Xaime Quessada

pintor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Xaime Quesada Porto, coñecido artisticamente como Xaime Quessada, nado en Ourense o 14 de xullo de 1937 e finado en Vilar de Astrés o 30 de decembro de 2007[1], foi un pintor, escultor e escritor galego. É irmán do debuxante Fernando Quesada.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Xaime Quessada
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1937
Ourense, España
Morte30 de decembro de 2007 (70 anos)
Vilar de Astrés, España
EducaciónEscola de Artes e Oficios de Ourense
Real Academia de Belas Artes de San Fernando
Actividade
Ocupaciónpintor, escultor, escritor
Membro de
AlumnosToño Monteiro
Obra
Obras destacables
Familia
FillosXaime Quesada Blanco
IrmánsFernando Quesada
Antonio Quesada
Premios

Pechar

Traxectoria artística

Thumb
Dorna, 2001, en Pontevedra.

Formouse na Escola de Belas Artes de San Fernando, en Madrid. Nos anos cincuenta frecuenta o grupo de artistas ourensáns nucleados ao redor do Café Volter, denominado Os Artistiñas por Vicente Risco (formado por Arturo Baltar, Xavier Pousa, Virxilio, Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano e Buciños). Obtén a medalla de ouro na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1959. Trasládase a vivir a París en 1962, e posteriormente móvese a Estados Unidos, onde traballa na década dos oitenta para a Unesco como artista nun proxecto sobre o Quixote.

Nas súas obras destacan as referencias mitolóxicas, as figuras naturalistas moi coridas, e os corpos esvaídos. Son constantes os motivos e cadros inspirados en Goya (como a súa serie negra) e máis en Picasso, con numerosas versións do Guernica e do minotauro.

Thumb
O Mouchiño, 2002, en Ourense.

Exposicións e obras

Os seus murais e lenzos de gran tamaño están presentes en moitas pinacotecas europeas, como o Museo Nacional de Arte Moderna de México, o Museo do Pobo Galego, ou o Museo da Habana. Tamén ten obras como os teitos do Teatro Principal de Ourense, no Parlamento de Galicia e diversas esculturas públicas na cidade de Ourense ou a súa dorna homenaxe ao camiño de Santiago na cidade de Pontevedra.

Tamén realizou escenografías e vestiarios para montaxes teatrais, así como diversas ilustracións para libros.

Thumb
A fada e o dragón, 2006, no Paseo de Alfonso XII de Vigo.

Obra literaria en castelán

Narrativa

Obra escrita en galego

Conversas

Datos persoais

O seu fillo, Xaime Quesada Blanco, tamén foi pintor. Xaime Quessada foi soterrado no camposanto de Señorín.

Foi un coñecido militante da UPG e posteriormente do Partido Comunista de Galicia en Ourense.

Premios

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.