Tratado de Delft
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tratado de Delft (en neerlandés: Zoen van Delft), coñecido tamén como Reconciliación de Delft, foi un tratado asinado o 3 de xullo de 1428 na cidade de Delft, na Holanda Meridional, entre Jacqueline de Babiera e Filipe o Bo na súa condición de Conde de Flandres e Duque de Borgoña.[1][2]

Tratado de Delft | |||
---|---|---|---|
Tipo | tratado de paz e tratado internacional | ||
Data | |||
Data | 3 de xullo de 1428 | ||
[ Wikidata ] |

O acordo puxo fin ás hostilidades coñecidas como "guerra do anzol e o bacallau" (en neerlandés: Hoekse en Kabeljauwse twisten), que tiveron lugar desde 1350 na Frisia occidental e no Condado de Holanda, entre os "anzois" (a nobreza conservadora), apoiados por Inglaterra, e os "bacallaus" (burgueses das vilas progresistas de Holanda), apoiados polo Condado de Flandres.
Consonte os termos do acordo, Jacqueline mantivo nominalmente o título de Condesa de Holanda, Zelandia e Hainaut, aínda que sería Filipe o Bo quen administraría o goberno dos tres condados. Ademais, se Jacqueline chegase a morrer sen descendencia, Filipe o Bo sería declarado herdeiro do trono dos tres condados. Estableceuse tamén a prohibición de que Jacqueline casase novamente sen o consentimento expreso de Filipe.
Cando Jacqueline casou con Frank van Borssele, en 1432, sen o acordo de Filipe o Bo, o tratado considerouse quebrantado e Filipe pasou a tomar o control total dos tres condados.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.