Remove ads
escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Eliseo Alonso Rodríguez, nado en Goián (Tomiño) o 1 de marzo de 1924 e finado na Habana o 18 de novembro de 1996, foi un escritor galego en galego e castelán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1924 Goián, España |
Morte | 18 de novembro de 1996 (72 anos) A Habana, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
No 1950 emigrou a Buenos Aires e traballou na prensa da Arxentina. Colaborou tamén na prensa galega da diáspora: fundou Mundo Gallego, dirixiu Airiños (órgano da Asociación Casa de Galicia) e elaborou o suplemento "Aquí Buenos Aires" de El Pueblo Gallego de Vigo. Á volta a Galicia seguiu colaborando na prensa americana, na española e na galega, especializándose en temas de caza e pesca.
Utilizou en ocasións o pseudónimo de Alonso de Goyán en artigos publicados no Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Clarín e outras publicacións.
É autor de varios libros en castelán sobre a súa terra natal así como dalgunhas narracións, os Contos do Miño (1955), a novela A rúa do noxo (Galaxia, 1977) e o libro de relatos para nenos Reiciñeira (1981), que contén contos narrados inicialmente para a súa filla.
No eido do ensaio, escribiu en galego Viños do Rosal e do Condado (1992), e en castelán La pintura de Antonio Fernández (1959), Los ríos de Pontevedra (1966), Bajo Miño y costa sur (1967), Xoán Piñeiro (1981), Gamelas y marineros (1987).
Como poeta, publicou só dous libros en galego: Cantos de cotovía (colección Benito Soto, 1950; limiar de Álvarez Blázquez) e Seara de romances (1952). En castelán tamén escribiu o poemario Tiempo y camino (1974). Bastantes poemas non recollidos en libro viron a luz en revistas hispánicas e americanas.
Da súa obra poética di Francisco Fernández del Riego:
sinala un despegue das formas esteticistas e popularistas cara a unhas formas máis libres, inda que barrocas, no aspecto formal". E Xosé Luís Méndez Ferrín, da súa poesía última: "...É dun bronco expresionismo caricaturesco (con ecos valleinclanescos ou de Camilo José Cela) e dun sentimentalismo donde e case envergoñado... (nela) latexa a vivencia radical da morte en canles expresivas xocundas e libérrimas
.
A primeira edición de Contos do Miño, feita en Buenos Aires, foi recomendada por Otero Pedrayo, quen di destes relatos: "Son agromados na petrucial carballada. E como toda primaveira teñen seus fondos ecoares de tristura"[1].
Aínda que escribiu pouco en galego, a obra de ficción de Eliseo Alonso distínguese polo uso do dialecto do galego que se fala na súa zona e, en xeral, no Baixo Miño. Iso fai que na súa escrita aparezan palabras como vareixa (mosca enorme e noxenta, especialmente a que sobrevoa a carne morta ou podre), careco -a (persoa sen pelo na cabeza), moucho (banco sen respaldo) ou lilailo (ledo), entre outras.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.