1776: Dous franciscanos establecen unha misión para indios, primeira colonización na actual localización de San Francisco de California.
1874: Convenio Internacional de Berna, coñecido pola Unión Postal Universal.
1890: Clément Ader, inventor francés e pioneiro da aviación, realiza co seu aparato voador en forma de morcego Eole un primeiro voo planeado de curta duración.
1912: Exposición en París da sección áurea cubista: Picabia, Léger, Gleizes etc.
1919: Implántase en España a xornada laboral de oito horas.
1937 - Executados na Coruña os participantes na fuxida do Portiño Salvador Domingo Lliso, José García Vázquez, Ramón Díaz Valeiro, Ramón González Canosa, Alejandro Dopico Saleta, Manuel Bergantiños Pose, Antonio Vidal González, Antonio Lorenzo García, Francisco Díaz Moreno, Luis Lafuente Naveira, Manuel Baldomir Vázquez, Ramiro Fontenla Andújar, Manuel Tellado Villar, José Rodríguez Serantes e Federico Rivadulla Gómez.
1957: Dwight D. Eisenhower promulga unha nova lei sobre os dereitos civís da poboación negra estadounidense.
1961: Declarado fóra da lei o Partido Comunista nos EUA.
1962: Uganda alcanza a independencia. Xa decidida na Conferencia de Londres do 1961.
1967: Ernesto "Che" Guevara é executado por militares bolivianos tras un "proceso sumario". O mítico revolucionario foi ferido e feito prisioneiro o día antes en combate, cerca de Vallegrande. Outros autores din que xa foi asasinado no día anterior.
1970: Proclamación da república de Camboxa despois de 11 séculos de monarquía.
1976: Asínase o documento de constitución da coalición política denominada Alianza Popular.
1984: Sae á rúa o primeiro número do xornalLiberación, editado por unha cooperativa de intelectuais de esquerda.
1984: Asínase en España o Acordo Económico e Social polo presidente Felipe González, os presidentes das patronais CEOE e CEPYME e o Secretario Xeral da UXT. Comisións Obreiras non o subscribiu.
1992: O telescopio espacial "Hubble" encontra pistas da materia escura do universo, da que segundo os físicos depende o seu destino.
1998: Créase nos EUA un embrión humano con xenes dunha muller estéril.
2000: Os estadounidenses Paul Greengard e Arvid Carlsson e o sueco Eric Kandel son galardoados co Premio Nobel de Medicina polas súas investigacións sobre a comunicación das neuronas.