Paleoproterozoico

From Wikipedia, the free encyclopedia

Paleoproterozoico

O Paleoproterozoico é unha era xeolóxica que abrangue o perído de tempo entre hai 2.500 e 1.600 millóns de anos e é a primeira das tres subdivisións (eras) do eón do Proterozoico. O Paleoproterozoico é tamén a era máis longa da historia xeolóxica da Terra. Durante esta producíronse varias colisións continentais e creación de supercontinentes.

Thumb
Estromatólitos do Paleoproterozoico.

As evidencias paleontolóxicas suxiren que a velocidade de rotación da Terra hai ~1.800 millóns de anos era máis rápida que a actual e o día duraba 20 horas e o ano ~450 días.[1]

Atmosfera

Antes do enorme incremento de oxíxeno na atmosfera que se produciu no chamado Evento da Grande Oxixenación, case todas as formas de vida eran organismos anaerobios cuxo metabolismo estaba baseado nunha forma de respiración celular que non necesitaba oxíxeno. O oxíxeno libre en grandes cantidades é tóxico para a maioría dos organismos anaerobios. En consecuencia, a maioría extinguíronse cando os niveis de oxíxeno libe atmosférico se dispararon durante o episodio de extinción do Evento da Grande Oxidación, que fixo que os niveis de oxíxeno atmosféricos chegasen ao 10% dos que hai agora.[2] As únicas criaturas que sobreviviron eran resistentes aos efectos oxidantes e velenosos do oxíxeno ou estaban confinadas en ambientes libres de oxíxeno. O súbito incremento de oxíxeno libre atmosférico e a conseguinte extinción de formas de vida vulnerables é amplamente considerado unha das primeiras e máis significativas extincións en masa da Terra.[3][4]

Aparición dos eucariotas

Moitos nodos coroa eucariotas (dos cales se orixinaron as liñaxes eucariotas modernas) datan aproximadamente da era paleoproterozoica.[5][6][7] Aínda que hai certa discusión sobre o momento exacto no cal evolucionaron os eucariotas,[8][9] o que se considera actualmente sitúao nesta era.[10][11][12] Os fósiles statherianos do grupo Changcheng do norte da China proporcionan probas de que a vida eucariota estaba xa diversificada ao final do Palaeoproterozoico.[13]

Eventos xeolóxcos

Durante esta era producíronse os primeiros cintos de colisión entre continentes a escala global. Os eventos asociados de construción de continentes e erguemento de cadeas montañosas están representados polos oróxenos trans-amazónico e ebúrnea en Suramérica e África occidental de hai 2.100–2.000 millóns de anos; o cinto do Limpopo do sur de África de hai ~2.000 millóns de anos; os oróxenos trans-Hudson, penokeano, Taltson-Thelon, Wopmay, Ungava e Torngat de América do Norte de hai 1.900–1.800 millóns de anos; a oroxenia nagssugtoqidiana de Groenlandia de hai 1.900–1.800 millóns de anos; os oróxenos de Kola–Karelia, svecofenniano, Volhyn-Rusia central e Pachelma de Báltica (leste de Europa) de hai 1.900–1.800 millóns de anos; o oróxeno akitkano de Siberia de hai 1.900–1.800 millóns de anos; o cinto de khondalita de hai ~1.950 millóns de anos; o oróxeno trans-norte da China do norte da China de hai ~1.850 millóns de anos; e as oroxenias Yavapai e Mazatzal do sur de América do Norte de hai 1.800-1.600 millóns de anos.

O padrón dos cintos de colisión apoia a formación dun supercontinente proterozoico chamado Columbia ou Nuna.[14][15] Considérase que esas colisións continentais causaron a rápida formación de cadeas montañosas a grande escala que tiveron como resultado un incremento da biomasa e de enterramento do carbono durante e despois do Grande Evento de Oxixenación: hipotetízase que os sedimentos carbonáceos subducidos lubricaron a deformación compresiva que orixinou un engrosamento da codia.[16]

O volcanismo félsico no que hoxe é o norte de Suecia causou a formación dos pórfiros de Kiruna e Arvidsjaur.[17]

Formouse o manto litosférico dos bloques máis antigos da Patagonia.[18]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.