Profeta

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Un profeta é unha persoa que tivo un encontro coa divindade, que lle ordenou revelar á humanidade unha mensaxe, usualmente sobre aquilo que ha de chegar nun tempo futuro. Os oráculos grecolatinos eran proféticos pero a figura emprégase decote no sentido das relixións de libro (cristianismo, xudaísmo e islam). A miúdo os profetas fundan ou cambian o xeito de entender a relixión, pola relevancia da súa mensaxe. Estritamente falando, un profeta é alguén que sostén haber ter unha experiencia persoal con Deus, recibindo del a misión de comunicar as súas revelacións e, como consecuencia diso, fala no seu nome aos seres humanos. Posúe o profeta calidades de intercesor polo pobo ante Deus e á súa vez é mensaxeiro da súa palabra. O seu carisma de interpretar a historia desde a perspectiva de Deus recibe o nome de don de profecía.

Moisés, considerado un profeta do cristianismo, xudaísmo e islam.
Remove ads

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads