Humberto da Silva Delgado, nado en Brogueira (Torres Novas) o 15 de maio de 1906 e finado en Villanueva del Fresno o 13 de febreiro de 1965, foi un militar portugués da Forza Aérea, coñecido como o xeneral sen medo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Humberto da Silva Delgado 15 de maio de 1906 Brogueira, Portugal |
Morte | 13 de febreiro de 1965 (58 anos) Olivenza, España |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Igreja de Santa Engrácia |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Colégio Militar |
Actividade | |
Campo de traballo | Exército e política |
Ocupación | político, militar |
Carreira militar | |
Rama militar | Força Aérea Portuguesa (pt) |
Rango militar | Xeneral |
Familia | |
Pais | Joaquim da Silva Delgado e Maria do Ó Pereira Delgado |
Premios | |
| |
Traxectoria
Inicialmente un convencido seguidor do ditador António de Oliveira Salazar, foi un dos socios fundadores do Grupo de Amigos de Olivença en 1945, pero en 1958 Delgado decidiu enfrontarse con Salazar concorrendo ás eleccións presidenciais dese ano, xuntando arredor súa a toda a oposición democrática, derrotado por mor dunha fraude electoral masiva marchou en 1959 de Portugal, refuxiouse no Brasil e contactou coa oposición ao salazarismo. Participou na fundación do DRIL. En 1961 entrou en Portugal para intentar sublevar o exército, fracasou no seu intento de asalto ao cuartel de Beja pero conseguiu fuxir pola fronteira española. En 1963 o goberno brasileiro retiroulle o permiso de residencia e Delgado dirixiuse a Alxeria. O 13 de febreiro de 1965 apareceu morto xunto a súa secretaria nas proximidades da fronteira portuguesa, —pensaba cruzar a fronteira para manter unha entrevista con militares portugueses pero foi asasinado pola PIDE, a policía política portuguesa.
Véxase tamén
Ligazóns externas
A Galicitas posúe citas sobre: Humberto Delgado |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.