola erosión que tivo lugar antes do Cuaternario.[41] O substrato no que se tallaron os vales soterrados está formado por rochas sedimentarias duras do Ediacárico, do Cámbrico e do Ordovícico. Só a capa superior das rochas do Ordovícico sobresae da cuberta dos depósitos máis novos, aflorando no Klint báltico na costa e nalgúns lugares do interior. As rochas do Ordovícico están formadas de arriba a abaixo por unha grosa capa de caliza e margas, despois unha primeira capa de arxilita seguida dunha primeira capa de arenito e limo e despois outra capa de arxilita seguida tamén de arenito e limo. Noutros lugares da cidade, as rochas sedimentarias duras só se atopan debaixo dos sedimentos do Cuaternario a profundidades que alcanzan os 120 m baixo o nivel do mar. Debaixo da rocha sedimentaria están as rochas do cratón fenoscandiano, incluíndo gneis e outras rochas metamórficas con protólitos de rochas volcánicas e granitos rapakivi. Estas rochas son moito máis antigas que o resto (idade Paleoproterozoica) e non aparecen en ningún outro lugar de Estonia.[41]
Clima
Tallin ten un clima continental húmido (clasificación climática de Köppen Dfb) con veráns cálidos e chuviosos e invernos fríos e nevados.[42]
Datos climáticos para Talín, Estonia (normais 1991–2020 e extremos 1805–presente) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 9,2 | 10,2 | 17,1 | 27,2 | 31,4 | 32,6 | 34,3 | 34,2 | 28,0 | 21,8 | 14,1 | 11,6 | 34,3 |
Media máxima en °C | −0,7 | −1,0 | 2,8 | 9,5 | 15,4 | 19,2 | 22,2 | 21,0 | 16,1 | 9,5 | 4,1 | 1,2 | 9,9 |
Media diaria en °C | −2,9 | −3,6 | −0,6 | 4,8 | 10,2 | 14,5 | 17,6 | 16,5 | 12,0 | 6,5 | 2,0 | −0,9 | 6,4 |
Media mínima en °C | −5,5 | −6,2 | −3,7 | 0,7 | 5,2 | 9,8 | 13,1 | 12,3 | 8,4 | 3,7 | −0,2 | −3,1 | 2,9 |
Temperatura mínima en °C | −31,4 | −28,7 | −24,5 | −12,0 | −5,0 | 0,0 | 4,0 | 2,4 | −4,1 | −10,5 | −18,8 | −32,2 | −32,2 |
Precipitación media mm | 56 | 40 | 37 | 35 | 37 | 68 | 82 | 85 | 58 | 78 | 66 | 59 | 700 |
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) | 12,7 | 10,6 | 9,0 | 7,5 | 7,3 | 9,5 | 9,1 | 10,3 | 10,1 | 12,9 | 12,3 | 13,1 | 124,4 |
Humidade relativa media (%) | 89 | 86 | 80 | 72 | 69 | 74 | 76 | 79 | 82 | 85 | 89 | 89 | 81 |
Media de horas de sol mensuais | 29,7 | 58,8 | 148,4 | 217,3 | 306,0 | 294,3 | 312,1 | 255,6 | 162,3 | 88,3 | 29,1 | 20,7 | 1 922,7 |
Fonte #1: Riigi Ilmateenistus[43][44][45][46][47] | |||||||||||||
Fonte #2: NOAA/NCEI (días de precipitación media 1991–2020)[48] Weather Atlas (índice ultravioleta medio).[49] |
Distritos administrativos

Talín está subdividida en oito linnaosa (distritos) administrativos. Cada distrito ten un linnaosa valitsus (goberno do distrito) que é xestionado por un linnaosavanem (ancián do distrito) que é nomeado polo goberno da cidade. A función dos "gobernos do distrito", porén, non é gobernar directamente, senón que se limita a asesorar ao goberno municipal e ao concello en cuestións relacionadas coa administración dos respectivos distritos.
