Igrexa nova de Delft

igrexa gótica From Wikipedia, the free encyclopedia

Igrexa nova de Delftmap

Igrexa nova de Delft (en neerlandés: Nieuwe Kerk) é o nome co que se coñece unha igrexa protestantes estilo gótico dos Países Baixos, erguida no século XIV, situada na cidade de Delft, na Holanda Meridional.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Igrexa nova de Delft
Thumb

Thumb

Tipoigrexa
EpónimoSanta Úrsula (pt)
Estiloarquitectura gótica
Localización
Thumb
 52°00′44″N 4°21′37″L
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasHolanda Meridional
ConcelloDelft
RúaGran Praza de Delft
Código postal2611GW
EnderezoMarkt 80
Datas
Fundación1496
Dimensións
Altura108,75 m
Persoas e organizacións
Dedicado aSanta Úrsula (pt) e Santa María
Patrimonio cultural
Rijksmonument  
Data29 de xuño de 1967
Identificador11872
Composto por
Contacto
Páxina WEBoudeennieuwekerkdelft.nl
Redes
[ Wikidata ]
Pechar

A igrexa está situada na Gran Praza (Markt) de Delft, fronte ao antigo edificio do concello de Delft.

A impoñente torre da campá da igrexa chega aos 108,75 metros de altura. É a segunda máis alta dun edificio relixioso nos Países Baixos, por detrás da torre da catedral de San Martiño, de Utrecht, que chega aos 112 metros.[1]

Esta igrexa goza dun recoñecemento particular, polo feito de albergar o panteón real da casa de Orange-Nassau. En 1967 recibiu a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).[2]

Historia

Ao principio, a igrexa consistía nun edificio provisional de madeira, en torno ao cal se construíu a basílica tal e como pode ser contemplada na actualidade. A antiga igrexa de madeira, que se mantivo ata 1420, foi consagrada a María.[3]

A basílica cruciforme edificouse a partir do ano 1396 nun estilo gótico flamíxero ateigado de mostras do simbolismo cristián. O plano en forma de cruz refire a Cristo, as doce columnas do corazón aos doce apóstolos, os catro piares do cruceiro representan os catro evanxelistas e as dezaseis columnas da nave central representan os dezaseis profetas. A construción realizouse exactamente arredor do que foi a antiga igrexa provisional de madeira.

As vidreiras de cores do transepto e o amplo deambulatorio son obra de Willem Van Konijnenburg (1927-1936). A vidreira que representa a Hugo Grotius, situada na ala norte do transepto, caracterizada polos seus tons fríos gris e azuis, débeselle ao mestre Joep Nicolas.

Panteón real da casa de Orange-Nassau

Thumb
Vista da antiga bóveda de 1890
Thumb
Plano da cripta real

O mausoleo de Guillerme, o Taciturno elévase no coro, sobre a cripta real. Este edificio renacentista de mármore foi levantado por Hendrick de Keyser entre 1614 e 1621. No centro dun perístilo flanqueado por grandes alegorías, o príncipe está en traxe de desfile baixo a mirada dunha deusa Fama de bronce. Aos seus pés hai unha figura do seu fiel can que un día lle salvou a vida. Na cabeza da estatua xacente de mármore, unha estatua de bronce representa o príncipe con armadura.

No centro do coro, a entrada á cripta dos príncipes está sinalada por unha gran lousa brasonada.

Príncipes e reis soterrados na cripta

Na igrexa nova están soterradas moitas persoas pertencentes á familia Orange-Nassau e á actual familia real dos Países Baixos. Esta é unha listaxe dos príncipes e os monarcas:[4]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.