Gran Ducado de Moscova
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Ducado de Moscova (en ruso: Великое княжество Московское, Velikoe kniazhestvo Moskovskoe) ou Principado de Moscova (en ruso: Княжество Московское, Kniazhestvo Moskovskoe), tamén coñecido como Moscovia,[1] foi un estado ruso que existiu desde o século XIV até o XVI.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Capital | Moscova | |||
Poboación | ||||
Poboación | 3.000.000 (década de 1460) | |||
Lingua oficial | antigo eslavo oriental Q21661958 | |||
Relixión | cristianismo ortodoxo | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1263 | |||
Disolución | 1547 | |||
Sucedido por | Tsarato ruso | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | feudal monarchy (en) | |||
O Gran Principado de Moscova, como se coñece a este estado nos documentos rusos, foi o sucesor da Rus de Kíiv nos seus territorios máis setentrionais, e o predecesor do Tsarato Ruso que, á súa vez precedería ao Imperio Ruso.
Historia
Levantamento moscovita

Cando os mongois invadiron as terras da Rus de Kíiv, Moscova era unha insignificante vila de paso á China no Principado de Vladímir-Súzdal.
Aínda que os mongois queimaron Moscova no inverno de 1238, a situación da remota vila, en medio de bosques, ofreceu certa seguridade durante a ocupación mongol.
Ademais, un gran número de ríos ofrecéronlle acceso aos moscovitas aos tres mares, o Báltico, o Negro e o Caspio.
Máis importante aínda para a formación do estado moscovita foi o seu goberno por príncipes ambiciosos, determinados e afortunados.
O primeiro príncipe moscovita foi Daniel I (Daniil Aleksándrovich), que reinou en 1303 e asegurou o principado para a súa familia, os ruríquidas.
O seu fillo, Iván I de Rusia, que reinou entre 1325 e 1340), chamado Iván Kalitá (Iván a bolsa de diñeiro), obtivo o título de Gran Príncipe de Vladímir dos líderes mongois. Cooperou estreitamente cos ocupantes, recadando tributos doutros principados rusos. Esta relación valeulle ascendencia rexional, particularmente sobre o principal rival de Moscova, Tver.
En 1325 Iván I trasladou ao metropolita Pedro (Metropolita de Kíiv e Toda a Rusia) desde Vladímir a Moscova.
Gobernantes
Grandes príncipes de Moscova

Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.