Os distritos están divididos administrativamente á súa vez en 84 asum (subdistritos ou "barrios" con fronteiras definidas oficialmente).[50]
Distrito | Bandeira | Escudo | Poboación (2022)[51] |
Área | Densidade |
---|---|---|---|---|---|
Haabersti | ![]() | ![]() | 47 980 | 22,26 km² | 2 157,2/km² |
Kesklinn (centro) | ![]() | ![]() | 65 041 | 30,56 km² | 2 128,3/km² |
Kristiine | ![]() | ![]() | 32 725 | 7,84 km² | 4 175,4/km² |
Lasnamäe | ![]() | ![]() | 117 230 | 27,47 km² | 4 269,0/km² |
Mustamäe | ![]() | ![]() | 65 978 | 8,09 km² | 8 156,1/km² |
Nõmme | ![]() | ![]() | 37 402 | 29,17 km² | 1 282,1/km² |
Pirita | ![]() | ![]() | 19 034 | 18,73 km² | 1 016,1/km² |
Põhja-Tallinn | ![]() | ![]() | 59 612 | 15,9 km² | 3 751,6/km² |
Goberno
A cidade está gobernada polo concello de Talín, que consta de 79 membros elixidos para mandatos de catro anos mediante unha lista do partido. O alcalde é elixido polo concello.
Demografía

A poboación de Talín segundo datos do 1 de xaneiro de 2024 era de 457 572 habitantes.[3] É a cidade principal e máis poboada de Estonia, a terceira cidade máis poboada dos tres estados bálticos (Estonia, Letonia e Lituania) detrás de Riga e Vilnius, así como a 59 cidade máis poboada da Unión Europea.
Gráfica de evolución demográfica de Talín entre 1881 e 2021 |
![]() |
Censos.[52][53] |
Segundo o Eurostat, en 2004, Talín era unha das capitais de todos os estados membros da Unión Europea con maior número de cidadáns non comunitarios. Os rusos étnicos son unha minoría importante en Talín, xa que preto dun terzo dos residentes da cidade son inmigrantes de primeira e segunda xeración procedentes de Rusia e doutras partes da antiga Unión Soviética; a maioría dos inmigrantes da era soviética teñen agora a cidadanía estoniana.[54]
Os estonianos étnicos constituían máis do 80% da poboación de Talín antes da segunda guerra mundial. Segundo datos de 2022, os estonianos supoñían máis do 53% da poboación. Talín foi unha das zonas urbanas con importancia industrial e militar do norte de Estonia que durante o período de ocupación soviética sufriu grandes cambios na súa composición étnica debido á gran afluencia de inmigrantes procedentes de Rusia e doutras partes da antiga URSS. Construíronse novos distritos da cidade onde a intención principal das entón autoridades soviéticas era acomodar aos inmigrantes rusofalantes: Mustamäe, Väike-Õismäe, Pelguranna e, sobre todo, Lasnamäe, que na década de 1980 se converteu, e é a día de hoxe, no distrito máis poboado de Talín.
