Remove ads

Eduardo Modesto Blanco Amor, nado en Ourense o 14 de setembro de 1897[1] e finado en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego en lingua galega e lingua castelá. Recibiu as influencias de Charles Baudelaire, Stéphane Mallarmé, Arthur Rimbaud e Gabriele d'Annunzio. Na Arxentina coñeceu a Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato e Horacio Quiroga. Fundou Terra, voceiro da Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires, dirixiu Céltiga e colaborou en Nós. De volta a España contactou coa Xeración do 27 e coñeceu a Federico García Lorca. Retornou á Arxentina. En 1972 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega e en 1993 foille adicado o Día das Letras Galegas.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaEduardo Blanco Amor
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1897 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de decembro de 1979 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista, poeta Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, teatro e narración Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesEmilio Amor Rolán, curmán ou curmá de terceiro grao Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Thumb Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Diciopedia do século 21
Enciclopedia Galega Universal Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0087210 BNE: XX1720173 Bitraga: 316 BUSC: blanco-amor-eduardo-1897-1979 Find a Grave: 10924637 Editar o valor en Wikidata
Pechar
Remove ads

Traxectoria

Foi fillo de Aurora Amor, florista ourensá, e de Víctor Blanco, barbeiro procedente da zona de Mombuey,[2] quen abandonou o fogar cando Blanco Amor tiña tres anos. A nai tivera un matrimonio anterior con Ramón Bóveda Guerra, de quen enviuvara en 1884 e con quen tivera tres fillos: Xulia, Cástor e Camilo. Naceu no nº 17 da rúa da Paz, e foi bautizado como Eduardo Modesto. En 1915 comezou a traballar como secretario de dirección en El Diario de Orense[3] da man de Xavier Bóveda, curmán dos seus medio irmáns. E en 1917 estivo como porteiro na Inspección de Primeira Ensinanza, mais en setembro dese ano foi suspendido de emprego e soldo. Durante esta época frecuentou os faladoiros de Vicente Risco, de quen tamén foi alumno na Escola Normal, figura que tivo unha importancia decisiva na súa futura defensa e promoción da cultura galega.

En abril de 1919 emigrou a Buenos Aires para evitar ir á guerra do Rif.[4] Alí continuou en contacto con intelectuais galegos da emigración, tomando parte activa na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, fundada en 1921, que pretendía aglutinar tódolos inmigrantes galegos e da que chegaría a ser director do seu órgano El Despertar Gallego. No 1924 coñece a Ramón Suárez Picallo, que había ser o seu grande amigo.[5] En 1923 fundou con Ramiro Isla Couto a revista Terra, en lingua galega. Máis adiante participou tamén noutra publicación galeguista chamada Céltiga, da que tamén será director. En 1925 entrou a formar parte do diario arxentino La Nación, onde coñeceu escritores arxentinos como Leopoldo Lugones, Jorge Luis Borges, Ernesto Sabato, Eduardo Mallea e o uruguaio Horacio Quiroga. Tamén colaborou con publicacións como Correo de Galicia e a Revista de la Casa de Galicia.

En 1927 publicou a súa primeira obra, a noveliña Os Nonnatos. Ao ano seguinte seguiuna o libro de poemas Romances galegos,[6] encadrado dentro dunha estética modernista cunha forte influencia dos romances casteláns e de Luís Amado Carballo.

Thumb
Placa na casa natal.

Fixo dúas viaxes a Galicia como correspondente do diario La Nación. Na primeira (1929-1931) coñeceu a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao[7] e a varios intelectuais do Partido Galeguista e do grupo Nós, e escribiu Poema en catro tempos, que publicaría posteriormente na Arxentina en 1931. Dende Buenos Aires colaborou máis tarde coa revista Nós con varios poemas e tres capítulos da súa novela inconclusa A escadeira de Jacob. Na segunda viaxe (1933-1935) coñeceu en Madrid a Federico García Lorca (e outros membros da Xeración do 27 da literatura española) con quen tivo unha grande amizade e a quen acompañou á casa familiar de Fuente Vaqueros en varias ocasións. Foi Blanco Amor o responsable de convencer a Lorca para que publicase os Seis poemas galegos (1935).

