político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Velo Mosquera, nado en Celanova o 21 de abril de 1916 e finado en São Paulo o 31 de xaneiro de 1972, foi un escritor e político independentista galego, tamén coñecido polo sobrenome de Carlos Xunqueira de Ambía.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Nome orixinal | (gl) Xosé Velo Mosquera |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (pt) Miguel Urbano Tavares Rodrigues 21 de abril de 1916 Celanova (España) |
Morte | 8 de febreiro de 1972 (55 anos) São Paulo (Brasil) |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | Cemitério Gethsêmani (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político, escritor, mestre |
Membro de | |
Participou en | |
22 de xaneiro de 1961 | asalto ao vapor Santa María |
Familia | |
Fillos | Victor José Velo Perez |
Pais | Lino Velo Castiñeiras e Manuela Mosquera |
Era fillo de Lino Velo Castiñeiras, que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera Alvarado, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios de Celanova fixo amizade con Celso Emilio Ferreiro, con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas, das cales foi elixido secretario xeral en abril de 1935. O 24 de abril casou con Jovita Pérez González.
Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, a Garda Civil detívoo o 21 de xullo, aínda que saíu libre ao pouco tempo, e o 14 de marzo de 1937 tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938, ano no que volveu a Celanova, marchando ao pouco tempo á Guinea Española. Volveu ao remate da Guerra civil española, e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia asociado ao seu curmán Castor Velo Cobelas, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía, saíu en 1945 e permanece durante un ano agochado preto de Celanova.
En 1948 fuxiu a Portugal, onde o detivo a PIDE, a policía política portuguesa, e trala súa posta en liberdade conseguiu saír cara Venezuela, onde chegou o 9 de outubro de 1948. Ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados, e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no primeiro Congreso da Emigración Galega que se celebrou entre o 24 e o 31 de xullo de 1956 en Buenos Aires.
Entrou en contacto co grupo da oposición española que dirixía Alberto Bayo dende Cuba, e participou na súa emisora de radio, Radio Claridad. Pero, descontento coa actuación deste grupo, organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de Salazar exiliados en Suramérica, como Humberto Delgado e Henrique Galvão, e con outros galegos como José Fernando Fernández Vázquez (Comandante Sotomayor), o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1959. Velo foi o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960, e participou con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués Santa María o 22 de xaneiro de 1961, en ruta entre Curaçao e San Xoán de Porto Rico, na coñecida como Operación Dulcinea,[2] co obxectivo de dirixirse a África e iniciar unha revolta antisalazarista, ao tempo que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da Península Ibérica. Fracasada a operación por diversos motivos, o 4 de febreiro de 1961 acordouse co goberno brasileiro recoñecer a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Asentouse co seu fillo Víctor, que tamén participou na toma do navío, na cidade de São Paulo.
En 1962 estableceu en São Paulo a librería Nós, e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de Rosalía de Castro. En 1971 fundou a revista mensual Paraíso 7 días, que só publicou 5 números. O 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de cancro de pulmón.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.