Delft
cidade dos Países Baixos From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade dos Países Baixos From Wikipedia, the free encyclopedia
Delft é unha cidade e un concello da Holanda Meridional, nos Países Baixos, a metade de camiño entre Rótterdam e A Haia. Conta con 94.098 habitantes (2005). É particularmente salientable a zona vella no centro da cidade, tradicionalmente neerlandesa e estruturada con canles. É tamén coñecida pola súa cerámica, pola Universidade de Tecnoloxía de Delft e pola súa asociación coa familia real.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Provincias | Holanda Meridional | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 109.435 (2023) (4.159,45 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 56.998 (2015) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 26,31 km² | ||||
Auga | 4,98 % | ||||
Bañado por | Schie (en) , Binnenwatersloot (en) , Molslaan, Delft (en) , Delftse Schie (en) , Canle Oude Delft, Rhine–Schie Canal (en) e Delftsche Vliet (en) | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1246 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Delft (en) | Marja van Bijsterveldt (2016–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 2600–2629 | ||||
Prefixo telefónico | 15 | ||||
Código BAG | 2138 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Aarau Castrop-Rauxel Pretoria Tuzla Kingston upon Thames (pt) Freiberg Adapazarı (pt) Kfar Saba (pt) Tshwane (pt) | ||||
Páxina web | delft.nl | ||||
Coñécese a existencia da cidade desde o século XIII. Recibiu o seu foro o 15 de abril de 1246 de mans do conde Guillerme II. En 1536 gran parte da cidade foi destruída por un incendio.
O vínculo da Casa de Orange con Delft comezou cando Guillerme I de Orange (o Taciturno) fixo do lugar a súa residencia, en 1572. Guillerme dirixiu a loita contra España durante a Guerra dos Oitenta Anos.
Delft era naquel momento a terceira cidade máis importante dos Países Baixos, tras Dordrecht e Haarlem, e dispuña de murallas. Á morte de Guillerme en 1584, asasinado por Balthasar Gérard no coñecido como Pazo do Príncipe, o panteón da familia en Breda estaba nas mans dos españois. Foi enterrado na igrexa nova (Nieuwe Kerk), o que iniciou unha tradición para a casa de Orange que continúa ata o noso tempo.
Durante o século XVII, e grazas á industria da cerámica e á apertura dunha sede da Compañía das Indias Orientais, Delft viviu a súa idade de ouro. No entanto, en 1654 unha parte da cidade foi destruída novamente pola explosión dunha polvoreira.
Tras a declaración de guerra e invasión dos Países Baixos por parte de Inglaterra, Francia, Colonia e Münster en 1672, comezou o decaemento da economía da cidade, que pasou a ser superada en importancia política e económica polas súas veciñas A Haia, como centro de goberno, e Rótterdam, como cidade portuaria. No século XIX só quedaba unha fábrica de porcelana aberta, De Porceleyne Fles, que continúa a existir nos día de hoxe.[1]
O deseño urbano de Delft está moi caracterizado polas numerosas canles que discorren pola cidade, así como as pontes que as cruzan para facilitar a comunicación entre as súas beiras. Estas canles foron fundamentais para as subministracións da cidade e aínda hoxe manteñen este uso orixinal.
A canle máis vella é a Oude Delft, ou Canle Vella, en torno á cal se foi ampliando a cidade ao longo dos séculos. O propio nome de Delft está relacionado con iso, xa que deriva da palabra delven, co significado de "escavar".[2]
Tamén as prazas son moi características da fisionomía da cidade de Delft, ao conxugaren o seu valor histórico (como o da Gran Praza ou Markt, orixe mesma da vila), coas diversas funcións que na actualidade se desenvolven nela, como mercados, lecer e hostalaría etc.
Estas son algunhas das canles, pontes e prazas máis significativas:
Delft é famosa pola súa produción de maiólica inspirada nas porcelanas importadas da China a partir do século XVII.[3]
O cineasta Werner Herzog filmou nesta localidade os exteriores da longametraxe Nosferatu: Phantom der Nacht (1979).[4]
O centro da cidade posúe numerosos edificios antigos e moitas rúas están atravesadas por canles, habitados por peixes e plantas.[5]
Á parte dos edificios con maior relevancia histórica, a través da cidade de Delft espállase unha gran cantidade de edificios peculiares, a maioría deles incluídos na listaxe de monumentos nacionais dos Países Baixos (Rijksmonument). Algúns deles son os seguintes:
Destaca a Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft), instituída en 1842 e de carácter público, recoñecida como unha das universidades tecnolóxicas máis importantes do mundo.[10][11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.