A lingua oficial de Talín é o estoniano. En 2011, o 50,1% dos residentes da cidade eran falantes nativos do estoniano, mentres que o 46,7% tiña o ruso como primeira lingua. Aínda que o inglés é a lingua estranxeira máis usada polos residentes de Talín, tamén hai un número significativo de falantes nativos de ucraíno e de finés.[55]
Grupo étnico | Poboación (2022) | % |
---|---|---|
Estonianos | 233 518 | 53,34 |
Rusos | 149 878 | 34,23 |
Ucraínos | 15 449 | 3,53 |
Belarusos | 6 153 | 1,40 |
Finlandeses | 3 431 | 0,78 |
Xudeus | 1 405 | 0,32 |
Letóns | 1 343 | 0,34 |
Alemáns | 1 219 | 0,28 |
Lituanos | 1 092 | 0,25 |
Armenios | 1 043 | 0,24 |
Tártaros | 1 033 | 0,24 |
Azerís | 1 029 | 0,23 |
Polacos | 940 | 0,21 |
outros | 15 960 | 3,64 |
descoñecido | 4 318 | 0,99 |
Etnia | 1922[57] | 1934[58] | 1941[59] | 1959[60] | 1970[60] | 1979[60] | 1989[60] | 2000[61] | 2011[62] | 2021[63] | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Número | % | Número | % | Número | % | Número | % | Número | % | Número | % | Número | % | Número | % | Número | % | Número | % | |
Estonianos | 102 568 | 83,9 | 117 918 | 85,6 | 132 396 | 94,0 | 169 697 | 60,2 | 201 908 | 55,7 | 222 218 | 51,9 | 227 245 | 47,4 | 215 114 | 53,7 | 217 601 | 55,3 | 233 520 | 53,3 |
Rusos | 7 513 | 6,14 | 7 888 | 5,72 | 5 689 | 4,04 | 90 594 | 32,2 | 127 103 | 35,0 | 162 714 | 38,0 | 197 187 | 41,2 | 146 208 | 36,5 | 144 721 | 36,8 | 149 883 | 34,2 |
Ucraínos | – | – | 35 | 0,03 | – | – | 7 277 | 2,58 | 13 309 | 3,67 | 17 507 | 4,09 | 22 856 | 4,77 | 14 699 | 3,67 | 11 565 | 2,94 | 15 450 | 3,53 |
Belarusos | – | – | – | – | – | – | 3 683 | 1,31 | 7 158 | 1,97 | 10 261 | 2,39 | 12 515 | 2,61 | 7 938 | 1,98 | 6 229 | 1,58 | 6 154 | 1,41 |
Finlandeses | – | – | 304 | 0,22 | 214 | 0,15 | 1 650 | 0,59 | 2 852 | 0,79 | 2 996 | 0,70 | 3 271 | 0,68 | 2 436 | 0,61 | 2 062 | 0,52 | 3 431 | 0,78 |
Xudeus | 1 929 | 1,58 | 2 203 | 1,60 | 0 | 0,00 | 3 714 | 1,32 | 3 750 | 1,03 | 3 737 | 0,87 | 3 620 | 0,76 | 1 598 | 0,40 | 1 460 | 0,37 | 1 405 | 0,32 |
Letóns | – | – | 572 | 0,42 | 340 | 0,24 | 702 | 0,25 | 1 007 | 0,28 | 1 259 | 0,29 | 1 032 | 0,22 | 827 | 0,21 | 628 | 0,16 | 1 500 | 0,34 |
Alemáns | 6 904 | 5,65 | 6 575 | 4,77 | – | – | 125 | 0,04 | 217 | 0,06 | 332 | 0,08 | 516 | 0,11 | 516 | 0,13 | 492 | 0,13 | 1 219 | 0,28 |
Tártaros | – | – | 75 | 0,05 | – | – | 745 | 0,26 | 1 055 | 0,29 | 1 500 | 0,35 | 1 975 | 0,41 | 1 265 | 0,32 | 1 012 | 0,26 | 1 033 | 0,24 |
Polacos | – | – | 599 | 0,43 | 502 | 0,36 | 759 | 0,27 | 967 | 0,27 | 1 084 | 0,25 | 1 240 | 0,26 | 936 | 0,23 | 768 | 0,20 | 940 | 0,21 |
Lituanos | – | – | 92 | 0,07 | 97 | 0,07 | 594 | 0,21 | 852 | 0,23 | 905 | 0,21 | 1 052 | 0,22 | 949 | 0,24 | 795 | 0,20 | 1 092 | 0,25 |
descoñecido | 0 | 0,00 | 368 | 0,27 | 150 | 0,11 | 0 | 0,00 | 0 | 0,00 | 1 | 0,00 | 7 | 0,00 | 3 694 | 0,92 | 709 | 0,18 | 4 317 | 0,99 |
outros | 3 354 | 2,74 | 1 163 | 0,84 | 1 523 | 1,08 | 2 174 | 0,77 | 2 528 | 0,70 | 4 023 | 0,94 | 6 458 | 1,35 | 4 198 | 1,05 | 5 180 | 1,32 | 17 873 | 4,08 |
