Evanxelistas
Mateo, Marco, Lucas e Xoán From Wikipedia, the free encyclopedia
Os evanxelistas ou tamén os catro evanxelistas, son os autores respectivos dos evanxeos (Mateu, Marco, Lucas e Xoán o Apóstolo.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Evanxelista.
Os catro evanxelistas

Simbolismo

Os catro evanxelistas son representados con formas alegóricas de tetramorfos:[2][3]
- O home ou un anxo asóciase a Mateu, xa que o seu Evanxeo comeza facendo un repaso á xenealoxía de Cristo, o Fillo do Home;
- O león identifícase con Marco, porque o seu Evanxeo comeza falando de Xoán o Bautista, «Voz que clama no deserto», dita voz sería coma a do león;
- O touro sería Lucas, xa que o seu Evanxeo comeza falando do sacrificio que fixo Zacarías, pai de Xoán o Bautista, a Deus;
- A aguia foi asociada á figura de Xoán, xa que o seu Evanxeo é o máis abstracto e teolóxico dos catro e, polo tanto, o que se eleva sobre os demais. O de Xoán é o único evanxeo non sinóptico.
- Miniaturas extraídas das Grandes horas de Ana de Bretaña (1503-1508)
- Mateu
- Marco
- Lucas
- Xoán
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.