Marcos o Evanxelista

From Wikipedia, the free encyclopedia

Marcos o Evanxelista

San Marcos o Evanxelista (século I) vén sendo considerado tradicionalmente o autor do Evanxeo de Marcos. Represéntase acompañado cun león, porque o seu Evanxeo comeza falando de Xoán o Bautista, "A voz que clama no deserto": dita voz sería como a do león.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Marcos o Evanxelista

Nome orixinal(arc) ܡܪܩܘܣ
Biografía
Nacementoc. 12
Palestina
Morte25 de abril de 68 (55/56 anos)
Alexandría, Exipto
Lugar de sepulturaBasílica de San Marcos
1º Patriarca de Alexandría
43 – 68
 sen valor – Aniano de Alexandria (pt)  
Datos persoais
RelixiónCristianismo
Actividade
Ocupaciónpresbítero
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa25 de abril
semana brillante
Símbolo iconográficoLeão de São Marcos (pt)

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
De viris illustribus
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pechar
Marcos o Evanxelista.

Adoita identificárselle con "Xoán, tamén chamado Marcos". Este personaxe aparece varias veces nos Feitos dos Apóstolos. Cítaselle por primeira vez en Feitos 12:12, cando Pedro, milagrosamente liberado do cárcere, refúxiase en casa de María, nai de Xoán, por alcume Marcos.

9 Pedro saíu e seguiuno, sen se dar conta que era realidade o que se facía por medio do anxo, pois coidaba que era unha visión. 10 Atravesaron a primeira garda e logo a segunda, e chegaron á porta de ferro que daba á cidade e abriuse ela soa. E ó saíren á rúa, logo o deixou o anxo. 11 Entón Pedro, volvendo en si, dixo: "agora realmente vexo que o Señor mandou o seu anxo, para me librar das mans de Herodes e de todo o que esperaba o pobo xudeu". 12 E xa con todo o acordo, dirixiuse á casa de María, a nai do Xoán, chamado Marcos, onde había moita xente reunida rezando

Acompañou a Paulo de Tarso e a Bernabeu na primeira viaxe de Paulo (Feitos 13:5), pero separou deles cando chegaron a Panfilia, regresando a Xerusalén (Feitos 13:13). Cando Paulo ía iniciar a súa segunda viaxe, tivo unha grave disputa con Bernabeu á mantenta de Xoán, chamado Marcos: Bernabeu quería que fose con eles, pero Paulo negábase, xa que os abandonara na viaxe anterior. Paulo e Bernabeu terminaron por separarse, e Marcos acompañou o segundo na súa viaxe a Chipre (Feitos 15:37-39).

Non está claro se este personaxe, "Xoán, tamén chamado Marcos" é o mesmo ao que se fai referencia nalgunhas epístolas atribuídas a Paulo, concretamente en Timoteo 4:11, Colosenses 4:10, Filemón 1:24 e na Primeira Epístola de Pedro (1Pedro 5:13). En Colosenses e Filemón di del que é curmán, ou sobriño, de Bernabeu, o que podería explicar que este discutise con Paulo acerca de Marcos.

Tampouco está claro que todas as mencións neotestamentarias fagan referencia ao mesmo personaxe, aínda que si parece o máis probable.

Para a Igrexa Copta e para a Igrexa Ortodoxa, Marcos foi o primeiro papa de Alexandría.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.