Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A confederación sindical Unión General de Trabajadores de España, máis coñecida como Unión General de Trabajadores (UGT), en galego Unión Xeral de Traballadores, é unha organización sindical obreira española, de orientación socialista de práctica socialdemócrata e que comparte orixe histórica co Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Tras rematar o ciclo electoral en decembro de 2019, quedou como a segunda central sindical do país, detrás de CC.OO., conseguindo o 32% dos delegados.[1]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Unión General de Trabajadores (UGT) | |
---|---|
Sindicato de España | |
Líder | Pepe Álvarez (secretarío xeral) |
Fundación | 1888 |
Sede | Hortaleza, 88. 28004, Madrid España |
Ideoloxía | Socialdemocracia |
Filiación internacional | Confederación Europea de Sindicatos |
Afiliados | 1.242.200 (setembro de 2010) |
Delegados sindicais | 113.797 (36,2%) (22 de agosto de 2011) |
Publicación | Revista Unión |
www.ugt.es |
A UGT foi fundada por Pablo Iglesias Posse en Barcelona o 12 de agosto de 1888, coincidindo coa celebración da Exposición Universal de Barcelona de 1888, que empregara a miles de persoas en tarefas de construción, traballando en duras condicións que lles concienciou da necesidade de organizarse para defender os seus intereses.
A UGT naceu en íntima relación co socialismo marxista a pesar do seu apoliticismo estatutario. Ata o seu XIV Congreso de 1920 non asumiu a loita de clases como principio básico da acción uxetista, aínda que nunca chegou a establecer un órgano mixto de conexión institucional co Partido Socialista Obrero Español (PSOE), o sindicato si estivo relacionado co partido dende o seu nacemento, xa que ata a década dos 80 a sindicación á UGT supuña a afiliación ó PSOE e viceversa. No período da primeira guerra mundial producíronse tácticas de achegamento e unidade de acción cos anarco-sindicalistas da Confederación Nacional do Traballo (CNT) e os comunistas, interrompidas bruscamente coa chegada da ditadura de Primo de Rivera e o seu réxime de monopolio sindical, cando a CNT opta polo enfrontamento radical co réxime, sendo polo tanto prohibida, mentres a UGT, aínda que desconforme coa ditadura, adopta unha postura de certa colaboración para poder seguir funcionando. A radicalización da á de Largo Caballero durante a época da II República, cando a UGT superou o millón de afiliados, e o cruento estoupido da guerra civil afondaron as fisuras internas e provocaron a saída de Largo Caballero da Secretaría Xeral en 1937.
O exilio acontecido tras a vitoria franquista pechou medio século de historia desta central sindical, rexurdida da clandestinidade no marco da transición democrática e que, xunto con Comisións Obreiras (CCOO), constitúen as opcións con maior raigame entre os traballadores na España actual. Convocou xunto a CCOO as folgas xerais de 1988, 1992, 1994 e 2002, e é a segunda central sindical en número de delegados.
O histórico sindicalista Nicolás Redondo foi secretario xeral dende a Transición ata 1994, sendo substituído por Cándido Méndez, reelixido en 1995, 1998, 2002 e 2005.
No ano 1994 tivo que hipotecar todo o seu patrimonio nun crédito do ICO para cubrir as débedas xeradas pola súa cooperativa de vivendas PSV trala súa quebra, que afectou a máis de 6.000 cooperativistas. Máis tarde, a UGT foi eximida de toda a responsabilidade penal polo Tribunal Supremo.
No ano 2005, o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero continuou coa devolución do patrimonio sindical incautado durante e tras a guerra civil ós sindicatos UGT e CNT. Na oposición conservadora, algúns colectivos sociais e medios de comunicación principalmente, cualificouse esta devolución como unha mostra de favoritismo á UGT, pois de feito a anarco-sindical, CNT, en 1936 o número de afiliados era similar, o goberno devolveulle ese ano 4 millóns de euros mentres que á UGT devolvíalle unha cantidade realmente superior. Así, o diario ABC ([Ligazón morta]) destacaba que o diñeiro (151,3 millóns de euros) que o 25 de novembro acordouse entregar á UGT correspondíase case exactamente cos 148,44 millóns de euros que debía entregar para saldar a súa débeda co Instituto del Crédito Oficial (ICO), consistente no capital (63,35 millóns de euros) e os intereses (85,09 millóns) do préstamo solicitado, para solucionar a crise da PSV (Promotora Social de Viviendas), antes do 30 de novembro. Esquerda Unida votou en contra desta medida. CC.OO. tamén protestou por non ter sido consultado. Antonio Gutiérrez, exsecretario xeral de Comisiones e actual deputado socialista, abstívose, rachando a disciplina de voto (El País, [Ligazón morta]).
A UGT é unha institución eminentemente de traballadores, organizados por grupos afíns de oficios e profesións liberais que, para manterse en sólida conexión, respecta a máis ampla liberdade de pensamento e táctica dos seus compoñentes sempre que estes tendan á transformación da sociedade, para establecela sobre bases de xustiza social, de igualdade e de solidariedade.
Dende a súa legalización como organización sindical no ano 1977, a UGT está estruturada como unha organización de carácter confederal, integrada por unións territoriais, federacións e unións estatais.
A Unión Xeral de Traballadores dispón de varios órganos confederais elixidos polo Congreso Confederal, encargados de aplicar as políticas do sindicato e velar polo correcto funcionamento da organización.
A Comisión Ejecutiva Confederal é a dirección do sindicato. Tras o último congreso confederal, en 2005, a composición da CEC é a seguinte:
O Comité Confederal reúne a dirección da CEC cos líderes das distintas unións territoriais, federacións e unións estatais do sindicato.
Outros órganos confederais son a Comisión de Garantías e a Comisión de Control Económico.
As Unións Territoriais axústanse ó mapa autonómico español, habendo tantas unións como autonomías e cidades autónomas.
As Federacións e Unións Estatais son máis antigas, responden á agrupación por oficios e son as seguintes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.