Total | 122 268 | 100 | 137 792 | 100 | 140 911 | 100 | 281 714 | 100 | 362 706 | 100 | 428 537 | 100 | 478 974 | 100 | 400 378 | 100 | 393 222 | 100 | 437 817 | 100 |
Cultura e educación
Ademais de Talín, a cidade posúe outros nomes históricos como: Koluvan, Lindanise, Lindanisa (Lindanäs), xunto con algunhas variacións de "Reval" — Revalia, Revel e Reveln. A orixe do nome "Tallinn" segue a debaterse, aínda que se sabe que é de orixe estoniana. Algúns pensan que deriva de "Taani-linn" (que significa "Cidade dinamarquesa"), ou de "Talu linn" (que significa "Cidade agrícola").
Talín é sede da Universidade Tecnolóxica de Talín, ademais doutras institucións de educación superior, como por exemplo:
- Universidade Pedagóxica de Talín
- Academia Estoniana da Música
- Academia Estoniana da Arte
- Academia Estoniana da Defensa do Estado
- Instituto de Teoloxía da Igrexa Evanxélica Luterana Estoniana
Deportes
Durante os Xogos Olímpicos de 1980 levouse a cabo unha regata en Talín. Co gallo dos xogos creáronse moitas construcións para as olimpíadas, como por exemplo o Salón Municipal, o Hotel Olímpico, a Oficina Postal e o Centro de Regatas. Grazas ás olimpíadas, a baía de Talín, ata entón moi contaminada, sufriu un gran cambio ó comezarse a depuración das augas fecais e dos refugallos da industria antes verquidos directamente ao mar Báltico.
Transportes


Aéreo
Talín posúe un aeroporto, situado aproximadamente a 4 km nos arrabaldes da cidade. Ademais de conexións regulares a varios aeroportos de Europa, ten un servizo de helicóptero a Helsinqui, que é coñecido como a conexión máis rápida existente entre dúas cidades capitais.
Terrestre
A cidade ten conexións ferroviarias a varias cidades, como Tartu, Pärnu, Narva, Riga, Moscova, e San Petersburgo. Tamén existen autobuses cara a estes destinos e outras partes do país.
Talín está conectada a Polonia pola estrada coñecida como "Vía Báltica", que percorre Estonia, Letonia, Lituania e Polonia.
Transbordadores
Varios transbordadores conectan a Talín con Helsinqui (Finlandia), Estocolmo (Suecia), Åland (Finlandia), San Petersburgo (Rusia) e Rostock (Alemaña).
Talín é un importante centro de compra para os finlandeses, os cales atravesan o golfo de Finlandia con transbordadores de alta velocidade. Os prezos das bebidas alcólicas en Estonia son moito máis baixos que en Finlandia, que grava con impostos altísimos as bebidas alcólicas. Debido a iso, moitos finlandeses fan viaxes dun día para comprar bebidas e produtos de saúde que non son cubertos polos servizos sociais finlandeses (como por exemplo, os lentes).
Cidades irmás
- Dartford, Reino Unido
- Los Gatos, California, Estados Unidos
- Schwerin, MV, Alemaña
- Kiel, Alemaña
- Gante, Bélxica
- Malmö, Suecia
- Riga, Letonia
- Annapolis, Maryland, Estados Unidos
- Groningen, Países Baixos
Predecesor:![]() ![]() ![]() |
![]() Capital Europea da cultura xunto con ![]() 2011 |
Sucesor:![]() ![]() |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.