Thumb
Blanco-Amor nunha viaxe a Caracas, con Xosé Velo, Xoán Noya, Mariano Otero Castelao e Manuel Meilán. 1952.[8]

Defendeu dende a Arxentina a legalidade republicana cando se produciu o estalido da guerra civil española. Durante os 20 anos seguintes espallou a nosa cultura e utilizou unicamente o castelán na súa obra literaria, con obras como Los miedos (1963) ou La catedral y el niño (1948). En 1956 volveu ao galego con Cancioneiro, e en 1959 publicou A esmorga.

Catedrático de Lectura Expresiva e Interpretación de Textos no Conservatorio Arxentino desde 1952.[9] Foi tamén profesor da Facultade de Humanidades do Uruguai e da Escuela Internacional de Temporada en Santiago de Chile. En Buenos Aires fundou e dirixiu o Teatro Popular Galego, que puxo en escena obras de Lugrís Freire, do propio Blanco Amor e doutros autores. Tamén foi director da revista Galicia, publicada pola Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.

Retornou a Galicia o 16 de xaneiro de 1965, despois de publicar Os biosbardos (1962), e sen recibir o apoio que cría merecer.[10] En 1970 saíu unha nova edición d' A esmorga, e en 1972 apareceu Xente ao lonxe. Canto ao teatro, saíron Farsas para Títeres (1973) e Teatro prá xente (1975).

Nos últimos anos da súa vida viviu no Hotel Nilo de Vigo[11]. Faleceu nesa cidade por mor dunha trombose na madrugada o 1 de decembro de 1979, no taxi que o levaba[12] cara ao Sanatorio Toscano, no barrio do Calvario.[13] Foi soterrado no cemiterio de San Francisco de Ourense.

Finou sen dar lectura ao discurso de ingreso que, segundo consta na documentación da Real Academia Galega, levaría por título: "A esperencia literaria". Considérase igualmente académico numerario. Foi proposto por Ramón Otero Pedrayo, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.[5]

Blanco Amor era homosexual, e este aspecto reflíctese en obras como A esmorga ou Xente ao lonxe, así como de forma destacada nos poemarios eróticos compilados postumamente no volume Ars amandi (2007).[14][15] O autor mantivo contactos coa Fronte de Liberación Homosexual Galega (FLHG), e na súa última entrevista destacou "o Estatuto de Autonomía e a abolición da lei de perigosidade social" como dúas causas polas que saír á rúa.[16][17]

Remove ads

Obra

Narrativa

En 1927 publicou a súa primeira obra, a narración curta Os Nonnatos, publicada na revista Céltiga o 25 de maio. "Xacobe descobre o seu perfl" foi un adianto de novela publicado en 1933 na revista Nós en tres capítulos[18], que acabou sendo publicada en 1993 como A escadeira de Jacob.

Thumb
Blanco Amor en Ourense en 1933.[19]

En 1959 publicou unha novela de extraordinaria importancia para a renovación da narrativa galega: A esmorga. Esta obra desenvólvese en Auria e marca un fito na ruptura das tendencias costumistas e populares da literatura galega, debido á súa técnica innovadora: o único que se pode ler son as contestacións dun reo nun xuízo, que conta as aventuras que o levaron á condena. É o modo de, sen facer un texto bilingüe, darlle verosimilitude a un diálogo entre un xuíz, que fala castelán, e un reo que fala galego. Amais de deberse ao afán de verosimilitude, o silencio do xuíz representa a xordeira da xustiza, o seu papel represor e castigador. A novela, ambientada nos baixos fondos ourensáns, céntrase en tres personaxes transgresores e marxinais que van sendo levados a un final tráxico.

