Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Céltiga foi unha revista da emigración galega que se editou en Buenos Aires, Arxentina, entre 1924 e 1932.
Céltiga | |
---|---|
País | Arxentina |
Lugar | Buenos Aires |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundación | 1924 |
Última edición | 1932 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Subtitulada Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades, apareceu o 30 de setembro de 1924. Publicación quincenal fundada e dirixida por Ramón Peña, Domingo Rial Seijo era o director-xerente, Eliseo Pulpeiro e Adolfo Vázquez Gómez foron os directores literarios. Entre os redactores figuraron Xulio Sigüenza, Ramón Lorenzo Garrido e Germán Fernández Fraga, que se incorporou en 1927. Despois foron directores literarios Eduardo Blanco Amor e Ramón Suárez Picallo, e a partir do número 119 correspondente ao 15 de decembro de 1929, logo da marcha de Blanco Amor e Suárez Picallo, Eliseo Pulpeiro fíxose cargo da dirección literaria.
Revista cultural ilustrada. As seccións informativas estaban en castelán, pero incluía gran cantidade de textos en galego que procedían dos autores galegos máis coñecidos do momento.
En 1927 chegaron a un acordo con José Ramón Lence, director-propietario de Correo de Galicia para mancomunar a súa administración en mans de Rial Seijo e Lence pasou a ocupar o cargo de asesor literario de Céltiga e Ramón Suárez Picallo converteuse en redactor xefe de ámbas publicacións.[1] Cesou a súa publicación o 1 de xullo de 1932.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.