Orde Teutónica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Orde Teutónica, tamén Orde dos Cabaleiros Teutóns, Cabaleiros Teutónicos do Hospital de Santa María de Xerusalén e Cabaleiros Hospitalarios (en alemán Deutscher Ritterorden, en latín Domus Hospitalis Sanctæ Mariæ Teutonicorum) foi unha Orde medieval de carácter relixioso-militar fundada en Palestina no ano 1190 (Terceira cruzada) durante o asedio da fortaleza de San Xoán de Acre para axudar aos xermanos feridos nas cruzadas.[1] En 1198 converteuse en orde militar.
Desde o século XIX a orde pervive como unha organización cristiá de carácter caritativo, especialmente en Europa central.[2]
A Orde que estaba formada por nobres cruzados alemáns e seguía o modelo da Orde do Amorne e da Orde de San Xoán de Xerusalén foi fundada na fortaleza de San Xoán de Acre (Palestina) o 19 de novembro de 1190 durante a Terceira cruzada tras a toma de Xerusalén por Saladino. Orixinalmente foi soamente unha organización caritativa que axudaba aos peregrinos cristiáns, foi reorganizada como orde militar en 1192 e obtivo o recoñecemento oficial do papa Inocencio III en 1198.
Derrotados nas Cruzadas, os cabaleiros da Orde Teutónica, trasladáronse primeiro a Venecia e despois a Transilvania, onde construíron o castelo de Bran, ata a súa expulsión en 1225 polo rei André II de Hungría por mor de intentar colocarse baixo soberanía papal e non real.
En 1220, os Cabaleiros Teutónicos estableceron o seu cuartel xeral na fortaleza de Monfort en Palestina que fora doada por Leopoldo II de Austria[3] e que, en 1229, se converteu na sede dos grandes mestres. En 1266, os sarracenos intentaron, sen o conseguir, tomar a fortaleza, pero regresaron en 1271 e conquista o castelo por medio dun túnel escavado na rocha polo que os cabaleiros víronse na obriga de se refuxiaren en San Xoán de Acre.[4]
Vinte anos despois, en 1291, a toma de Acre polos Mamelucos obriga aos cruzados a se retirarsen de Terra Santa, impulsando á orde a reconsiderar a súa misión.
Nese momento a orde estableceuse, xa definitivamente en Prusia creando un Estado da Orde Teutónica independente, desde o que lanzaron campañas contra o Reino de Polonia, o Ducado de Lituania e contra outros pobos non cristianizados, proceso que se coñeceu como as Cruzadas Bálticas.
O emperador Frederico II Hohenstaufen outorgou aos teutóns todos os privilexios dos príncipes do Imperio, como o dereito de soberanía sobre os territorios conquistados.
A pesar dunha derrota fronte ao ruso Alexandre Nevski en 1242, a orde estende rapidamente o seu dominio sobre os países bálticos.
A partir do ano 1308, ocuparon o conxunto de Prusia estendéndose ata Estonia. A devandita conquista incluía as rexións bálticas de Pomerania, Curlandia, Letonia, Estonia e Danzig, cidade esta que estivo baixo o seu xugo ata 1454. A orde contaba ademais con posesións en diferentes puntos do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Sufriron fronte ao rei Ladislau II de Polonia e os lituanos unha tremenda derrota na batalla de Tannenberg en 1410, de modo que os territorios conseguidos pola Orde pasaron a mans polacas.
A finais do século XIV, a orde alcanzou o apoxeo do seu poder.
Ao darse en Europa a Reforma protestante, a Orde converteuse ao luteranismo por medio do seu Gran Mestre.
A Orde foi suprimida na zona meridional do feudo e as súas terras secularizadas para crear o Ducado de Prusia en 1525. A Orde perviviu vinculada aos Habsburgo, pero en 1809 Napoleón Bonaparte ordenou a súa disolución, polo que perderon boa parte dos seus bens seculares.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.