O galego que eu tiña entón non me servía pra escribir a novela que eu quería, era moi limitado demáis. E eso levóu tempo, claro. Ás veces voltaba sobor das páxinas que levaba escritas e lía en voz alta pra ver a súa musicalidade, o ritmo do idioma que medraba, e non me gostaba, e veña a voltar atrás unha vez e outra. Hai partes de cinco ou seis redaccións até que atopaba o que buscaba.

Unha ducia de galegos.[20]

Outra obra que tivo gran repercusión foi o libro de relatos Os biosbardos (1962), relatos en primeira persoa con protagonista e narrador infantil distinto en cada conto. A súa última etapa foi moi fecunda, a pesar de ser postergado pola cultura oficial: en 1970 alumeou unha nova edición d' A esmorga, e en 1972 apareceu a extensa novela Xente ao lonxe, onde a través dos avatares que lle ocorren a unha familia de clase obreira, retrata a sociedade urbana, moi estratificada, do Ourense de principios de século.

Calquera que se pona a pescudar no xa "bailado" da súa vida, atoparáse con que o pasado e a súa prolongación ou penetración no soñado, componen un tecido indiscriminábel no que as esperencias e as figuracións valen por igual no total resultado subxetivo do esistir; e si é escritor de novelas ou de poemas, na súa proieción conxunta no cerne da obra e as veces na forma.

— "Prólogo útil" de Xente ao lonxe.[21]

Moitas das súas obras narrativas (A Esmorga, Xente ao lonxe, Os biosbardos) desenvólvense nunha cidade ficticia, Auria, transposición literaria do seu Ourense natal.[22] Os críticos literarios encontraron nas súas ficcións ecos de autores como Valle-Inclán ou Eça de Queirós, constitúe un dos grandes fitos na renovación da narrativa galega e está considerado un dos grandes narradores galegos da posguerra.[23]

Teatro

Nos seus últimos anos prestou unha grande atención ao xénero teatral, con obras como Farsas para Títeres (1973, Ed. do Castro). Contén seis pezas: Romance de Micomicón e Adhelala, Amor e crimes de “Juan el Pantera”, Falsa morte e certa morte de Estoraque o Indiano, A verdade vestida, Un refaixo pra Celestina e Anxélica no ombral do ceio. En edición bilingüe castelán-galego, autotradución. En 1974 sae Teatro pra a xente (Galaxia) que contén: O cantar dos cantares, ou Galicia 1948, Fas e Nefas, ou o castelo enmeigado número 5.000 e pico, A carauta, Os baralláns; e tres contos escénicos: A medosa Blandina, A lebre das ánimas, A tía Lambida. Ademais publicou a pequena peza esperpéntica Proceso en Jacobusland (Fantasía xudicial en ningures) que tivo problemas coa censura.

Como dramaturgo, preocupouse de buscar a dignificación do xénero por medio do popular, pero superando o folclorismo e o costumismo hexemónicos no teatro galego da emigración.[24]

Poesía

Blanco Amor foi un importante poeta sobre todo nos primeiros tempos. Comezou co libro de poemas de estética modernista Romances galegos (Buenos Aires: Editorial Céltiga 1928). Seguiu con Poema en catro tempos (1931, Buenos Aires), elexía á morte dun pescador. Logo veu Cancioneiro (1956, Buenos Aires). Dous Cantos a Galiza encadeada (1946) foron publicados no xornal Galicia, da Federación de Sociedades Galegas.[25] Estes libros foron despois recollidos en Poemas galegos (1980, Galaxia).

