Ponte Oudemanhuisbrug (Delft)
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Oudemanhuisbrug é unha ponte de arco de pedra de cachotaría que une as dúas beiras da canle Voldersgracht, na zona vella da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.
Ponte Oudemanhuisbrug | |
---|---|
A ponte Oudemanhuisbrug sobre a canle Voldersgracht | |
Edificio | |
Tipo | Ponte de arco |
Sistema estrutural | Arco de cachotaría |
Enderezo | Oude Manhuissteeg, Delft |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Coordenadas | 52°00′44″N 4°21′34″L |
Uso(s) | Comunicación entre ambas as beiras da canle. |
Construción | |
Construción | Descoñecido |
Remodelación | 1885 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A ponte foi declarada monumento nacional (Rijksmonument) en 1967.[1]
Fronte a esta ponte construírase en 1411 un fogar de anciáns denominado Oudeman huis ("Casa do vello"), que lle deu o nome á ponte e á rúa que pasa por ela.
Xa no século XVII estableceuse ao pé da ponte, na beira oeste da canle, o gremio de artistas e artesáns de San Lucas, a zona onde pasou a súa vida e onde estableceu o seu estudio o pintor Johannes Vermeer, nado en Delft e moi vinculado a esta cidade.
Descoñécese a data de construción da ponte, aínda que hai datos de que en 1885 tivo unha ampliación.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.