debuxante galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Quesada Porto, nado en Ourense o 27 de agosto de 1933 e finado en Vigo o 17 de xuño de 2016, foi un viñetista, pintor e funcionario galego, coñecido polo seu traballo para Faro de Vigo.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1933 Ourense, España |
Morte | 17 de xuño de 2016 (82 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, viñetista e pintor |
Familia | |
Cónxuxe | Ana Legido |
Fillos | Marieta, Beatriz, David e Yayo Quesada Legido |
Irmáns | Xaime Quessada Antonio Quesada |
Xogou como dianteiro centro e extremo no Club Deportivo Ourense.[2]
Autodidacta e membro dunha extensa familia de artistas (irmáns seus son: Carlos, Antonio e Xaime Quesada Porto e sobriños: María Fe Quesada Rodríguez e Xaime Quesada Blanco), traballou como caricaturista para varios medios, como Arriba (dirixido por Manuel Blanco Tobío), Pueblo, Blanco y Negro, Interviú, Cambio 16, La Codorniz, Can sen dono, La Región ou La Opinión de Zamora, mais, principalmente, para Faro de Vigo, onde ingresou chamado por Xosé Díaz Jácome e estivo durante cincuenta anos, de 1961 a 2011, chegando a ser o decano dos humoristas gráficos galegos.[3]
En 1960 casou con Ana Legido Soto (1939-2012), tamén pintora, coa que tivo seis fillos, dos que lles sobreviviron catro: María Teresa (1962, pintora), Beatriz (1963, xornalista), David (1970, empresario) e Alejandro (1975, tamén pintor).
Foi funcionario, inspector xefe do Servizo de Vixilancia Aduaneira e xefe provincial de Pontevedra.[4]
Varias editoriais galegas publicaron libros de recompilacións dos seus debuxos:[5]
|
|
Das súas obras pictóricas, figurativas e de tendencia expresionista, presentes en pinacotecas como o Museo Municipal Quiñones de León ou a Colección Afundación,[8] destacan: Máscara y viejo (1986), Tres figuras (1986), Dama en verde (1991), Caserío (1992) e La casa de la Ville (1998).[9][10]
Entre outros, obtivo o premio Mingote do xornal ABC (1969),[11] o Premio Humor Gráfico da Xunta de Galicia (dúas veces) e o premio da ONCE.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.