Xornalismo e ensaio

Dirixiu Céltiga, Terra, Galicia, Ciudad e colaborou en La Nación, La Hora, La Vaguardia, Faro de Vigo...[26] A súa obra xornalística, sobre todo en América en Castelán, é inxente. Contribuíu ao ensaio o con traballos como Chile a la vista, El Padre Feijoo, Volviendo a Ortega y Gasset, Castelao e Las buenas maneras,[27] La peligrosa aventura de vivir en un pueblo: escritos 1967-1971, A contrapelo. Ademais desenvolveu ao longo da súa vida unha intensa actividade como conferenciante e en programas de radio.[28]

Fotografía

Amais da literatura, practicou a fotografía de xeito afeccionado, cunha cámara Voigtländer. As súas imaxes, máis de 3 000, permanecen sen clasificar no arquivo da biblioteca da Deputación de Ourense. En 2004 Editorial Galaxia publicou o libro A ollada do desexo. Obra fotográfica 1933-1973, unha escolma representativa con edición e limiar de Carlos Lema e cun epílogo de Margarita Ledo Andión. Inclúe autorretratos, imaxes de viaxes por lugares como Marrocos, París ou Nápoles, e fotografías de persoeiros como García Lorca, Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Luís Seoane ou Indalecio Prieto.[29]

Remove ads

Obra en galego

Thumb
1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter, Cunqueiro, Ramón Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Ramos Colemán e Peña Rey.
Poesía
Narrativa
Teatro
Ensaio
Tradución
Fotografía
Obra completa
Remove ads

Obra bilingüe castelán-galego

  • Farsas para títeres (1973). Edición bilingüe. Ediciós do Castro. Ilustracións de Luís Seoane. Teatro
  • Catro pezas inéditas do teatro de Eduardo Blanco-Amor (1993). Ediciós do Castro. Teatro. Galicia en fiesta, El complejo, Becqueriana, Mis tías en el sofá, edición e tradución ao galego de Luís Pérez Rodríguez.[46]
  • A contrapelo (1993). La Voz de Galicia. ISBN 84-88254-18-0. Compilación de artigos publicados na prensa diaria.[47]
  • Quince "cuentos de la ciudad" e un conto no ceo, "Os nonnatos" (1993). Ediciós do Castro. Edición de Luís Pérez. ISBN 978-8474926514. Narrativa.
Remove ads

Obra en castelán

Thumb
Conxunto escultórico en homenaxe a Blanco Amor na Insua dos Poetas.
Poesía
  • Horizonte evadido (1936).Viau y Zona Editores. Buenos Aires.
  • En soledad amena (1941). Emecé Editores. Buenos Aires.[48]
  • Horizonte evadido. En soledad amena (2001). Fundación Municipal De Cultura. Oleiros. ISBN 978-8460631583.
  • Ars amandi (2007). Galaxia - P.E.N. Club de Galicia. 232 páxs. ISBN 978-84-7154-088-1. Textos en castelán e preliminares en galego.[15][49]
Narrativa
Ensaio
  • Chile a la vista (1951). Editorial del Pacífico, S. A., Santiago de Chile. Reeditado por Galaxia (2003), ISBN 978-84-8288-610-7, Biblioteca Blanco Amor.[54]
  • Las buenas maneras (1956). Losada. Buenos Aires. Reeditado por Xerais (1983), ISBN 9788475070957: Las buenas maneras. Tratado de urbanidas para mayores.[55]
  • Volviendo a Ortega y Gasset (1970). Ed. de autor. Ourense.
  • La peligrosa aventura de vivir en un pueblo: escritos 1967-1971 (1990). La Región. 263 páxs. ISBN 84-86868-10-6.
  • En defensa e ilustración de la Segunda República Española en los años de la guerra civil (1936-1939) (2016). Galaxia. 468 páxs. ISBN 978-84-9865-683-1.
Remove ads

Recoñecementos

Desde 1981 celébrase o Premio Blanco Amor de novela longa en galego organizado por varios concellos.

O plenario da Real Academia Galega acordou adicarlle o Día das Letras Galegas do ano 1993.

Rúas de moitas cidades e vilas de Galicia, así como dous institutos de ensino público, levan o seu nome: o IES Eduardo Blanco Amor de Ourense[56] e o IES Blanco Amor de Culleredo.[57]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads