Eleuterio González Salgado

mestre e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Eleuterio González Salgado

Eleuterio González Salgado, coñecido como Leuter, nado en Ourense o 18 de abril de 1899 e finado na mesma cidade o 29 de marzo de 1977, foi un mestre e destacado político galeguista. Alumno destacado de Vicente Risco na Escola Normal, axiña se converteu no seu amigo e colaborador.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Eleuterio González Salgado
Thumb
Biografía
Nacemento18 de abril de 1899
Ourense, España
Morte29 de marzo de 1977 (77 anos)
Ourense, España
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense
Actividade
Ocupaciónmestre

Pechar

Traxectoria

Thumb
Banquete galeguista en Ourense en homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña, en 1933. Na foto, entre outros, Vicente Risco, Ramiro Isla Couto, Leuter, Álvaro Cunqueiro, Ramón Otero Pedrayo, María Luz Morales, Eduardo Blanco Amor, Xoán Luís Ramos Colemán e Manuel Peña Rei

Membro da sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos desde 1926, participou na escavación de varios castros. Militou nas Irmandades da Fala e no Partido Nazonalista Republicán de Ourense e actuou como secretario na mesa presidencial da asemblea constitutiva do Partido Galeguista. Ocupou os cargos de concelleiro no concello de Ourense (1931) e deputado provincial, e formou parte da Comisión Xestora desta última institución.

Dende a Deputación participou de xeito activo no Comité proferrocarril Zamora-A Coruña. Amais, foi cofundador da Caixa de Aforros de Ourense (1933) e presidente da Cruz Vermella (1935-1936). Membro da redacción da revista Nós, colaborou tamén en A Nosa Terra, La Zarpa e Heraldo de Galicia, entre outras publicacións. Participou, amais, na emisión galega na BBC.

Foi mestre no colexio de Quereño (Rubiá) e nos centros León XIII e Concepción Arenal na capital da provincia, entre outros. Polo seu labor educativo e divulgador do idioma e cultura de Francia, o Ministerio de Educación Nacional galo concedeulle o 14 de xullo de 1936 o Diploma de Oficial da Academia de Francia e a correspondente condecoración.

Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo que deixar forzosamente a política e en 1938 foi obrigado a marchar a Vilamarín. Alí impartiu aulas até 1945, cunha breve paréntese en Santa Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar). Ese ano abandonou o ensino para traballar na empresa de transportes por ferrocarril Transfesa. Desprazouse inicialmente a Córdoba e mais a Cáceres para xestionar cargas de olivas e ovellas, respectivamente.[2] Anos despois reincorporouse ao ensino e xubilouse a mediados da década de 1960.

Participou na creación da Editorial Galaxia e na fundación do Partido Socialista Galego (PSG), mais morreu a véspera da legalización do partido.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.